Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Juan Oliveira Viéitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Oliveira Viéitez
Nome orixinalJuan José Oliveira Viéitez
Biografía
Nacemento(es) Juan Oliveira Viéitez Editar o valor en Wikidata
22 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Pazos de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Canido, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMercedes Oliveira Malvar Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1358455 BUSC: oliveira-juan-1928-2002
Os cabalos, Praza de España, Vigo.
O rapto de Europa, en Samil, Vigo.

Juan José Oliveira Viéitez nado en Pazos de Reis (Tui) o 22 de outubro de 1928 e finado en Canido (Vigo) o 16 de abril de 2002, foi un escultor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe acomodada, a súa familia posuía unha fábrica de galletas. Estudou enxeñaría industrial na Complutense de Madrid. Foi empresario e presidente da Cámara de Comercio de Tui (1959-1969)[2] e vicecónsul de Portugal en Tui. Criaba cabalos e participaba en concursos hípicos. A súa faceta artística como escultor comezou cando xa tiña máis de corenta anos de idade.

É autor, entre outras obras, do Can do zoolóxico da Casa de Campo, en Madrid[3] ou o Pegaso do aeroporto de Barajas en Madrid;[4] O rapto de Europa de Samil (Navia),[5] o conxunto escultórico Os cabalos da fonte da Praza de España, de vinte metros de altura, e as dúas estatuas de figuras a cabalo do Teatro García Barbón[6] en Vigo; o monumento ao cabalo salvaxe de Tui e o Afonso IX de Baiona.[7] Modelou tamén temas deportivos, taurinos e de xogos infantís. Toda a súa obra transmite gran dinamismo.

Foi premiado coa Medalla Castelao en 2001[8] e cunha Medalla de Ouro na 1ª Bienal de Pontevedra.[9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Eva González (23 de xuño de 2007). "Una retrospectiva reúne en Tui una treintena de obras de Oliveira". Faro de Vigo (en castelán). .
  2. I Premio de Escultura, in memoriam de Juan José Oliveira..., artigo en GaliciaDixital.es (en castelán).
  3. O can en Esculturayaste.com
  4. O Pegaso en Esculturayarte.com
  5. "Páxina oficial do Concello de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2010. 
  6. Imaxes dos cabalos do Teatro García Barbón en Vigoenfotos.org de Javier Albertos.
  7. Páxina oficial do Concello de Baiona
  8. "Bautismo de «galeguidade»". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-06-28. Consultado o 2021-03-14. 
  9. Los caballos de Juan José Oliveira Arquivado 16 de abril de 2012 en Wayback Machine., 20/02/1970, artigo no xornal ABC (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]