Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A noite americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A noite americana
Ficha técnica
Título orixinalLa Nuit américaine
DirectorFrançois Truffaut
ProdutorMarcel Berbert
GuiónFrançois Truffaut
Suzanne Schiffman
Jean-Louis Richard
IntérpretesJacqueline Bisset
Valentina Cortese
Dani
Alexandra Stewart
Jean-Pierre Aumont
Jean Champion
Jean-Pierre Léaud
François Truffaut
MúsicaGeorges Delerue
FotografíaPierre-William Glenn
MontaxeMartine Barraquè-Curie
Yann Dedet
EstudioLes Films du Carrosse
PECF
Produzione Internazionale Cinematografica
Estrea14 de maio de 1973
Duración115 minutos
Orixe Francia
Recadación839 583 entradas (Francia)[1]
Na rede
IMDB: tt0070460 Filmaffinity: 113826 Allocine: 3709 Rottentomatoes: m/day_for_night Allmovie: am7123 TCM: 72411 TV.com: movies/day-for-night Editar o valor en Wikidata

A noite americana (en francés: La nuit américaine) é un filme francés de 1973, dirixido e protagonizado por François Truffaut, xunto a Jacqueline Bisset e Jean-Pierre Léaud nos papeis principais.

A historia narra as tribulacións dun director de cinema durante a rodaxe dun filme. Toma o seu título da técnica cinematográfica homónima, que consiste na aplicación dun filtro escuro sobre a lente da cámara que simula que se roda de noite.

Foi emitido na TVG o 7 de agosto de 1991.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Nun estudio de cinema en Niza, prepárase a rodaxe do filme Je Vous Présente Paméla, un melodrama cheo de tópicos. Os actores son (Jean-Pierre Aumont) e Séverine (Valentina Cortese) estrelas dun tempo pasado, Alphonse (Jean-Pierre Léaud), un galán novo e temperamental con aires de divo, e unha actriz británica, Julie Baker (Jacqueline Bisset).

Enlazadas no guión van aparecendo situacións reais da vida dos actores e do equipo técnico, cos seus conflitos persoais, como o de Julie Baker, inestable por unha crise nerviosa pola controversia creada polo seu matrimonio cun médico moito máis vello ca ela, pai do seu exmarido; ou o de Alphonse, que ameaza con abandonar a filmación cando a súa moza o deixa por un dos técnicos; ou o de Alexandre, o veterano, moi profesional nas súas escenas, mais nervioso e impaciente por ir buscar un rapaz ao aeroporto; a veterana estrela Sevérine ten problemas co alcohol e esquece os seus diálogos.

O desenvolvemento da rodaxe móstrase a través de escenas entre o persoal técnico e o director Ferrand (François Truffaut), que traballan intensamente para lograr entregar o filme rematado no tempo estipulado.

  • Jacqueline Bisset - Julie
  • Valentina Cortese - Severine
  • Dani - Liliane
  • Alexandra Stewart - Stacey
  • Jean-Pierre Aumont - Alexandre
  • Jean Champion - Betrand
  • Jean-Pierre Léaud - Alphonse
  • François Truffaut - Director Ferrand
  • Nathalie Baye - Joelle
  • David Markham - Doctor Nelson
  • Zénaïde Rossi - Madame Lajoie
  • Xavier Saint-Macary - Christian

O escritor Graham Greene fai un cameo como representante da compañía de seguros, acreditado como "Henry Graham".[3]

  1. Box Office information for Francois Truffaut films at Box Office Story
  2. Programación da TVG
  3. French, Philip (25 de xullo de 2010). "The 10 best movie cameos". The Guardian (Londres). 
  4. "The 46th Academy Awards (1974) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 3 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]