Herbert C. Brown
Herbert Charles Brown, nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA), foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1979.
Traxectoría
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Londres, fillo de inmigrantes xudeus ucraínos. En 1914 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.
Estudou química na Universidade de Chicago, onde se licenciou en 1936 e doutorouse en 1938. En 1947 foi nomeado profesor de química da Universidade de Purdue, onde ostentou o cargo de profesor emérito ata a súa morte.
Brown morreu nun hospital da poboación de Lafayette, situada no estado de Indiana, como consecuencia dun ataque ao corazón.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial, mentres traballaba xunto a Hermann Irving Schlesinger, descubriu un método para a produción do borohidruro de sodio (NaBH4), que pode ser usado para producir borano, compostos de boro e hidróxeno. Os seus traballos con estes no campo da síntese orgánica conduciron ao descubrimento do primeiro método xeral de síntese asimétrica de enantiómeros puros.
En 1979 foille concedido o Premio Nobel de Química xunto co alemán Georg Wittig polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1979 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1979 (en inglés)
- Prof. Herbert C. Brown - Purdue University
- Herbert C. Brown en Biografías y vidas(en castelán)
Predecesor: Peter D. Mitchell |
Premio Nobel de Química 1979 con Georg Wittig |
Sucesor: Paul Berg, Walter Gilbert e Frederick Sanger |