Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Xénero (bioloxía)

categoría taxonómica

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

editar

Componse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da frutificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

editar
Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]
  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.