María José Alonso
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1958 (65 anos) Carrizo de la Ribera, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacóloga, profesora universitaria, académica |
Premios | |
| |
Sitio web | usc.es… |
María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,[1] é unha farmacéutica, catedrática e académica galega[2] especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario.[1] Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.
Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[3]
O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.[4]
Actividades realizadas
[editar | editar a fonte]Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[5] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitada en trinta congresos internacionais.
Foi membro do comité científico e organizadora de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional. É fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.
É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,[4][6] membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.
É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).[4]
Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais:
- Pharmaceutical Research,
- Journal of Controlled Release,
- International Journal of Pharmaceutics,
- European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics,
- European Journal of Pharmaceutical Sciences,
- Drug Development and Industrial Pharmacy,
- Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.
M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[7] [8] O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71[2], a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. Dende o ano pasado, Alonsofigura como a científica máis influente no eido das Ciencias da Saúde, posto no que se mantén neste 2019.[2]
A profesora Alonso é membro da
- Real Academia de Farmacia de Galicia,[9]
- Real Academia Galega de Ciencias,[10][11]
- Real Academia Nacional de Farmacia de España.[12]
- En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[13]
Premios
[editar | editar a fonte]- 1985: Premio extraordinario de doutoramento en Farmacia, USC.[3]
- 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[7][14]
- 2011: Premio Nóvoa Santos.[8]
- 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[15]
- 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[16]
- 2018: CRS Founders Award (Premio Fundadores da CRS).[4]
- 2018: Medalla Castelao.[17]
- 2021: Premio Juan de la Cierva.[18]
- 2022: Doutora honoris causa pola Universidade de Nottingham (Reino Unido).[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Alonso Fernández, María, en Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "GCiencia. Xornalismo+Divulgación". María José Alonso, a científica máis influente de España. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ 3,0 3,1 Curriculum Vitae de M. J. Alonso Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Páxina web da CRS Arquivado 27 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Lista de publicacións (1982-2014) Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. na páxina web de M. J. Alonso na USC.
- ↑ «Potenciamos empresas para que los investigadores no tengan que emigrar» Entrevista con M. J. Alonso. La Voz de Galicia, 5-8-2018.
- ↑ 7,0 7,1 María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia». La Voz de Galicia, 8-6-2011.
- ↑ 8,0 8,1 María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos La Voz de Galicia, 12-10-2011.
- ↑ "María José Alonso Fernández. Medalla nº17" (PDF). Academia de Farmacia de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.[sic] Real Academia Galega de Ciencias.
- ↑ María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 18-6-2010.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación La Voz de Galicia. Ed. Santiago, 18-10-2011.
- ↑ María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Páxina web do CESGA.
- ↑ María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic) La Voz de Galicia, 3-4-2014.
- ↑ Medallas Castelao 2018 Arquivado 05 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 5-8-2018.
- ↑ "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". Ministerio de ciencia e innovación.
- ↑ "La científica gallega María José Alonso, nombrada Honoris Causa de la Universidad de Nottingham". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-07-29. Consultado o 2022-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 21-22. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mujeres en ciencia e Innovación Arquivado 26 de xuño de 2022 en Wayback Machine. páxina web FECYT e UMYC
- "Biografía de María José Alonso" Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. El País. 7/10/2011 (en castelán).
- María José Alonso Fernández en Galegos. GaliciaDigital.
- M.J. Alonso Lab Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Currículo de M. J. Alonso, USC (en inglés)
- NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation Arquivado 27 de abril de 2012 en Wayback Machine. USC (en inglés)
- Nados en 1959
- Nados na provincia de León
- Científicos de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela
- Farmacéuticos de Galicia
- Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia
- Membros da Real Academia Galega das Ciencias
- Medallas Castelao