Guindeira
Guindeira | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Prunus cerasus L. |
A guindeira[1] (Prunus cerasus), é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia. Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén a súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores etc.); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.
A súa froita chámase guinda.
En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.
Descrición
editarA árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.
Historia
editarAs cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.
Antes da segunda guerra mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.
En Galicia é tradicional o licor de guindas.
Cultivo
editarEstas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de nitróxeno e de auga cá cerdeira doce .
Propiedades
editar- Principios activos: contén sales potásicas, vestixios de polifenois: taninos catéquicos. Flavonoides.[2]
- Indicacións: úsase coma diurético, adstrinxente, expectorante. Indicado para estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, pielonefrite, oliguria ou urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. O seu uso coma diurético en presenza de hipertensión, cardiopatías ou insuficiencia renal moderada ou grave, só debe facerse por prescrición e baixo control médico, ante o perigo que pode supor a achega incontrolada de líquidos, a posibilidade de que se produza unha descompensación da tensión ou, se a eliminación de potasio é considerábel, unha potenciación do efecto dos cardiotónicos.[2]
Taxonomía
editarPrunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753.[3]
- Sinonimia
- Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.)
- Cerasus ácida (Ehrh.) Borkh.
- Cerasus austera (L.) Borkh.
- Cerasus austera (L.) M.Roem.
- Cerasus collina Lej. & Courtois
- Cerasus fruticosa Pall.
- Cerasus vulgaris Mill.[4]
- Prunus ácida Ehrh.
- Prunus aestiva Salisb.
- Cerasus austera (L.) Ehrh.[5]
- Cerasus avium subsp. acida (Ehrh.) Bonnier & Layens
- Cerasus vulgaris subsp. acida (Ehrh.) Dostál (ed.)
- Cerasus vulgaris var. frutescens (Neilr.) Cinovskis
- Cerasus vulgaris var. caproniana (L.) Buia in Savul. (ed.)
- Prunus caproniana (L.) Gaudin
- Prunus cerasus subsp. acida (Ehrh.) Schübl. & G.Martens
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guindeira.
- ↑ 2,0 2,1 "Prunus cerasus". Plantas útiles: Linneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 28 de novembro de 2009.
- ↑ "Tropicos". www.tropicos.org. Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ "Cerasus vulgaris Mill. — The Plant List". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ "Prunus cerasus L. COL". www.catalogueoflife.org. Consultado o 23 de setembro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guindeira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Guindeira |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de cerdeira |
Bibliografía
editar- Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
- Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.
- Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur do Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.