Doutoramento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2011.) |
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
O doutoramento[1] é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:
- En investigación
- First-professional (EUA soamente)
- Honorífico
Os primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.
Tipos
[editar | editar a fonte]O doutoramento máis común é o que outorga o título de Ph.D. (Philosophiæ Doctor), o doutor en filosofía. O Departamento de Educación dos Estados Unidos recoñece os seguintes graos doutorais en igual nivel que o Ph.D. (non todos eles están dispoñibles, nin son recoñecidos, no mundo castelanfalante):
- Doutor en Arte (D.A.)
- Doutor en Arquitectura (D.Arch.)
- Doutor en Bioética
- Doutor en Ciencia Aplicada (D.A.S.)
- Doutor en Ciencias Administrativas (D.B.A)
- Doutor en Química (D.Chem.)
- Doutor en Xustiza Criminal (D.C.J.)
- Doutor en Dereito Civil (D.C.L.)
- Doutor en Ciencias da Computación (D.C.S.)
- Doutor en Criminoloxía (D.Crim.)
- Doutor en Educación (Ed.D.)
- Doutor en Deseño Ambiental (D.E.D.)
- Doutor en Ciencias Farmacéuticas (D.C.F)
- Doutor en Enxeñería (D.Eng.)
- Doutor en Ambiente (D.Env.)
- Doutor en Ciencia da Enxeñería (D.E.Sc./Sc.D.E.)
- Doutor en Belas Artes (D.F.A.)
- Doutor en Ciencias Xeolóxicas (D.G.S.)
- Doutor en Saúde e Seguridade (D.H.S.)
- Doutor en Estudos Hebreos (D.H.S.)
- Doutor en Tecnoloxía Industrial (D.I.T.)
- Doutor en Tecnoloxía da Información (D.I.T.)
- Doutor en Ciencias Xurídicas (S.J.D.)
- Doutor en Ciencia Bibliotecaria (D.L.S.)
- Doutor en Música (D.M.)
- Doutor en Artes Musicais (D.M.A., A.Mus.D.)
- Doutor en Educación Musical (D.M.E.)
- Doutor en Ciencias Médicas (D.M.Sc.)
- Doutor en Ciencias da Enfermería (D.N.Sc.)
- Doutor en Administración Pública (D.P.A.)
- Doutor en Ciencias Políticas (DCP)
- Doutor en Educación Física (D.P.E.)
- Doutor en Saúde Pública (D.P.H.)
- Doutor en Estudos profesionais (D.P.S.)
- Doutor en Deseño (Dr.DES.)
- Doutor en Ciencia (D.Sc./Sc.D.)
- Doutor en Ciencia en Odontoloxía (D.Sc.D.)
- Doutor en Ciencia e Hixiene (D.Sc.H.)
- Doutor en Ciencia en Medicina Veterinaria (D.Sc.V.M.)
- Doutor en Ciencias Sociais (D.S.Sc.)
- Doutor en Psicoloxía (Dr. en Psic./Ph.D)
- Doutor en Dereito Canónico (J.C.D.)
- Doutor en Rehabilitación (Rh.D.)
- Doutor en Teoloxía (Th.D.)
Os principais doutoramentos profesionais son:
- D.C. (Doutor en Quiropraxia)
- D.D.S. (Doutor en Cirurxía Maxilofacial)
- J.D. o Dr.Jur. (Juris Doctor ou Doutor en Dereito)
- M.D. o Dr.Med. (Medicinæ Doctor ou Doutor en Medicina)
- D.P.T. (Doutor en Terapia física)
- D.O. (Doutor en Medicina Osteopática)
- D.M.D. (Doutor en Medicina Dental)
- D.V.M. (Doutor en Medicina Veterinaria)
- Psy.D. (Doutor en Psicoloxía Clínica)
- Pharm.D. (Doutor en Farmacia)
- O.D. (Doutor en Optometría)
- Fent. (Doutor en cardioloxía)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doutoramento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doutoramento |