Igrexario da Grela
Igrexario da Grela | |
---|---|
Igrexario da Grela | |
País | España |
Localización | A Grela (A Coruña) |
Coordenadas | 43°20′50″N 8°25′48″O / 43.347330208004, -8.4300340687197 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O igrexario da Grela é un conxunto arquitectónico construído no século XVIII situado na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Está situado dentro do Parque Empresarial de Agrela.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A capela, baixo a advocación de Santo Antón, ten a súa orixe na fundación do Mayorazgo y Capilla de La Grela, outorgado por Antonio Pardo en 1724. O obxectivo, ademais do culto, era impartir clases á infancia da zona. O conxunto foi realizado en estilo barroco por Simón Rodríguez e Clemente Fernández Sarela entre 1754 e 1765.
No século XX, co establecemento de novos colexios públicos e a falta de fondos da fundación o conxunto comezou a arruinarse. En 1991 o edificio pasou ao concello da Coruña, que o reformou segundo o proxecto da arquitecta Angelika Lorenzen Ketterling para establecer unha escola-taller. Posteriormente pasou a acoller o Centro Municipal de Empresas. A capela emprégase como salón de actos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, Rodri (18-11-2018). "De ermita a centro de empresas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-07-2024.
- ↑ "El iglesario de A Grela". Pastoral Santiago (en castelán). Consultado o 08-07-2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Cortés, C. (2011). Templos Coruñeses: Historia - Arte - Culto. ISBN 978-84-936595-5-4.