Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aaron Ciechanover

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAaron Ciechanover

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Aaron Ciechanower Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Haifa, Israel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén
Hospital Hadassah Ein Kerem (pt) Traducir
Technion (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía e química Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Technion (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, pedagogo, médico, químico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTechnion (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAvram Hershko Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJoseph Ciechanover Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Ciechanover, Aaron J., 1947-, Editar o valor en Wikidata

Aaron Ciechanover (en hebreo: אהרון צ'חנובר), nado o 1 de outubro de 1947 en Haifa (Israel), é un biólogo israelí galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia polaca xudía que fuxiu do seu país logo da segunda guerra mundial. Estudou Medicina na Universidade Hebrea de Xerusalén, onde se licenciou en 1974, e posteriormente realizou o doutoramento en Bioloxía no Instituto Tecnolóxico Israelí (Technion) en 1982. Actualmente é docente no departamento de Bioquímica e dirixe o Instituto Rappaport de Investigación en medicina no Technion.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Interesado na degradación das proteínas, xunto a Avram Hershko no seu Laboratorio de investigación no Technion observou como esta degradación era regulada pola ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento en 2004 foi galardoado, xunto con Avram Hershko e Irwin Rose, co Premio Nobel de Química.

En 2000 recibiu o premio Lasker á investigación básica en medicina.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Hershko, A., Ciechanover, A., and Rose, I.A. (1979). "Proposed role of ATP in protein breakdown: Conjugation of proteins with multiple chains of the polypeptide of ATP-dependent proteolysis". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 76, pp. 3107-3110. 
  • Hershko, A., Ciechanover, A., and Rose, I.A. (1980). "Resolution of the ATP-dependent proteolytic system from reticulocytes: A component that interacts with ATP". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 77, pp. 1783-1786. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Roderick MacKinnon,
Peter Agre
Premio Nobel de Química

2004
con
Irwin Rose e Avram Hershko
Sucesor:
Robert H. Grubbs,
Richard R. Schrock
e
Yves Chauvin
De esquerda á dereita: Irwin Rose, Avram Hershko e Aaron Ciechanover na cidade de Estocolmo en 2004 con motivo da entrega dos Premios Nobel.