Richard Errett Smalley
Richard Errett Smalley, nado o 6 de xuño de 1943 en Akron, Ohio (Estados Unidos) e finado o 28 de outubro de 2005 en Houston, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química no Hope College e na Universidade de Míchigan, onde se graduó en 1965. En 1973 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton, realizando posteriormente estudos postdoctorales na Universidade de Chicago, e converténdose en profesor de química na Universidade de Rice en Houston.
Morreu o 28 de outubro de 2005 no hospital M.D. Anderson Cancer Center de Houston, situada no estado de Texas, a consecuencia dunha leucemia.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]O descubrimento por parte de Harold Walter Kroto dunha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, constituída por dous átomos deste material, permitiu a Smalley, e ao seu colaborador da Universidade de Rice Robert Curl, a síntese química desta nova forma denominada fulereno, a cal converteuse na terceira forma máis estable do carbono tras o diamante e o grafito.
En 1996 foi galardoado, xunto con Curl e Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1996 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1996 (en inglés)
- Richard Errett Smalley en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Richard Errett Smalley en NNDB (en inglés)
Predecesor: Paul J. Crutzen, Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland |
Premio Nobel de Química 1996 con Robert Curl e Harold Walter Kroto |
Sucesor: Paul D. Boyer, John E. Walker e Jens Christian Skou |