Marisol Bueno
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1948 (75 anos) Zaragoza, España |
Actividade | |
Ocupación | política, emprendedora |
Premios | |
| |
María Soledad Águeda Bueno Berrío-Ategortua, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1948,[1] é unha empresaria e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bióloga de profesión, foi profesora nun instituto de Cangas. Viticultora desde 1979, en 1989 creou a adega Pazo de Señoráns. Foi presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas entre 1986 e 2007[2]. Nas eleccións autonómicas de 2001 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia polo PPdeG.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Filla de nai vasca e pai médico militar destinado en Pontevedra. Está casada co reumatólogo Javier Mareque Abada.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla Castelao (1994)
- Cabaleiro do Viño da Gran Orde de Cabaleiros do Viño (2018)[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine., na páxina web do Parlamento de Galicia.
- ↑ Manuel Vázquez Sola (27 de maio de 2007). "«Me voy y espero que la política no mate 21 años de independencia del vino»". El País (en castelán).
- ↑ Ángel Marqués de Ávila (11 de marzo de 2018). "Marisol Bueno, premio Orde de Cabaleiros do Viño". Pontevedra Viva.