Rashomon
Rashomon | |
---|---|
Póster do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rashomon |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Minoru Jingo |
Guión | Akira Kurosawa Shinobu Hashimoto |
Baseado en | Historias de Ryūnosuke Akutagawa |
Intérpretes | Toshiro Mifune Masayuki Mori Machiko Kyō Takashi Shimura Minoru Chiaki |
Música | Fumio Hayasaka |
Fotografía | Kazuo Miyagawa |
Montaxe | Akira Kurosawa |
Estudio | Daiei Film Co., Ltd. |
Distribuidora | Xapón: Daiei Film Co., Ltd. USA RKO Radio Pictures |
Estrea | 25 de agosto de 1950 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Orzamento | $250 000 |
Na rede | |
Rashomon (羅生門 Rashōmon?) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1950. Está protagonizado por Toshiro Mifune, Masayuki Mori, Machiko Kyō e Takashi Shimura.
O filme é coñecido polo seu argumento que envolve a varios personaxes que dan versións diferentes dun mesmo suceso; a súa base é o relato "Yabu no naka" de Ryūnosuke Akutagawa[1] e o nome do filme refírese á enorme porta da cidade de Kyoto.
Rashomon marcou a entrada da cinematografía xaponesa na escena internacional[2] e gañou premios como o León de Ouro no Festival de Venecia en 1951 e un Óscar honorífico en 1952.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O Xapón do século XII. En Kyoto, baixo as portas do derruído templo de Rashomon, gorécense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado de dar morte a un señor feudal e violar á súa esposa. Os detalles do crime son narrados dende o punto de vista do bandido, da muller, do señor feudal -coa axuda dun médium- e do leñador, única testemuña dos feitos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Toshiro Mifune como Tajomaru, o bandido
- Masayuki Mori como Tashehiro, o samurai
- Takashi Shimura como O leñador
- Machiko Kyō como Masago, a esposa
- Daisuke Kato como O policía
- Fumiko Honma como A bruxa
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1951: Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa
- 1952: Nomeado ó Oscar: Mellor dirección artística (Branco e Negro).
- 1951: Festival de Venecia: León de Ouro.
- 1951: Círculo de críticos de Nova York: Nomeado a Mellor filme estranxeiro.
- 1952: Premios BAFTA: Nomeado a mellor filme.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rashomon na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)