Oscar Ulrich-Bansa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 |
Morte | 17 de xuño de 1982 (92 anos) Besana in Brianza. Lombardía Italia |
País de nacionalidade | italiana |
Q89547790 | Estudos de numismática imperial romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Premios | |
- (1959): Medalla da RNS. - (1959): Medalla Huntington (ANS). |
Oscar Ulrich-Bansa, nado en 1890 e finado o 17 de xuño de 1982 en Besana in Brianza, Lombardía, foi un numismático e xeneral do exército italiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa xuventude ingresou no exército italiano, co que participou tanto na primeira como na segunda guerra mundial, ata acadar o rango de xeneral.[1]
Foi profesor de Numismática na Universidade de Padua (1948-1963)[2] e investigador especializado na moeda do Imperio Romano dos séculos IV e V, particularmente das cecas romanas da Italia setentrional, como as de Mediolanum e Aquileia.[1]
Dirixiu a Rivista Italiana di Numismatica, editada pola Società Numismatica Italiana, entre 1952 e 1958 e posteriormente de 1962 a 1966,[3] e foi membro de honra da Comisión Internacional de Numismática e de diversas sociedades numismáticas nacionais.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1959): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[4]
- (1959): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Estes son algúns dos traballos máis representativos da carreira académica de Ulrich-Bansa.[6]
- (1936). Note sulla zecca di Aquileia romana: i multipli del soldo d'oro. Chiesa, Udine.
- (1949). Moneta mediolanensis (352-498). C, Ferrari, Venecia.
- (1963). Alcune monete commemorative di Cesare e di Augusto. P & P Santamaria, Roma.
- (1966). Note di numismatica teodosiana: il solidus aureus dal 392 al 395. Popolare, Pavia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Bernareggi, E. (1983).
- ↑ Gorini, G. (1988). "Cento anni della Rivista italiana di numismatica Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". En Rivista italiana di numismatica, XC.
- ↑ "I direttori della Rivista Italiana di Numismatica Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". Società Numismatica Italiana.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Ulrich-Bansa, Oscar". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernareggi, E. (1983). "Oscar Ulrich-Bansa, 1890-1982". En Compte Renu 30. International Numismatic Commision. Páxina 30.
- Bernareggi, E. (1982). "Oscar Ulrich Bansa, 1890 - 1982". En Rivista italiana di numismatica. Nº 84. Páxinas 293-295.
- Gorini, G. (2012). "Oscar Ulrich Bansa collezionista e docente universitario". En Rivista italiana di numismatica. Nº 113. Páxinas 163-176.