Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía | |
---|---|
Prisma de Cristal, MUNCYT, A Coruña. | |
País | Galicia |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Científico, tecnolóxico |
Director | Ramón Núñez Centella |
Construción | Victoria Acebo e Ángel Alonso |
Inauguración | 2012 |
Superficie | 6500 m² [1] |
Na rede | |
http://www.muncyt.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.[2]
Contidos
[editar | editar a fonte]No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.
Existen visitas guiadas e proxeccións.
Historia da sede coruñesa
[editar | editar a fonte]O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos Príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño.
O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio,[3] gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo[4] e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais.
O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano.[5]
En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco[6].
Instalacións
[editar | editar a fonte]- As salas
- Sala Miscelánea
- Sala Maiúsculas
- Sala Patrimonio
- Sala Innovación española
- Sala Iberia
- Século XX
- Expos Interinas
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Antena parabólica de Televés no MUNCYT A Coruña.
-
Vista do teito interior do museo.
-
Porta, limiar do MUNCYT A Coruña.
-
Cabina do Jumbo Lope de Vega de Iberia na Sala Iberia.
-
Prisma de Cristal
-
Placa en lembranza da inauguración do edificio o 4 de maio de 2012 polos Príncipes de Asturias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos en culturiplan.org
- ↑ Páxina web oficial do MUNCYT.
- ↑ Original project: Arts Centre of A Coruna Museum and Dance School. First Prize International Competition (en inglés).
- ↑ O Prisma de Cristal, un novo miradoiro científico na Coruña Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ El MUNCYT espera recibir 200.000 visitantes en A Coruña en un año (en castelán).
- ↑ Escolares de Coristanco se convierten en el visitante 50.000 del Muncyt de A Coruña. La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |