Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Chus Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChus Lago

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Jesús Lago Rey Editar o valor en Wikidata
25 de decembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguía de montaña, política, montañista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1532723 BUSC: lago-chus-1964

María Jesús Lago Rey, máis coñecida como Chus Lago, nada en Teis, Vigo, o 25 de decembro de 1964, é unha alpinista, exploradora, escritora e política galega. Entre os seus fitos máis sinalados como deportista destacan alcanzar o cumio do Everest sen osíxeno en 1999, converténdose na primeira muller española e a terceira do mundo en conseguilo. En 2004 converteuse na primeira muller do alpinismo nacional en obter o título "Leopardo das Neves". En 2009 converteuse na primeira persoa española en alcanzar o Polo Sur en solitario a través da Antártida. As súas últimas expedicións tiveron lugar en diversas rexións polares, liderando o proxecto "Compromiso coa Terra". Foi concelleira de Medio Ambiente en Vigo durante 12 anos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A paixón de Chus Lago polas montañas comezou de nena, cando apenas contaba 11 anos e saía co seu pai e os seus dous irmáns ao Vixiador, un outeiro nas aforas de Vigo. Foi descubrindo os picos de Galicia para pasar despois a outros picos máis grandes, os de Europa, os da cordilleira pirenaica e a alpina. Máis tarde viaxou ao Perú, Bolivia, ao continente africano (Kenya), Asia Central e ao Himalaia, onde comezou a súa carreira por alcanzar grandes cimas. A afección converteuse en paixón e logo en profesión. Traballou como técnica superior de animación deportiva nun ximnasio de Vigo e co tempo pediu excedencia para entregarse ás expedicións.[1][2][3]

Nas eleccións municipais do 2007 presentouse polas listas do PSdeG-PSOE ao concello de Vigo, como número dous dunha candidatura encabezada por Abel Caballero. Foi Concelleira de Medio Ambiente e vida saudable nese concello ata as eleccións municipais de 2019, nas que non repetiu a candidatura[4]. Nesta concellería iniciou o programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" co fin de afondar no contido de sendeirismo deportivo e a concienciación e educación ambiental[5]

En 2019 abandonou a súa cidade natal e trasladouse a vivir coa súa familia a Houston (Estados Unidos), comezando un novo proxecto laboral e vital. A mudanza obrigoulle a deixar a súa acta como concelleira de Medio Ambiente de Vigo.[2][3]

Expedicións

[editar | editar a fonte]

Cordilleira andina e Continente africano

[editar | editar a fonte]
  • En 1987, Expedición á Cordilleira branca do Perú: Pisco 5732 m. (cima), Tocllaraju 6034 m. (cima), Ranrapalca 6130 m. (cima), nova ruta cara oeste South Ishinca 5500 m. (cima), Chopicalqui 6354 m. (cima)
  • En 1989, Expedición Kenya: Point Lenana 4985 m., Monte Kenya (Corredor xeo «Ice WINDOW» 5200 m.), ascensións nas zonas de escalada de: Lukenya, Embarribal, Kitchambo, Ndeiya e HellsGate
  • En 1990, Expedición Andes Bolivianos: Nevado Illimani 6500 m., Gran Condoriri 5700 m., Huayna Potosi 6100 m.[6]

No ano 1991 Chus Lago participou no equipo de trece persoas que se formou para escalar dous picos do Himalaia, o Annapurna e o Everest. Estas expedicións foron subvencionadas pola Xunta de Galicia[7]. Nesa expedición galega ao Annapurna non fixeron cumio pero foi a primeira vez que a alpinista galega pisou a crista do Himalaia. No ano 1992 volveu a Nepal coa expedición galega ao Everest e quedou a 1048 metros do cumio.

Volveu ao Himalaia nos anos 1995 e 1997 para escalar o Cho Oiu (8201 m), a sexta montaña máis alta da terra. Na primeira expedición quedou a apenas 100 metros e no segundo conseguiu facer cumio.

En 1998 saíu cara ao Everest unha expedición galega coa intención de escalar o monte pola cara Norte (na fronteira co Tíbet). Nesta expedición, na que Chus Lago participou en solitario, o mal tempo impediulle face cumio, quedando a 600 metros de alcanzalo.[8]

En 1999 volveu repetir o ascenso, desta vez con sorte, e o 26 de maio acadou o cumio do Everest (8848,86 m), a montaña máis alta da terra, sen empregar bombonas de osíxeno (salvo tres horas durante o descenso), converténdose na primeira muller de nacionalidade española en conseguilo e na terceira do mundo, logo da inglesa Alison Heargraves e á norteamericana Fransis Distefano. Nesta expedición, en solitario, tan só contou coa axuda dun escalador tibetano.[9][10]

Leopardo das Neves

[editar | editar a fonte]

O 13 de agosto de 2004 converteuse na primeira muller do alpinismo nacional en obter o título de Leopardo das Neves, o que supón coroar os cinco picos máis altos das ex Repúblicas Soviéticas, na cordilleira do Pamir e Tien Shanse: Lenin, Khan Tengri, Comunismo, Pobeda e Ghorsenevscaia.[9][11]

En 1993 fixo cumio no Pico Lenin (7134 m); 2001 Khan Tengri (6995 m); 2003 Pobeda (7439 m); 2004 Korjenevskaïa (7105 m); 2004 Somoni-antigo pico Comunismo (7495 m)

Durante o descenso do Pobeda sufriu conxelacións e un principio de edema. O seu compañeiro de expedición, o xeorxiano Merab Khabazie, salvoulle a vida cando baixou ao campamento base e volveu a por ela, que quedou nunha aresta completamente esgotada fisicamente. Xa en España, amputáronlle media falanxe do dedo anular da man dereita e a xema do dedo gordo do pé esquerdo.[12][13][14]

Rexións polares

[editar | editar a fonte]
  • "Expedición Merab Khabazi". En 2006 iniciou unha travesía de setecentos quilómetros sobre esquíes en Groenlandia acompañada do tamén vigués Juan Martínez. Case todas as expedicións que atravesan Groenlandia fano de Leste a Oeste, provistos de enormes cometas para aproveitar o vento a favor. Pero Chus Lago e Juan Martínez foron en sentido contrario, sen cometas e co vento en contra.[15]Con todo, non puido cumprir a expedición Merab Khabazi, en honra ao seu amigo falecido en 2005 no Ushba[16]. O mal estado da radiobaliza estivo a piques de deixar incomunicada á viguesa e ao seu compañeiro. Días antes esgotáronse as baterías do teléfono satélite, ao avariase o panel solar encargado de recargalas[17]
  • "Expedición Caixanova ao Polo Sur". En xaneiro de 2009 converteuse na primeira española (sen distinción de xénero) en alcanzar o Polo Sur en solitario a través da Antártida, tras 59 días de travesía.[4]Tentou chegar sen abastecemento, aínda que finalmente tivo que ser abastecida unha vez. Para realizar a travesía -arrastrando unha zorra que no momento de comezar duplicaba o seu peso- marcouse a rutina de camiñar todos os días entre 13 ou 14 horas para percorrer 25 quilómetros diarios.[18]A experiencia, gravada cunha cámara pola propia alpinista, foi relatada día a día pola súa curmá nun blog. Canal+ realizou un documental sobre a expedición da deportista viguesa titulado Chus Lago: Sola ante el hielo que se estreou en abril de 2009[19] e tivo cinco nomeamentos aos Premios Goya no 2010.[20]

Compromiso coa Terra

[editar | editar a fonte]

Chus lago foi a ideóloga e capitá do proxecto "Compromiso coa Terra", un reto deportivo para concienciar sobre o desxeo das rexións polares, coa aspiración de completar 1500 quilómetros de travesía sobre xeo en distintas fases. A idea centrouse en amosar a fraxilidade das rexións polares, froito do desxeo orixinado polo quecemento global, para evidenciar ante a sociedade a necesidade de medidas fronte o cambio climático. O equipo, formado por mulleres, asumiu o reto de concienciar á sociedade sobre o papel da muller no deporte, mostrando a importancia do liderado feminino e demostrando a súa valía en competencias tan esixentes e duras como unha travesía por terras xeadas.[21]

  • En 2017, a segunda expedición, formada por Chus Lago, Verónica Romero e Rocío García, tivo como destino o casquete polar de Barnes, na illa de Baffin (Canadá), con 200 quilómetros de percorrido. Esta expedición converteuse na segunda expedición no mundo, a primeira de mulleres, que atravesou o casquete polar de Barnes.[24][25]
  • En 2019, a terceira expedición, formada por Chus Lago, Verónica Romero e Rocío García completou o seu percorrido polo lago Baikal, a maior reserva de auga doce do planeta. Coa súa chegada a Severobaikalsk, no extremo norte do lago, percorreron 640 km sobre xeo en 24 días.[26]

En novembro de 2020 naceu o seu fillo, Solomon, o que a levou a plantexarse a retirada: "Vai ser complicado compaxinar a maternidade co alpinismo, polo menos a ese nivel. Cando te vas a unha expedición estás fóra mínimo un mes, sen batería, sen cobertura, cunha diferenza horaria de dez ou máis horas... Se cadra podes conectar unha vez cada dez días, pero sen ver á túa familia. Iso non sei eu ata que punto podería levalo tras a maternidade"[27][28]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A traxectoria de Chus Lago foi recoñecida con numerosos premios:[29]

  • 1998 Mellor deportista do ano (Concello de Vigo)
  • 1999 Viaxe do Ano SGE (Sociedad Geográfica Española)[30]
  • 1998. Mellor traxectoria deportiva (Exclma. Deputación de Pontevedra)
  • 2000 Medalla Castelao (Xunta de Galicia)[31]
  • 2000 Viguesa Distinguida (Concello de Vigo)
  • 2000 Mérito Deportivo (Federación Gallega de Alta Montaña)
  • 2000 La Voz del Año de Vigo. (La Voz de Galicia e Onda Cero)
  • 2000 Gallega Distinguida
  • 2000 Real Orden del Mérito Deportivo. Medalla de bronce (Consejo Superior de Deportes)
  • 2003 Premio Superación 2003 (Xunta de Galicia)
  • 2004 Premio Radio Galega. Mellor Deportista 2004
  • 2004 Premio Concello de Vigo - Faro de Vigo - Caixanova. Premio á mellor deportista feminina do 2004
  • 2004 "Galicia Deporte" Premio á mellor deportista feminina (Xunta de Galicia)
  • 2004 Premio "Galicia en feminino" (Xunta de Galicia)
  • 2004 Muller do Ano 2004 (Asociación "Arandeira" de Pobra de Trives)
  • 2005 Premio á personalidade pública (Sociedad Española del Dolor-SAD)

Como escritora ten publicado varias obras:[32]

  • Everest, fuera de la tierra (Laverde Ruiz Ediciones, 2000), na que describe a fazaña de coroar o Everest sen axuda de osíxeno. ISBN 9788495444141
  • Una mujer en la cumbre (Plaza y Janés, 2004). Relato das viaxes. ISBN 9788401305269
  • Fata y Pengba en el Machapucharelustrd (Desnivel, 2010). Conto infantil, ilustrado por Victor Ribas, que narra a historia de Pengba, un valente raparigo que vive nunha aldeíña aos pés do Machapuchare, unha montaña sacra prohibida para os humanos. ISBN 9788498292077
  • Estiramientos con Chus Lago (Desnivel, 2012). Coautora xunto con José Nolasco e Susana García. Manual visual e práctico de estiramentos. ISBN 9788498292411
  • Sobre huellas de gigantes (Aguilar, 2016). Narra a travesía que realizou a alpinista a través da Antártida e tamén a historia dos exploradores que realizaron a mesma expedición antes que ela. Pero, sobre todo, rememora vivencias familiares e de aventura xunto ao seu compañeiro falecido en 2005, Merab, a quen rende unha homenaxe. ISBN 9788403514911
  • El espejo de hielo (Desnivel, 2020). Novela ganadora do Premio desnivel de literatura 2020. Relato construído a partir de momentos íntimos da exploradora e alpinista. Algúns saíron da infancia da protagonista, outros do final de toda unha vida de aventuras. ISBN 9788498295344
  1. Blanco, Xabier R. (2007-05-09). "Otra cima para Chus Lago". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-13. 
  2. 2,0 2,1 "Chus Lago hace cumbre en la maternidad a los 55 años". Faro de Vigo (en castelán). 2020-10-03. Consultado o 2020-12-13. 
  3. 3,0 3,1 "Una española hace historia en el Everest". Diario de Sevilla (en castelán). 2020-05-27. Consultado o 2020-12-12. 
  4. 4,0 4,1 "- Megustaleer". www.megustaleer.com. Consultado o 2020-12-13. 
  5. "Chus Lago presenta un "Camiño a Camiño" que inclúe actividades para a xuventude e de voluntariado ambiental". xornal.vigo.org. Consultado o 2020-12-13. 
  6. "Chus Lago: Primera alpinista española en escalar el Everest sin oxígeno". Barrabes.com (en castelán). Consultado o 2020-12-12. 
  7. Lago, Chus, 1964- (2004). Una mujer en la cumbre (1. ed ed.). Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-30526-8. OCLC 58049531. 
  8. Lago, Chus (2000). Everest: fuera de la Tierra. Sant.Compostela: Laverde Ediciones. ISBN 84-95444-14-3. OCLC 47711689. 
  9. 9,0 9,1 "Chus Lago, estilo y diversión siempre". Desnivel.com (en castelán). 2003-07-16. Consultado o 2020-12-12. 
  10. "Chus Lago: Primera alpinista española en escalar el Everest sin oxígeno". Barrabes.com (en castelán). Consultado o 2020-12-12. 
  11. "Chus Lago, Leopardo de las Nieves". Desnivel.com (en castelán). 2004-09-06. Consultado o 2020-12-13. 
  12. "El descenso más duro de Chus Lago". Desnivel.com (en castelán). 2003-09-11. Consultado o 2020-12-13. 
  13. "Chus Lago pierde parte de un dedo por congelación". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-10-08. Consultado o 2020-12-13. 
  14. "Chus Lago recuerda su odisea en el Pobeda". Barrabes.com (en castelán). Consultado o 2020-12-13. 
  15. "La viguesa Chus Lago comenzó su travesía de setecientos kilómetros en Groenlandia". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-05. Consultado o 2020-12-13. 
  16. "Muere el alpinista que salvó la vida a Chus Lago en el Pobeda". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-27. Consultado o 2020-12-14. 
  17. "La alpinista Chus Lago es aclamada en Vigo tras volver de su fallido intento en Groenlandia". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-19. Consultado o 2020-12-13. 
  18. "Chus Lago, la primera española en llegar al Polo Sur en solitario". Desnivel.com (en castelán). 2011-12-14. Consultado o 2020-12-13. 
  19. "Canal+ estrenará en abril el documental sobre la expedición de Chus Lago". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-01-27. Consultado o 2020-12-13. 
  20. "Chus Lago: sola ante el hielo » Premios Goya 2021". www.premiosgoya.com. Consultado o 2020-12-14. 
  21. "Chus Lago afronta un nuevo reto dentro del proyecto "Compromiso con la Tierra"". Líderas (en castelán). 2019-01-18. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-13. 
  22. "Chus Lago, reflexiones desde Laponia: "Si hubo magia, la magia quedará para siempre".". Desnivel.com (en castelán). 2016-02-22. Consultado o 2020-12-13. 
  23. ""Mujeres españolas. Lagos helados de Laponia", el nuevo reto de Chus Lago". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2020-12-13. 
  24. "Chus Lago: “Somos la segunda expedición en el mundo, la primera de mujeres que atraviesa el casquete polar de Barnes"". Líderas (en castelán). 2017-05-08. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-13. 
  25. "Termina con éxito la expedición al casquete polar de Barnes liderada por Chus Lago". Desnivel.com (en castelán). 2017-04-18. Consultado o 2020-12-13. 
  26. "Chus Lago, Verónica Romero y Rocío García completa su travesía por el lago Baikal". Desnivel.com (en castelán). 2019-02-27. Consultado o 2020-12-13. 
  27. "Chus Lago será madre con 55 años: «Hay cosas en mi vida que han llegado afortunadamente tarde»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-03. Consultado o 2020-12-13. 
  28. Ocampo, Elena (2020-12-08). "“Todos los retos tienen una corriente; lo conseguirás o no, pero ese es el juego”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-13. 
  29. "Palmarés. Chus Lago". web.archive.org. 2009-03-23. Archived from the original on 23 de marzo de 2009. Consultado o 2020-12-14. 
  30. "Premio Viaje del Año SGE 1999 - María Jesús Lago y Juan Antonio Alegre". Sociedad Geográfica Española (en castelán). 2000-04-25. Consultado o 2020-12-13. 
  31. "La Xunta de Galicia premia la trayectoria de dos vigueses con la Medalla Castelao". La Voz de Galicia (en castelán). 2000-06-09. Consultado o 2020-12-13. 
  32. "Chus Lago". Librería Desnivel (en castelán). Consultado o 2020-12-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]