Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oliver Codrington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOliver Codrington
Biografía
Nacemento5 de maio de 1837.
MorteMarzo de 1921.
Brentford.
Gran Londres
Inglaterra.
País de nacionalidade Británica
EducaciónLondon Hospital Medical College.
Universidade de Londres.
Q89547790Estudos de numismática oriental.
Actividade
Campo de traballoNumismática e medicina.
Premios
1911: Medalla da RNS.

Oliver Codrington, nado en Wroughton, Wiltshire, o 5 de maio de 1837 e finado en Brentford, Gran Londres, en marzo de 1921, foi un médico e numismático inglés, especializado en numismática oriental.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Oliver Codrington era fillo do reverendo Thomas Stretton Codrington, vigairo de Wroughton,[2] e da súa muller, Elizabeth, e tiña cinco irmáns.[1]

Logo de se educar na Royal Free Grammar School de Marlborough, estudou Medicina no London Hospital Medical College, da Universidade de Londres.[1][2]

Carreira médica

[editar | editar a fonte]

Entre 1859 e 1885 foi membro dos corpos médicos do Exército Británico, como cirurxián xeral, e en tal condición participou nas guerras de Nova Zelandia (1864-1866).[1] Posteriormente estivo destinado en Burma e en Bombai, ata que volveu a Inglaterra logo do seu retiro en 1886.[1][2]

Carreira numismática

[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa traxectoria como médico, Codrington foi un importante estudoso da numismática oriental, sinaladamente das emisións monetarias do mundo islámico.[3]

Aínda durante a súa estadía en Asia, en 1873 ingresou na delegación de Bombai da Royal Asiatic Society e o ano seguinte emprendeu a tarefa de lanzar o xornal desta filial, no que contribuíu cun bo número de artigos centrados na numismática india e en 1892 publicou un catálogo da colección de moedas da Sociedade.[3][4]

En 1877, Codrington ingresou na Royal Asiatic Society na súa sede principal de Londres, e nela comezou a xogar un papel moi activo a partir do seu regreso a Inglaterra tras a súa xubilación en 1886. Nesta Sociedade ocupou o cargo de bibliotecario honorario dende 1891 ata 1919, ano este en que se retirou de toda actividade.[1][3]

En Londres, Oliver Codrington alternou o seu labor numismático entre a Royal Asiatic Society e a Royal Numismatic Society, entidade esta na que ingresou no mesmo ano do seu retorno a Inglaterra.[3] Nela ocupou tamén o posto de bibliotecario e foi coeditor da súa revista Numismatic Chronicle, na que publicou varios artigos.[5][6]

Oliver Codrington faleceu en marzo de 1921 en Brentford.[7][8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos e os artigos publicados por Oliver Codrington ao longo da súa carreira como numismático:[10][11]

Monografías

[editar | editar a fonte]

En Journal of the Royal Asiatic Society

En Numismatic Chronicle

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Condrington, Oliver". En Persons of Indian Studies by Prof. Dr. Klaus Karttunen.
  2. 2,0 2,1 2,2 Buckland, C. E. (1906). "Codrington, Oliver". Páxina 87.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Longworth Dames, M. (1921). Páxina 303.
  4. Véxase (1892) en "Publicacións - Artigos en Journal of the Royal Asiatic Society".
  5. Longworth Dames, M. (1921). Páxina 304.
  6. Véxase "Publicacións".
  7. "Oliver Codrington (1837 - 1921)". WikiTree.com
  8. "Deaths Mar 1921". FreeBMD.org.uk
  9. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  10. "Codrington, Oliver -1921 Arquivado 23 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  11. "Codrington, O. (Oliver) -1921". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Fotografías de Oliver Codrington (Royal Asiatic Society): Foto 1 - Foto 2.