Shin'ichi Sakuraki
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) |
País de nacionalidade | Xaponés. |
Educación | Universidade de Keiō. |
Q89547790 | Estudos de numismática xaponesa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, arqueólogo, académico |
Empregador | Universidade Asahi. |
Premios | |
2022: Medalla da Royal Numismatic Society. | |
Shin'ichi Sakuraki, nado en 1953, é un numismático xaponés, profesor universitario e autor de diversos estudos sobre a historia da moeda xaponesa e doutros países orientais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sakuraki cursou estudos superiores de Comercio na Universidade de Keiō entre 1973 e 1977, e posteriormente un mestrado en Comercio, entre 1977 e 1979. En 2010 acadou o doutoramento en Historia pola mesma universidade.[1]
Xunto a Nobuhisa Furuta e Lyce Jankowski, Sakuraki catalogou a colección de moedas de Asia oriental no Museo Ashmolean, e tamén doou material ao Museo Fitzwilliam.[2] Ademais, o seu traballo sobre a moeda xaponesa anterior á era Meiji no Museo Británico,[3][4] en edición bilingüe en inglés e xaponés, foi descrito como de "inconmensurable utilidade para os eruditos e os coleccionistas que non len xaponés".[5]
Entre 1999 e 2018, Sakuraki foi profesor na Facultade de Economía da Universidade de Shimonoseki, e en 2019 comezou a impartir docencia no departamento de Administración de Empresas da Universidade de Asahi.[1][6]
Entre 2020 e 2024, Sakuraki participou nun proxecto de elaboración dun inventario de moedas xaponesas antigas a partir dos materiais conservados en museos de Europa.[1] Tamén formou parte dunha rede de investigadores que estudaro achados monetarios no norte de Vietnam.[7]
Sakuraki participou no XVI Congreso Internacional de Numismática celebrado en Varsovia en 2022, cun relatorio acerca das moedas xaponesas do Museo Nacional de Dinamarca.[1][8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (2002). "New Developments in Japanese Numismatic History". En Amandry , M. et al. A Survey of Numismatic Research 2002-2007. International Numismatic Commission, Glasgow. Páxinas 578-581.
- (2005). Kaheinimiru Dynamism: Ou Chu Nichi Hikakuno Shitenkara (Dynamism in Coinage: Europe, China and Japan, Comparative Viewpoints), Dai 12 kai Shutsudosenkakenkyukai Houkokuyoushi in Fukuoka 2005 / Proceedings of the 12th Conference of the Coin Finds Research Group held in Fukuoka 2005. Ed. Shinichi Sakuraki, Fukuoka (bilingüe en xaponés e inglés)
- (2010). Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum (con H. Wang, J. Cribb et al.). British Museum. ISBN 978-0861591749 [10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "教員情報 - 櫻木 晋一 | 学校法人朝日大学". gyoseki.asahi-u.ac.jp
- ↑ "Details for Sakuraki, Shinichi". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
- ↑ "Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum (with special reference to Kutsuki Masatsuna". The British Museum (Britishmuseum.uk).
- ↑ Véxase (2010) en "Publicacións".
- ↑ Crafter, T. (2012). "Review of Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum: With Special Reference to Kutsuki Masatsuna. (British Museum Research Publication No. 174)". En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol 22. Nº 2. Páxinas 484-486.
- ↑ "Sakuraki Shinichi 櫻木 晋一". En Kaken Researcher (Nrid.nii.ac.jp).
- ↑ Kikuchi, Y. (2021). A History of Maritime Trade in Northern Vietnam, 12th to 18th Centuries: Archaeological Investigations in Vandon and Phohien. Springer. Páxina 7. ISBN 978-981-16-4633-1
- ↑ XVI International Numismatic Congress in Warsaw. Book of Abstracts. International Numismatic Council. 2022. Páxina 131.
- ↑ "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society (en inglés). Consultado o 04-01-2024.
- ↑ "British Museum publishes Catalogue of the Japanese Coin Collection". En Coins Weekly. 12 de abril de 2011.