Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Harold Urey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHarold Urey

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en-us) Harold Clayton Urey Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1893 Editar o valor en Wikidata
Walkerton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
La Jolla, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFairfield Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEarlham College (pt) Traducir
Universidade de California, Berkeley
Universidade de Montana (pt) Traducir
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Director de teseGilbert N. Lewis Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica e física Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, físico, profesor universitario, fisicoquímico, químico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLunar and Planetary Institute (en) Traducir (1969–)
Universidade Columbia
Universidade de California en San Diego
Universidade Johns Hopkins
Universidade de Copenhague
Universidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoStanley Miller, Harmon Craig, Mildred Cohn e Gerald Joseph Wasserburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFrieda Urey (1926–1981), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Юри Гарольд Клейтон)
Obálky knih,
Indiana Authors and Their Books, 1917-1966 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0165704 BNE: XX1143623 Discogs: 1903710 WikiTree: Urey-48 Find a Grave: 14672677 Editar o valor en Wikidata

Harold Clayton Urey, nado o 29 de abril de 1893 en Walkerton (Indiana) e finado o 5 de xaneiro de 1981 no barrio de La Jolla (San Diego), foi un químico e profesor universitario estadounidense, pioneiro en traballar con isótopos co que gañou o Premio Nobel de Química en 1934 e máis tarde conduciuno a Teoría da Evolución Paleontolóxica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do Reverendo Samuel Clayton Urey e Cora Rebecca Riensehl. Logo dun curto período de aprendizaxe, obtén un título en zooloxía na Universidade de Montana en 1917, e entra a traballar na compañía química Barrett de Filadelfia, Pensilvania. Durante a primeira guerra mundial dedicouse á investigación, continuando despois os seus estudos na Universidade de California, onde se doutorou en 1923 e estudou física atómica con Niels Bohr na Universidade de Copenhaguen (1923-1924), que viña de traballar na estrutura do átomo no Instituto para a Física Teórica de Copenhaguen.

Desde 1919 e ata 1957 exerceu o ensino, sucesivamente na Universidade de de Montana, Universidade Johns Hopkins (1924-1929) e Universidade de Columbia (1934-1945) reúne un equipo de socios que incluíron a Rudolph Schoenheimer, David Rittenberg e Thomas Ivan Taylor, así como na Universidade de Chicago, onde foi profesor de química do Instituto de Estudos Nucleares, e Universidade de Oxford. En 1958 foi profesor na Universidade de California en San Diego.

Finalmente, Harold faleceu no barrio de La Jolla, na cidade de San Diego, o 5 de xaneiro de 1981, e foi enterrado no cemiterio Fairfield, en DeKalb County, no seu natal Indiana.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Os seus traballos centráronse inicialmente no illamento de isótopos pesados do hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, carbono e xofre, sendo galardoado en 1934 co Premio Nobel de Química pola obtención de deuterio (hidróxeno pesado) e o illamento da auga pesada (óxido de deuterio, D2O ou ²H2O.).

No transcurso da segunda guerra mundial, dirixiu, na Universidade de Columbia, o grupo de investigación sobre métodos de separación do isótopo do uranio, U-235, do U-238, e a produción de auga pesada. Contribuíu, ademais, ao desenvolvemento da bomba de hidróxeno. Finalizadas estas investigacións, desenvolveu unha grande actividade dentro do grupo de científicos atómicos que solicitaban o control internacional da enerxía atómica.

Dedicouse tamén a realizar investigacións sobre xeofísica, o problema da orixe do Sistema Solar e sobre paleontoloxía.

Ademais do Premio Nobel, obtivo en 1966 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica.

En colaboración co físico estadounidense Arthur Edward Ruark, escribiu Átomos, moléculas e cantos (1930) e Os planetas: a súa orixe e desenvolvemento (1952).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizáronse o cráter Urey sobre a superficie da Lúa así como o asteroide (4716) Urey descuberto o 30 de outubro de 1989 por Schelte J. Bus

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Irving Langmuir
Premio Nobel de Química

1934
Sucesor:
Frédéric Joliot
Irène Joliot-Curie