Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCoristanco
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°11′11″N 8°44′25″O / 43.1863, -8.7404
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalSan Roque Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.779 (2023) Editar o valor en Wikidata (41,28 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie140 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Pensado Plágaro Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Coristanco Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15147 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15029 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcoristanco.net Editar o valor en Wikidata

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2018 tiña 5.950 habitantes[1] (6.706 no 2014, 6.974 no 2012, 7.102 no 2011, 7.165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello limita ao norte con Ponteceso e Carballo, ao sur con Santa Comba, Zas e Tordoia, ao leste con Carballo e ao oeste con Cabana de Bergantiños. A principal vía de comunicación é a estrada AC-552, que une A Coruña con Fisterra.

Parroquias de Coristanco

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

A lagoa de Alcaián, tamén coñecida como Braña Rubia, está situada na parroquia de Seavia, ao pé do monte Bubela. Malia o seu nome, é unha braña, e só ten auga estancada nas épocas máis chuviosas. Na actualidade está moi descoidada e apenas ten patrimonio ecolóxico. O nome de Alcaián débese á lenda de que baixo a lagoa hai unha cidade somerxida (lenda repetida noutras moitas outras lagoas) chamada Alcaián. Outra lagoa do concello é a lagoa de Cuns.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Fonte INE, 1857-2011; IGE, Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos Arquivado 05 de abril de 2022 en Wayback Machine.

Evolución da poboación de Coristanco   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6495 7338 9327 10 314 7765 7285 7102 6974 6875 6706 6551 6425 6313 6177 6074 5950
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 6706 habitantes
Menores de 15 anos 631 (9.41 %)
Entre 15 e 64 anos 4006 (59.74 %)
Maiores de 65 anos 2069 (30.85 %)

Hai restos megalíticos no concello, unhas 30 mámoas construídas hai uns 8.000 anos, sendo os mellor conservados os catro que hai no monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.

A partir do século VI a. C. chegou a cultura castrexa traída polos ártabros. Na zona establecéronse os Brigaecini, que deron nome á comarca. Consérvanse oito castros catalogados[2], en moi mal estado de conservación debido ó uso das súas pedras noutras construcións ou peches de leiras.

  • Castro Redondo e O Portal (A Cruz de Agrelo-Cereo)
  • Cotón e San Roque (Coristanco)
  • Santa Cecilia (Centiña-Coristanco)
  • Vilar (Couso); O Cotón (Ferreira)
  • Oca e As Picureas (Oca)
  • Lume de Suso (Santa Baia de Castro)
  • A Croa de Arixón (Seavia)
  • Puga (Arixón-Seavia)
  • Castrobó (Castrobó-Valenza)
  • A Insua (Valenza)

Coa romanización comezaron a mellorarse as comunicacións, con construcións como a ponte Lubiáns sobre o río Rosendo.

Durante a Idade Media a zona estivo dominada polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Na torre de Nogueira viviron os Bermúdez de Castro.

O concello de Coristanco constituíuse en 1835, formando parte do partido xudicial de Carballo. Con anterioridade a maioría das súas parroquias pertencían a Santiago de Compostela.

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]

A ponte Lubiáns cruza o río Rosendo, afluente do Anllóns. Une o concello de Carballo con Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

Foi construída no século I, e por ela discorría a vía XIX do itinerario de Antonino, tamén chamada Per loca maritima. Até a construción moitos anos despois da Ponte Nova uns metros máis abaixo serviu de paso entre A Coruña e Fisterra. Nas súas orixes tiña cinco arcos, contando na actualidade con 4. Ten 40,5 metros de lonxitude e 2,6 de ancho. A súa maior altura sobre o río é de 5,4 m. Aínda conserva a calzada de lousas.

A torre de Nogueira está situada no lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia. É de forma rectangular e estilo gótico, de 13 m de altura. Formaba parte do pazo-fortaleza dos Bermúdez de Castro, levantado no século XV. O pazo tiña dúas torres, de carácter defensivo.

O pazo de Cereo Vello conserva entre dous pináculos barrocos unha pedra de armas co emblema dos Manueles, descendentes do infante Xoán Manuel, á súa vez descendente de Afonso X o Sabio. O escudo é acuartelado con dous leóns rampantes con dous brazos armados. Consérvanse tamén os emblemas doutras familias nobres de Bergantiños, como os Vilardefrancos e os Pardiñas.

Outros dous pazos son o de Ferreiros, que pertenceu a un descendente de María Pita, e o de Ponte, en Verdes, que conserva restos dunha torre con pequenas garitas e unha gran muralla arredor da construción.

Irmandade

[editar | editar a fonte]

Coristanco está irmandado dende 1998 con La Guyonnière situado no departamento Vendée na rexión Países do Loira[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos". ige.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. CASTROS DE GALIZA/GALICIA I Coristanco onosopatrimonio.blogspot.com.es
  3. "Irmandamento Guyonnière concello de Coristanco". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)