José Luis Garci
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1944 (80 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Madrid - dereito |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, presentador de televisión, escritor, produtor de cinema, guionista, actor de cinema |
Período de actividade | 1977 - |
Membro de | |
Participou en | |
14 de xullo de 2014 | manifesto «Libres e Iguais» |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Andrea Tenuta (2004–) |
Pai | Manuel García Meana |
Premios | |
| |
José Luis García Muñoz, máis coñecido como José Luis Garci, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1944, é un produtor, crítico, presentador de televisión, autor literario, guionista e director de cine español.
Biografía
[editar | editar a fonte]Debutou na industria cinematográfica como guionista a comezos da década dos '70, escribindo para xente como Antonio Giménez Rico, León Klimovsky, Pedro Olea, Eloy de la Iglesia, Antonio Drove ou Roberto Bodegas.
En 1977 debutaría dirixindo longametraxes con Asignatura pendiente (película protagonizada por José Sacristán e Fiorella Faltoyano). En 1982 rodou Volver a empezar, película coa que conseguiría o Óscar ó mellor filme estranxeiro. O seu último traballo é Tiovivo c. 1950 (2004).
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1977 — Asignatura pendiente
- 1978 — Solos en la madrugada
- 1979 — Las verdes praderas
- 1981 — El crack
- 1982 — Volver a empezar
- 1983 — El crack II
- 1984 — Sesión continua
- 1987 — Asignatura aprobada
- 1994 — Canción de cuna
- 1997 — La herida luminosa
- 1998 — El abuelo
- 2000 — You're the One (una historia de entonces)
- 2002 — Historia de un beso
- 2004 — Tiovivo c. 1950
- 2005 — Ninette
- 2007 — Luz de domingo
- 2008 — Sangre de mayo
- 2012 — Holmes & Watson. Madrid Days