Howland Wood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1877 New Bedford, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de xaneiro de 1938 Queens. Nova York. Estados Unidos. |
País de nacionalidade | estadounidense. |
Educación | Universidade Brown. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Eliot Marvin (1913). |
Premios | |
(1920): Medalla Huntington (ANS). |
Howland Wood, nado o 30 de maio de 1877 en Bedford, Massachusetts, e finado o 4 de xaneiro de 1938 en Queens, Nova York, foi un numismático estadounidense.[1][2][3]
En ocasións utilizaba o pseudónimo de Franklin Perry.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Howland Wood naceu en Bedford, Massachusetts, en 1877, e graduouse na Universidade Brown, en Rhode Island, en 1900.[2][3]
A súa carreira como numismático estivo vinculada á American Numismatic Society (ANS), entidade na que ingresou en 1909 e de cuxo museo foi nomeado conservador o 25 de xaneiro de 1913, posto no que permaneceu ata o seu falecemento en 1938.[3] No seu período como conservador da ANS, a colección da Sociedade creceu desde os 50.000 exemplares iniciais ata os 200.000 espécimes.[2]
Na American Numismatic Society desenvolveu, así mesmo, o labor de editor do American Journal of Numismatics, entre 1910 e 1920, e editor de Numismatic Notes and Monographs a partir de 1920.[2][3]
Paralelamente á ANS, Howland Wood pertenceu tamén á American Numismatic Association, da que ocupou o posto de secretario entre 1905 e 1909, e cabeza da xunta de goberno de 1909 a 1912, así como editor asociado do xornal The Numismatist.[2][3]
Entre outras entidades numismáticas, Wood foi tamén secretario da Sociedade Numismática de Boston (1908-1913), presidente do Club Numismático de Nova York (1930-1933).[3]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Howland Wood casou o 18 de xuño de 1913 con Elizabeth Eliot Marvin, con quen tivo dúas fillas. A súa muller era filla de William T. R. Marvin, que anteriormente fora tamén editor do American Journal of Numismatics, da ANS.[3]
Wood faleceu na súa casa familiar de Flushing, Queens, Nova York, o 4 de xaneiro de 1938.[3]
Premio Howland Wood Memorial
[editar | editar a fonte]A American Numismatic Association instituíu na súa honra, na primavera de 1952, o premio Howland Wood Memorial á mellor exposición numismática.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Howland Wood:[6][7][8]
- (1910). Canadian blacksmith coppers. Filadelfia.
- (1914). Cataloque of United States and Colonial Coins.
- (1915). The coinage of the West Indies. / The sou marqué. (separata de American Journal of Numismatics). American Numismatic Society, Nova York.
- (1921). The Mexican revolutionary coinage, 1913-1916. American Numismatic Society, Nova York.
- (1922). The gold dollars of 1858 with notes of the other issues. American Numismatic Society, Nova York.
- (1922). The commemorative coinage of the United States. American Numismatic Society, Nova York.
- (1923). The Tegucigalpa coinage of 1823. American Numismatic Society, Nova York.
- (1928). The coinage of the Mexican revolutionists. American Numismatic Society, Nova York.
- (1934). The Gampola larin hoard. American Numismatic Society, Nova York.
- (1937). The coinage of Ethiopia. W. Raymond, Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Howland Wood". The British Museum.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Wood, Howland, 1877-1938". American Numismatic Society.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Smith, P. (2012).
- ↑ "Howland Wood Memorial for Best-of-Show Exhibit". American Numismatic Association.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Bowker, H. F. (1943). A Numismatic Bibliography of the Far East. American Numismatic Society. Páxinas 128-130.
- ↑ "Wood, Howland 1877-1938 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Wood, Howland 1877-1938". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Wood, Howland". En American Numismatic Biographies. Páxina 384.