Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua timbisha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Timbisha
Nümü nangkawih, Sosoni nangkawih
Outros nomes:Panamint
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: California e Nevada
Total de falantes: 20 (2007)
Familia: Uto-azteca
 Setentrional
  Númica
   Central
    Timbisha
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: par
Mapa

A lingua timbisha (sinalada en laranxa xunto ás outras linguas númicas) entre as demais linguas uto-aztecas.
Status

O timbisha está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua timbisha (tümpisa) ou panamint (tamén chamada koso) é a lingua do pobo timbisha que habitou a rexión de Death Valley, California, e os seus arredores, así como no sur do val Owens dende a prehistoria tardía. Hai algúns anciáns que poden falar a lingua en California e Nevada, mais ningún é monolingüe e todos usan o inglés regularmente na súa vida diaria. Ata finais do século XX, o pobo chamábase a si mesmo e á súa lingua "shoshone". A tribo conseguiu entón o recoñecemento federal baixo o nome de Death Valley Timbisha Shoshone Band of California. Esta é unha ortografía anglicizada do nome nativo de Death Valley, tümpisa, pronunciado tɨmbiʃa, que significa "pintura rupestre" e refírese ás ricas fontes de ocre no val. O timbisha tamén é a lingua dos chamados grupos "shoshone" de Bishop, Big Pine, Darwin, Independence e Lone Pine en California, e a comunidade Beatty en Nevada. Tamén era a lingua que se falaba na antiga reserva Indian Ranch no val de Panamint.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O timbisha é unha das linguas númicas centrais da familia de linguas uto-aztecas. Está estreitamente relacionada co shoshone e co comanche.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]