Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ute
núu-'apaghapi
núuchi
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Utah e Colorado
Total de falantes:
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Númica
   Númica meridional
    Paiute do sur
     Ute
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Área onde se fala o dialecto ute.[1]
Status

O paiute do sur está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O ute (/ˈjuːt/)[3] é un dialecto da lingua númica do río Colorado, falado tradicionalmente polo pobo ute. Os falantes viven principalmente en tres reservas: Uintah-Ouray (ou ute setentrional) no nordeste de Utah, Ute meridional no suroeste de Colorado, e ute das montañas no suroeste de Colorado e no sueste de Utah.[4] O ute forma parte da rama númica da familia de linguas uto-aztecas. Outros dialectos desta continuo dialectal son o chemehuevi e o paiute do sur. A partir de 2010, había 1.640 falantes combinados dos tres dialectos da lingua númica do río Colorado. A lingua irmá do ute, o númico do río Colorado, está clasificada como unha lingua ameazada, aínda que existen programas de dinamización lingüística patrocinados polas tribos.

O termo "ute" foi usado polos exploradores españois, sendo un derivado do termo quasuatas, usado polos españois da época para referirse a todas as tribos ao norte do pobo pueblo e ata os shoshone.[5] O pobo ute refírese á súa propia lingua como núu-'apaghapi ou núuchi, que significa "a fala do pobo" e "do pobo" respectivamente.[4]

  1. Campbell, L. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford University Press, 1997, p. 359.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Givón, T. Ute Reference Grammar. John Benjamins Publishing Company, 2011
  4. 4,0 4,1 Givón, Talmy (2011). Ute reference grammar. Amsterdam: John Benjamins Pub. Co. ISBN 978-9027202857. OCLC 733750317. 
  5. "What is a Ute?". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 2012-01-24.