Prunus
Prunus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración do pexegueiro (Prunus persica) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Subxéneros | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Prunus é un xénero de árbores e arbustos, que inclúe varias especies cultivadas polos seus froitos, como a ameixeira (Prunus domestica), a cerdeira, o pexegueiro, o abruñeiro, o loureiro real ou a amendoeira. Algunhas especies son propias de Galicia, aparecendo bravas en bosques, sebes e fragas, como a cerdeira brava ou o abruñeiro (escambrón). Ademais cultívanse dende a antigüidade no país como árbores froiteiras.
Descrición
editarFlor
editarAs flores dos Prunus teñen cinco pétalos e cinco sépalos con cores que van do branco ao rosa. Poden ficar separadas, mais en acios ou en umbelas.
Follas
editarAs follas son simples e xeralmente lanceoladas. O bordo é dentado.
Froito
editarO froito de todos os Prunus é unha baga (drupa) cunha carabuña de consderábel tamaño.
Usos
editarO xénero Prunus inclúe todos os cultivares desenvolvidos para froitas comerciais como améndoas, albaricoques, cereixas, pexegos e ameixas (incluíndo abruños). A parte comestíbel da améndoa é en realidade a semente da carabuña; polo que o froito da amendoeira é realmente unha drupa, e non unha noz ou froito seco.
Algunhas especies, híbridos, e cultivares, tamén se empregan coma ornamentais, xeralmente pola floración que teñen, ás veces pola follaxe e forma, e, ocasionalmente, pola cortiza. Estas ornamentais inclúen os abruñeiros dos xardíns ou o grupo que poderíamos chamar cerdeiras de flor (sakura), as sonadas cerdeiras xaponesas usadas en xardinaría.
Outras especies coma o espiñento abuñeiro (Prunus spinosa), empréganse para formar sebes e valados nas estremas de leiras e xardíns.
A madeira dalgunhas especies (especialmente da cerdeira) son moi apreciadas en ebanistaría pola gran calidade.
Moitas especies botan resina aromática das feridas do troco; que ás veces ten uso medicinal ou coma tinturas.
Polo seu considerábel valor, tanto coma alimento, coma ornamental, moitas especies de Prunus foron introducidas en lugares do mundo onde non eran autóctonas, resultando, ás veces, naturalizadas.
Os Prunus serven de alimento a moitas larvas de lepidópteros, coma bolboretas e avelaíñas.
Etimoloxía
editarO nome do xénero Prunus vén do nome do froito en latín:prǔnu (ameixa). A verba galega bruño/abruño/abruñeiro viría directamente deste termo.
Taxonomía
editarPrunus foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 473–475, no ano 1753.[2] A especie tipo é: Prunus domestica L.
A taxonomía é obxecto dalgunhas disputas; a meirande parte dos autores colócano dentro de Rosaceae, como a subfamilia Prunoideae ou Amygdaloideae, porén ocasionalmente considérsae unha familia de seu: Prunaceae ou Amygdalaceae. O gran número de especies de Prunus existentes aumenta significativamente as posibilidades de hibridación entre elas, polo que se dificulta unha correcta clasificación botánica, a isto cómpre engadirmos a importancia económica e alimentaria que ten o xénero, polo que a industria experimenta constantemente con hibridacións e novos cruzamentos.[3]
Subxéneros
editarDentro de Prunus distínguense seis subxéneros:
- Amygdalus, que comprende o pexegueiro e a amendoeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares en grupos de tres, drupas marcadas por unha depresión a un dos lados, e vaíñas das sementes sucadas profundamente;
- Prunus, que comprende o albaricoqueiro (Prunus armeniaca) e mais a ameixeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas marcadas por unha depresión a un dos lados, e vaíñas das sementes brugosas;
- Cerasus, que comprende a cerdeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas e vaíñas das sementes lisas;
- Lithocerasus, que comprende as cerdeiras ananas, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares en grupos de tres, drupas e vaíñas das sementes lisas;
- Padus, con floración en acios a finais de primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, dupas e vaíñas das sementes lisas;
- Laurocerasus, perenne, con floración en acios a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas e vaíñas das sementes lisas.
Especies en Galiza
editarBravas
editar- Prunus avium, cerdeira brava
- Prunus lusitanica, acereiro (moi escasa hoxe en día)
- Prunus spinosa, abruñeiro, ameixeira brava
- Prunus padus, pau de san Gregorio (escaso hoxe en día en Galiza)
Froiteiras
editar- Prunus avium, cerdeira
- Prunus cerasus, guindeira
- Prunus domestica, ameixeira
- Prunus persica, pexegueiro
- Prunus armeniaca, albaricoqueiro (cultivo escaso en Galiza)
- Prunus dulcis, amendoeira (cultivo escaso en Galiza)
Ornamentais
editar- Prunus laurocerasus, loureiro real
- Prunus cerasifera, abruñeiro dos xardíns
Listaxe xeral de especies no xénero Prunus
editarEsta listaxe é incompleta, mais inclúe a maioría das especies coñecidas.
Hemisferio oriental
editarHemisferio occidental
editarNotas
editar- ↑ Sinónimos en Plantbio
- ↑ Prunus en Trópicos
- ↑ Bouhadida, Mariem (2006): "Análisis de la diversidad genética en melocotonero [P. persica (L.) Batsch] y en patrones del género Prunus". Tesis doctoral. Fac. Ciencias. Univ. Zaragoza.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Prunus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prunus |