Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Google Scholar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Scholar
Lingua/sMultilinguaxe
Sitio webscholar.google.com

Google Académico (en inglés: Google Scholar) é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica[1]. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios[2].​

Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.[3]

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Xerarquiza os resultados usando un algoritmo similar ao que utiliza Google para as buscas xerais[4],​ aínda que tamén usa como sinais "o texto completo de cada artigo, o autor, a publicación na que aparece o artigo e a frecuencia coa que se citou o artigo noutra literatura académica"[5].​ O número de citas recibidas é un factor especialmente relevante[6][7].​ Os resultados inclúen así mesmo libros técnicos, así como unha ligazón a outros artigos que citan o artigo señalado. Esta é unha ferramenta interesante para a investigación, xa que permite atopar nova información (máis actualizada) a partir dun artigo coñecido.

Google Académico permite aos usuarios buscar copias físicas ou dixitais de artigos, xa sexa en liña ou en bibliotecas[8].​ As buscas de Google Académico aparecerán empregando as referencias de "artigos periodísticos completos, informes técnicos, borradores preliminares, teses, libros e outros documentos, incluíndo páxinas web selectas que se consideren contedores de 'contido académico'"[9].​ Posto que a maior parte dos resultados de busca de Google Académico ligazan directamente a artigos de publicacións comerciais, a maior parte do tempo os usuarios só poderán acceder a un breve resumo do tema tratado no artigo, así como a pequenos fragmentos de información importante relacionada co mesmo, e posiblemente teñan que pagar un determinado importe para acceder ao artigo completo[9].​ Google Académico é tan sinxelo de empregar como a busca web regular de Google, especialmente coa axuda da función de "busca avanzada", que pode filtrar automaticamente os resultados de busca para mostrar unicamente os pertencentes a unha publicación ou artigo específicos. Os resultados máis relevantes para as palabras clave buscadas listaranse en primeiro lugar, segundo o ranking do autor, o número de referencias que o enlacen, e a súa relevancia respecto de outra literatura académica, así como o ranking da propia publicación na que apareza o artigo[10].​

Empregando a súa ferramenta "grupo", mostra as ligazóns dispoñibles a artigos periodísticos. Na versión de 2005, esta ferramenta fornecía ligazóns tanto a versións de artigos ás que se podía acceder mediante unha subscrición, como a versións integramente gratuítas de artigos; durante a maior parte de 2006, unicamente fornecía ligazóns ás versións dos editores. Desde decembro de 2006 proporciona ligazóns a ambas versións, tanto publicadas como de repositorios académicos de acceso libre, pero aínda non cubría aquelas publicadas en páxinas persoais de universidades. [cita requirida] O acceso ás versións arquivadas que non requiren subscrición proporcionase agora como unha ligazón a Google, onde un pode agora atopar eses artigos de acceso libre.

A través da súa ferramenta "citado por", Google Académico proporciona acceso a resumos de artigos nos que se citase o artigo que se está consultando[11]. É esta ferramenta en particular a que fornece índices de citas previamente só dispoñibles en Scopus e en Web of Knowledge. A través da súa función de "artigos relacionados", Google Académico presenta unha lista de artigos estreitamente relacionados, a cal se ordena primariamente por semellanza co artigo orixinal, pero tamén tendo en conta a relevancia de cada documento[12].​

A base de datos legais de Google Académico para procesos de Estados Unidos dispón de ampla información. Os usuarios poden buscar e consultar veredictos publicados dos procesos dos tribunais estatais de apelación e supremo dos Estados Unidos desde 1950, procesos dos tribunais de distritos federais de apelación, impostos e quebra desde 1923, e procesos do Tribunal Supremo dos Estados Unidos desde 1791. Google Académico inclúe citas ditos procesos a modo de ligazóns pulsables nos casos que os citan, e a lapela de "Como son Citados" permite aos avogados investigar precedentes xurídicos e as súas subsecuentes citas, así como o propio veredicto do tribunal[13].​ A extensión para Google Académico Legal Content Star Paginator inserta números de páxina ao estilo de Westlaw e de LexisNexis xunto co resto do texto do caso[14].​

Perfil de autor

[editar | editar a fonte]

Google Académico permite configurar un perfil de autor e realizar un seguimento das citas dos traballos publicados. O buscador comproba quen cita os traballos publicados por ese autor e xera gráficos de citas no seu perfil.​A medida que o buscador actualiza estes datos, tamén suxire ao autor a incorporación de coautores, mostrando esta información no perfil público. Nese perfil visualízanse ademais tres tipos de estatísticas: o total de citas recibidas, o Índice H e o Índice i10.​

  1. "About Google Scholar". scholar.google.com. Consultado o 2023-02-21. 
  2. "Microsoft PowerPoint - Google Scholar como herramienta de comunicacion cientifica.ppt" (PDF). rclis. 
  3. "LA REVOLUCIÓN GOOGLE SCHOLAR". www.unebook.es (en castelán). Consultado o 2023-02-21. 
  4. "Tutorial Google Académico". Consultado o 2023-02-21. 
  5. "About Google Scholar". scholar.google.com. Consultado o 2023-02-21. 
  6. "Google Scholar's ranking algorithm: The impact of citation counts (An empirical study)". ieeexplore.ieee.org (en inglés). Consultado o 2023-02-21. 
  7. "Received citations as a main SEO factor of Google Scholar results ranking" (PDF). El Profesional de la Información. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de outubro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  8. "Google Scholar Search Help". scholar.google.com. Consultado o 2023-02-21. 
  9. 9,0 9,1 "Google Scholar". Journal of the Medical Library Association. 
  10. "Google Scholar Search Help". scholar.google.co.uk. Consultado o 2023-02-21. 
  11. "Google Scholar Search Help". scholar.google.co.uk. Consultado o 2023-02-21. 
  12. "Exploring the scholarly neighborhood". Official Google Blog (en inglés). Consultado o 2023-02-21. 
  13. "LawyerTechReview.com is for sale". HugeDomains (en inglés). Consultado o 2023-02-21. 
  14. "Chrome Web Store - Google Scholar Legal Content Star Paginator". web.archive.org. 2012-03-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 2023-02-21.