Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua hopi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hopi
Hopilàvayi
Pronuncia:[ˈnaːwatɬ]
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Arizona
Total de falantes: 6 780 (2010)[1]
Familia: Uto-azteca
 Setentrional
  Hopi
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hop
Mapa
Status

O hopi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua hopi[3] é unha lingua uto-azteca falada polo pobo hopi do nordeste de Arizona. O uso do hopi esmoreceu gradualmente ó longo do século XX. En 1990, estimouse que máis do 5 000 hopi falaban a lingua como primeira lingua (arredor do 75% da poboación), dos cales só 40 eran monolingües en hopi. Unha enquisa lingüística de 1998 en 200 hopi amosou que o 100% dos hopi de máis de 60 anos eran falantes fluídos, mais atendendo ós adultos entre 40 e 59 a cifra baixaba até o 84%. O 50% dos mozos adultos entre 20 e 39 anos eran falantes fluídos, e entre os nenos tan só o 5%.[4]

Malia as cifras á baixa, os hopi teñen programas de educación bilingüe en Arizona, e os nenos aprenden a súa lingua nativa como lingua vehicular.[5]

  1. Ethnologue (ed.). "Hopi en Ethnologue". Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Entrada hopi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  4. "Status of Hopi language". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  5. azednews.com, ed. (7 de xullo de 2014). "Dual-language programs grow in Arizona public schools". Consultado o 12 de febreiro de 2018.