Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Praza de Lugo (A Coruña)

Vista da praza de Lugo na Coruña.

A praza de Lugo é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre a praza de Pontevedra e a praza de Ourense, no Ensanche coruñés. O lugar está adicado principalmente ao comercio e o lecer.

A praza deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga[1] e no centro da praza hai un mercado con máis de 150 postos e centro comercial.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A praza é de sección rectangular con 120 metros por 50 metros e está rodeada de catro rúas, unha delas peonil e as outras tres de sentido único de circulación. A maior parte da superficie da praza está ocupada polo mercado Eusebio da Guarda no cal está o único FNAC de Galiza. Nos últimos anos na zona abriron establecementos principalmente de roupa e complementos, converténdoa nunha das principais áreas comerciais da Coruña.[3]

Na praza hai edificios modernistas de arquitectos como Julio Galán Carvajal ou Antonio López Hernández.[4]

O mercado orixinal que había na praza foi inaugurado o 9 de abril de 1910. A obra foi pagada en boa parte polo filántropo coruñés Eusebio da Guarda (que lle deu nome) quen deixou no seu testamento de 35 000 a 40 000 pesos tendo o concello que poñer o soar.[5] O segundo mercado foi inaugurado en 1958 e derrubado en 2003 para inaugurar o novo en xullo de 2006.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Quirós Linares, Francisco. Atlas temático de España. p. 158. 
  2. Pousa, Luís (22 de marzo de 2014). "El bodegón de la plaza de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  3. Gutiérrez, José Manuel (14 de agosto de 2015). "El nuevo complejo de Inditex consolida a la plaza de Lugo como la milla de oro comercial". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  4. A arquitectura modernista
  5. Instituto Eusebio da Guarda
  6. Gómez, Aida (31 de agosto de 2010). "Un mercado con 100 años de historia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  7. "Catálogo do PXOM 2013". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2016. Consultado o 02 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]