Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Montreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontreal
Montréal (fr)
Molian (abe)
Mooniyang (oj)
Tiohtià:ke (moh)
Tiohtiake (moh) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Lema«Concordia Salus» Editar o valor en Wikidata
EpónimoMonte Royal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°30′32″N 73°33′42″O / 45.5089, -73.5617
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
Rexiónrexión de Montreal
Territorio equivalenteaglomeración urbana de Montreal Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.762.949 (2021) Editar o valor en Wikidata (3.540,06 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie498 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Prairies (pt) Traducir, Río San Lourenzo, Canle de San Lourenzo, Lago Deux Montagnes (pt) Traducir e Lac Saint-Louis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude31 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorPaul de Chomedey (pt) Traducir e Jeanne Mance (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación17 de maio de 1642 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataValérie Plante (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConselho Municipal de Montreal (pt) Traducir Circunscrición: 63, (Escano: 65) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalH Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico514, 438 e 263 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmontreal.ca Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453710 GitHub: VilledeMontreal

Montreal (en francés e oficialmente: Montréal) é a maior cidade da provincia do Quebec, no Canadá, a segunda máis populosa do país, e tamén a segunda cidade francófona máis populosa do mundo. É tamén unha rexión administrativa do Quebec. Sitúase na illa de Montreal, no río San Lourenzo. É un dos principais centros industriais, comerciais e culturais de América do Norte.

Montreal posúe a segunda maior poboación francófona do mundo, estando só por detrás de París. Porén, Montreal tamén posúe unha considerábel comunidade anglófona, e un crecente número de persoas cuxo idioma materno non é nin o francés nin o inglés.

A palabra "Montreal" é a versión arcaica, escrita de forma simplificada, de Mont-Royal, un monte localizado na cidade, no centro da illa.

Montreal é un dos centros culturais máis importantes do país, aloxando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, están a Juste pour Rire, un dos maiores festivais de comedia do mundo, o Festival de Jazz de Montreal, un dos maiores festivais de Jazz do mundo, e o Grand Prix de Montreal. A cidade, en total, aloxa máis de 70 eventos internacionais por ano. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, a Vieux Montreal, a cidade é considerada a cidade máis europea de América do Norte.

Montreal posúe unha das poboacións mellor educadas do mundo, posuíndo a maior concentración de estudantes universitarios per capita de toda América do Norte. A cidade posúe 4 universidades -dúas delas francófonas e dúas delas anglófonas- e 12 facultades. É un centro de industria de alta tecnoloxía -especialmente na área de medicina e na industria aeroespacial.

O lugar onde se levanta a cidade de Montreal era habitado por nativos algonquinos, huróns e iroqueses, durante miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos. Os ríos e lagos da rexión estaban cheos de peixes, que servían como alimento aos nativos, alén de servir como rutas de transporte.

O primeiro europeo en pisar na actual cidade de Montreal foi Jacques Cartier, que navegara o Río San Lourenzo, en 1535. Tras escoitar rumores nunha aldea iroquesa, onde hoxe está localizada a cidade do Quebec, de que existía ouro na Illa de Montreal, e impedido de continuar a súa exploración río arriba polas Cataratas de Lachine (xeograficamente ao sur de Montreal), Cartier explorou a illa, avistando unha aldea iroquesa, Hochelaga, onde vivían aproximadamente mil nativos. A aldea estaba localizada ao pé do Monte Royal. Cartier entón fincou unha cruz, a primeira dunha serie, en honra ao rei francés Francisco I, que patrocinara a expedición de Cartier. Para desgraza do navegante francés, o que os nativos describiran como un "metal brillante" non pasaba de ser cuarzo, ou talvez pirita (o ouro dos parvos).

Samuel de Champlain foi á illa de Montreal dúas veces, en 1603 e 1611, case un século despois de Cartier. Hochelaga, daquela, xa fora abandonada polos iroqueses.

Bosquexo da cidade en 1647

En 1639, o cobrador de impostos Jérome Le Royer creou unha compañía, en París, co obxectivo de colonizar a actual illa de Montreal. En 1641, a compañía enviou un grupo de misioneiros cristiáns, cuxo obxectivo principal era "cristianizar" os nativos locais. En 1642, o grupo misioneiro, composto por preto de 50 persoas, desembarcou na illa e construíu un forte, establecendo a Vila María de Montreal (Ville Marie de Montréal).

Os iroqueses atacaron continuamente o forte, esperando destruír o entón rendíbel intercambio de peles que os franceses mantiñan cos algoquinos e furóns, rivais dos iroqueses. A pesar destes ataques, Montreal prosperaba como centro católico de cambio e venda de peles, ben como unha base central para a exploración doutras rexións da Nova Francia (rexións da América do Norte parte do imperio francés). No comezo do século XVII, a pequena Ville-Marie pasou a ser chamada Montreal. Entón, posuía unha poboación de aproximadamente 3 500 habitantes.

Colonización inglesa

[editar | editar a fonte]
Montreal en 1784

Montreal foi invadida por forzas inglesas en 1760, durante a Guerra dos Sete Anos (1754 a 1763), e pasando definitivamente a estar bajo control británico en 1763, dada a decisión francesa de manter a illa de Guadalupe, no Tratado de París, e cedendo as colonias en América do Norte para o Reino Unido.

Foi ocupada temporalmente polos Estados Unidos durante a guerra da independencia en 1776. Benjamin Franklin e outros diplomáticos americanos tentaron conseguir o apoio de canadenses francófonos á causa da independencia das 13 colonias americanas contra os británicos, sen éxito. En xuño de 1776, coa chegada de tropas británicas, os americanos recuaron.

No inicio do século XIX, Montreal posuía aproximadamente 9 000 habitantes, cando inmigrantes vidos da Escocia comezaron a se instalar na cidade. Aínda que constituíndo apenas unha pequena porcentaxe da poboación da cidade, foron esenciais para a construción do Canal de Lachine, en 1825, que permitiu a navegación de grandes navíos polo río, tornando a pequena Montreal nun dos principais centros portuarios de América do Norte. Os pioneiros escoceses tamén crearon a primeira ponte conectando a illa co continente, o primeiro shopping center da cidade, ferrocarrís, e o Banco de Montreal, o primeiro banco do Canadá, e actualmente un dos maiores bancos do país.

Foi a capital da provincia colonial do Canadá entre 1844 e 1849, e centro dunha explosión económica que atraeu moitos inmigrantes de lingua inglesa, como irlandeses, escoceses e ingleses. Isto tornou a cidade por un curto período de tempo primariamente anglófona, ata a chegada de máis inmigrantes franceses nas décadas de 1840 e 1850. Este crecemento acelerado fixo de Montreal a maior cidade da América inglesa, e indiscutibelmente a capital económica e cultural do Canadá, causando un boom de poboación: de 1825 a 1850, a cidade pasou de 16.000 a 50.000 habitantes.

Palacio da Xustiza do Quebec, 1880.

O crecemento da cidade, tanto en termos económicos (construción de industrias e ferrocarrís) como de poboación (a cidade alcanzou os 100.000 habitantes no final da década de 1860, dos cales a metade eran de orixe francesa) continuaba. A importancia e a prosperidade económica da cidade aumentou cando se construíu a primeira vía ferroviaria transcontinental, conectando Montreal con Vancouver, na Columbia Británica, e outras cidades importantes no interior. No cambio de século, Montreal alcanzara aproximadamente 270.000 habitantes.

Na primeira guerra mundial, na que Canadá loitou do lado dos aliados (Francia, Inglaterra, e, posteriormente, os Estados Unidos), os habitantes anglófonos da cidade apoiaron o goberno, con moitos deles ofrecéndose para loitar na guerra. Os habitantes francófonos, con todo, non tiveron o mesmo entusiasmo. En 1917, con insuficiencia de soldados, o recrutamento forzado de calquera persoa elixíbel para loitar na guerra causou revoltas en Montreal, afastando a poboación anglófona e francófona unha da outra.

Montreal en 1889

Despois da primeira guerra mundial, coa prohibición de bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, Montreal tornouse un paraíso para os norteamericanos na busca de alcohol. A cidade gañou o infame apelido de Sin City (Cidade do Pecado), grazas á venda de bebidas alcohólicas, xogo e prostitución.

A pesar de ser duramente atinxida pola Gran Depresión económica nos anos 30, Montreal continuou a desenvolverse, coa construción de varios rañaceos. Entre eles, o Edificio Sun Life, o máis alto da Commonwealth Inglesa por un longo período de tempo.

A segunda guerra mundial e o alistamento forzado de persoas trouxeron novamente problemas de cuño cultural entre anglófonos e francófonos. Desta vez, sen maiores consecuencias que a prisión de Camillien Houde, entón prefecto da cidade, que incentivara os habitantes de Montreal a ignorar a causa do goberno canadense na guerra, exhortando ao non alistamento na mesma.

Anos 60 e 70

[editar | editar a fonte]
A Biosfera de Montreal, unha das atraccións da antiga Feira Mundial de 1967.

Cara 1950, a cidade de Montreal alcanzou seu primeiro millón de habitantes. Jean Drapeau foi elixido prefecto da cidade en 1954, ficando no cargo ata 1957, e, despois, de 1960 ata 1986, iniciando grandes proxectos como un sistema de metro, unha cidade subterránea, a expansión da baía portuaria, a inaugurazón do canal hidroviario do Río San Lourenzo e a construción de modernos edificios comerciais no centro da cidade.

Montreal foi o centro do crecemento do nacionalismo quebequense, que comezara nos anos 50, e medrou ata o comezo dos anos 70. En 1967, Montreal foi sede da Expo 67, unha feira internacional que coincidiu co centenario da independencia canadense. A Expo 67 acabou por ser unha das maiores xa realizadas da historia, alén de ter sido o palco dun famoso discurso do entón presidente francés, Charles de Gaulle, no cal expresaba o seu apoio aos nacionalistas Quebequenses, causando turbulencias nas relacións franco-canadenses.

Montreal organizou os Xogos Olímpicos de Verán de 1976, o que dividiu profundamente a cidade debido a gastos non controlados e a corrupción. A débeda continúa a ser pagada hoxe en día.

O maior centro urbano do Canadá e principal centro comercial e industrial do país desde os principios da historia moderna do Canadá, Montreal, foi superado, en número de habitantes e importancia económica, pola cidade de Toronto (Toronto e os seus cinco suburbios da época, que actualmente compoñen a cidade de Toronto), na provincia de Ontario, entre a década de 1970 e 80.

O crecemento do nacionalismo Qquebequense tivo como consecuencia a ocorrencia de actos terroristas, cometidos na cidade por extremistas entre 1963 e 1970. A aprobación da Lei 101 polo goberno do Quebec, en 1977, limitando o uso do inglés e outros idiomas distintos ao francés na política, comercio e nos medios de comunicación, foron factores decisivos, causando o afastamento de comerciantes e empresas internacionais, que se mudaron principalmente a Toronto, e a diminución do número de inmigrantes instalados na cidade.

A cidade celebrou o seu 350º aniversario en 1992.

Unha illa, unha cidade

[editar | editar a fonte]
Mapa da cidade de Montreal e os seus 26 distritos antes da fusión do 2001

En 2001, o Partido Quebequés, entón no goberno da provincia, fundiu as outras 26 cidades que ocupaban a Illa con Montreal, formando unha única cidade - a cidade de Montreal - baixo o lema Une île, une ville (Unha illa, unha cidade), á vez que tamén se fusionaban outras cidades do Quebec. Isto foi feito por razóns económicas, esperando que as cidades maiores serían máis eficientes en termos económicos, podendo ser máis competitivas con outras cidades canadenses, como Toronto, que se fusionara con outras cinco cidades veciñas en 1998.

As cidades que existían na Illa de Montreal, unidas nesta fusión eran: Anjou, Baie d'Urfé, Beaconsfield, Côte Saint-Luc, Dollard-des-Ormeaux, Dorval, Hampstead, Île-Bizard, Île-Dorval, Kirkland, Lachine, LaSalle, Montréal-Est, Montréal-Nord, Montréal-Ouest, Outremont, Mont-Royal, Pierrefonds, Pointe Claire, Roxboro, Sainte-Anne-de-Bellevue, Sainte-Geneviève, Saint-Laurent, Saint-Léonard, Senneville, Verdun e Westmount.

Porén, como aconteceu noutras fusións fóra do Canadá, a fusión destas 26 cidades non foi ben aceptada por boa parte da poboación desas cidades. Complicando aínda máis esta situación, era a presenza de cidades anglófonas, que se fusionaron coa francófona Montreal. A poboación destas temía que os seus dereitos non se respectasen con este acto.

En abril de 2002, o Partido Liberal do Quebec derrotou o Partido Quebequés. De acordo coas promesas electorais, o Partido Liberal concedeu un referendo entre as cidades que se funsionaran con Montreal, votando a favor ou contra a fusión. Tal referendo foi realizado en 20 de xullo de 2004 en 22 das 26 antigas cidades. Seguindo os resultados da votación, 15 das antigas cidades recuperaron a súa independencia o 1 de xaneiro de 2006. As cidades que decidiron continuar con Montreal foron Anjou, Île-Bizard, Lachine, LaSalle, Montréal-Nord, Outremont, Pierrefonds, Roxboro, Saint-Geneviève, Saint-Laurent, Saint-Léonard e Verdun.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

As boas condicións económicas da cidade permitiron avances na infraestrutura da cidade, coa expansión do sistema de metro ata a cidade veciña de Laval e o desenvolvemento dun anel rodoviario en torno da illa de Montreal. A revitalización de varios barrios, antes decadentes, tamén está ocorrendo.

Vista dos rañaceos de Montreal.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localización xeográfica

[editar | editar a fonte]

A cidade localízase na Illa de Montreal, no Río San Lourenzo, incorporando un total de 74 illas menores localizadas preto da Illa de Montreal. Localízase a 75 km leste da provincia canadense de Ontario, a 150 km leste da capital do país, Otava e a aproximadamente 200 km suroeste da capital da provincia, a cidade de Quebec. As coordenadas xeográficas de Montreal son 45°28′ Norte e 73°45′ Oeste; a altitude da cidade é de 57 metros, de media, sendo de 23 metros nas marxes do San Lourenzo.

A Illa de Montreal posúe 50 quilómetros de lonxitude por 16 quilómetros de ancho, na súa máxima extensión, e unha área de 482,84 km². Por estar nunha posición diagonal, os habitantes da cidade posúen un xeito atípico de describir direccións na cidade: o norte da cidade corresponde na verdade á dirección nordeste no compás magnético; o sur da cidade, ao suroeste magnético, o leste da cidade, ao nordeste magnético, e o oeste da cidade, ao noroeste magnético.

Rexión metropolitana

[editar | editar a fonte]

Montreal é o centro dunha rexión metropolitana que se estende por un raio de aproximadamente 40 km da cidade. A metrópole de Montreal é a segunda máis populosa do Canadá, e a décima máis populosa de América do Norte.

A Metrópole Comunitaria de Montreal (Communauté Métropolitaine de Montréal) é o órgano público encargado da organización, coordinación e financiamento de desenvolvemento económico, transporte público, recollida de lixo etc, nesta rexión metropolitana, que comprende 3 839 km² e posúe 3.431.551 habitantes. O presidente da Metrópole Comunitaria de Montreal é o prefecto da cidade de Montreal.

As cidades que compoñen a Rexión Metropolitana de Montreal son:

Na Illa de Montreal

[editar | editar a fonte]

As seguintes 15 cidades son actualmente parte de Montreal, mais segundo os resultados do referendo de 2004, sepáranse de Montreal, e tórnanse cidades independentes novamente:

A área das 15 cidades sumadas é de aproximadamente 134 km², e a poboación delas, sumada, é de aproximadamente 160.000 habitantes.

Illas da rexión

[editar | editar a fonte]
Avenida Mcgill College no centro da cidade.

Marxe norte do Río San Lourenzo

[editar | editar a fonte]

Marxe sur do Río San Lourenzo

[editar | editar a fonte]
Unha escena común en Montreal, nos días de inverno.

O clima de Montreal varía bastante, debido á localización da cidade nunha área onde adoitan encontrarse grandes frontes de ar, unha vindo do polo norte, e outra, dos Estados Unidos. A inestabilidade do tempo é considerada polos habitantes de Montreal como parte do carácter da cidade.

A precipitación é abundante na rexión. Aproximadamente caen anualmente na cidade 2,4 metros de neve, e a choiva é abundante ao longo do ano, principalmente no verán, a estación máis húmida da cidade. A remoción de neve das principais rúas e autoestradas da cidade custa a Montreal máis de 50 millóns de dólares canadenses por ano.

O clima de Montreal é temperado, con catro estacións ben definidas e variadas. No inverno, a temperatura media da cidade é de -10,4 °C (non incluíndo o factor do vento), con mínimas entre -40 °C a -10 °C e máximas entre 0 °C e -25 °C. No verán, a media é de 21 °C, con máximas entre 23 °C a 35 °C.

Administración

[editar | editar a fonte]

A cidade de Montreal é administrada por un prefecto e un Consello, que está composto por 73 membros, polos 73 distritos diferentes. A poboación de cada distrito escolle unha persoa, que atuará como representante do distrito no Consello Municipal, por mandatos de 4 anos de duración. O prefecto da cidade actúa como administrador principal do goberno da cidade, supervisando e orientando os varios departamentos da cidade. O Consello discute e aproba diferentes proxectos, así como o orzamento anual.

Montreal está dividida en 27 barrios diferentes (non confundir coas 27 antigas municipalidades existentes anteriormente á fusión ocorrida en 2001, eses mesmos números son simples coincidencias), que posúen os seus propios consellos, encargados dos problemas do barrio, e de supervisar proxectos municipais realizados na rexión. Os membros de tales consellos rexionais posúen un mandato de dous anos.

Cerca do 40% da renda da cidade provén de impostos cobrados a propiedades. O resto dos fondos municipais proveñen de taxas cobradas a estabelecementos comerciais e sobre o consumo de auga, ademais de fondos provenientes da provincia do Quebec.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Montreal é actualmente unha cidade multicultural, mais a cidade é unha excepción na provincia do Quebec. Mentres que os habitantes de descendencia francesa continúan a saír da cidade para se estableceren en suburbios, ou mesmo noutras cidades da provincia, novos inmigrantes continúan a se establecer na cidade. Mentres boa parte da poboación de Montreal recibe e acepta cos brazos abertos aos inmigrantes das máis variadas partes do mundo, habitantes doutras partes menos habitadas e máis conservadoras da provincia, mesmo de certos suburbios de Montreal, posúen unha postura máis discriminatoria en relación a unha sociedade multicultural, o que xera serios problemas de cuño cultural entre Montreal e o resto da provincia.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Montreal posúe preto de 1,8 millóns de habitantes (1,6 millóns despois da fusión) dentro dos seus límites municipais. A Gran Montreal posúe 3.607.000 habitantes, segundo unha estimativa da Centro de Estatísticas do Canadá. Os habitantes da cidade son coñecidos como Montrealer, en inglés, e Montréalais (persoa do sexo masculino) ou Montréalaise (persoa do sexo feminino), en francés.

A cidade de Montreal, como noutras grandes cidades canadenses, é unha cidade multicultural, ou sexa, posúe unha gran variedade de etnias e culturas diferentes. Xuntamente cos descendentes de franceses e ingleses, coexisten comunidades irlandesas, italianas, xudaicas, gregas, árabes, hispánicas, haitianas e portuguesas.

Máis do 25% (aínda que certas estatísticas eleven ese número a 50%) da poboación de Montreal é descendente de dous ou máis grupos étnicos. Os habitantes non nacidos no país compoñen o 20% da poboación da cidade.

Relixión

[editar | editar a fonte]

A relixión predominante na cidade é o catolicismo (dadas as raíces francesas), aínda que elevadas cantidades de protestantes, musulmáns e xudeus vivan actualmente dentro da cidade.

O feito de que Montreal fose desde a súa fundación un centro católico favoreceu a inmigración de irlandeses, en grandes cantidades, debido á gran maioría católica.

A maioría dos habitantes de Montreal posúe como idioma materno o francés, principalmente despois que a Lei 101 entrou en vigor nos anos 70. Porén, unha minoría expresiva posúe o inglés como idioma materno, e unha crecente cantidade de persoas posúe competencia en ambos os idiomas.

O 67,8% dos habitantes da zona metropolitana de Montreal son francófonos, o 18,4% son anglófonos, e o restante 13,8% posúen outro idioma como lingua materna. Unha investigación realizada en maio de 2004 mostrou que o 53% dos habitantes da cidade falan francés e inglés, o 37% só francés e 7% só inglés.

Economía

[editar | editar a fonte]

Desde o século XIX ata mediados do século XX, a economía da cidade foi dominada por comerciantes e empresas anglófonas, que mantiñan seus ambientes de traballo case sempre en inglés, obrigando os habitantes da cidade a dominar esta lingua, en caso de pretender un emprego bo e ben pagado. A Lei 101, con todo, obrigou a todos os estabelecementos e empresas con máis de 50 operarios a manter tamén o francés na área de traballo.

Montreal posúe actualmente unha forza de traballo ben experta mais en declive, coa migración de habitantes da clase media e alta (especialmente francófonos) cara a outras cidades veciñas, e coa entrada de emigrantes doutras partes do Quebec, especialmente de áreas rurais, que non posúen experiencia ou educación para conseguir un bo traballo, tendo unha renda mínima, moitas veces insuficiente para cubrir os altos custos de vida na gran cidade.

Comercio e finanzas

[editar | editar a fonte]

Sendo o maior centro financeiro do país, Montreal continua a ser un dos principais centros financeiros de América do Norte. As súas raíces bilingües e a súa posición estratéxica en América do Norte atraen empresas interesadas en traballar no continente norteamericano, especialmente, compañías francesas, dando a Montreal un acceso especial ao mercado francés e europeo.

Importantes empresas, tanto compañías canadenses localizadas na cidade, como compañías doutros países que escolleron a cidade como principal sede no país ou mesmo no continente, posúen os seus cuarteis xerais na cidade, como a Air Canada, a IBM Canada e a Bombardier. Montreal é o segundo centro económico de lingua francesa máis importante do mundo.

A bolsa de valores da cidade (Bourse de Montréal), creada en 1874, a primeira do Canadá e a principal do país ata 1999, foi superada pola bolsa de valores de Toronto. Agora, está especializada no cambio e venda de derivatives (contratos de investimento).

Outra importante fonte de renda da cidade é o turismo.

Industria

[editar | editar a fonte]
O porto hidroviario de Montreal, co centro da cidade ao fondo.

Cerca de 5 000 fábricas instaladas en Montreal empregan preto do 25% da forza de traballo da cidade. Montreal é un centro de industria farmacéutica, de alta tecnoloxía, téxtil e de manufactura de roupas. Produce tamén produtos electrónicos, equipamentos de transporte e de telecomunicación, alimentos industrializados, e é un centro de procesamento de tabaco.

A rexión metropolitana de Montreal é un dos principais centros aeroespaciais do mundo, onde está localizada a maioría das fábricas da Bombardier, empregando milleiros de traballadores. A IATA (Asociación Internacional de Transportes Aéreos) e a CAE (produtora de simuladores de voo) tamén están localizadas na cidade.

Refinarías de petróleo instaladas na cidade producen boa parte da gasolina do país. A cidade tamén é un forte centro de procesamento de alimentos, grazas á súa localización na provincia, unha das rexións máis fértiles do país.

Montreal posúe 28 estacións de radio (17 en francés, 10 en inglés e 1 bilingüe), 9 estacións de televisión (5 en francés e 4 en inglés), 4 xornais diarios (3 en francés e 1 en inglés), alén doutros xornais, publicados semanalmente, en francés, inglés e outros idiomas.

Os tres xornais diarios en francés son La Presse, Le Journal de Montréal e Le Devoir. Le Journal de Montréal é o xornal de maior circulación no Quebec, e tamén é o xornal francófono de maior circulación en América do Norte.

A Montreal Gacette é o único xornal diario publicado en inglés na cidade, e, sendo publicada por primeira vez en 1778, é tamén o xornal máis antigo da cidade.

Puntos de interese

[editar | editar a fonte]
Parque de Mont Royal.
Vista da rue Sainte-Catherine.
O Palais des Congrès de Montreal.

Montreal é o terceiro maior polo turístico do Canadá, só superado por Vancouver e Toronto. Anualmente, a cidade é visitada por millóns de turistas.

  • O centro financeiro da cidade, cos seus varios predios modernos. O edificio Ville-Marie, un dos máis altos da cidade cos seus 188 metros de altura forma o núcleo da cidade subterránea de Montreal, onde está localizada o maior shopping center subterráneo do mundo (con máis de 1.600 comercios).
  • A Vieux Montréal (Vella Montreal), un centro histórico con atraccións como o Porto antigo da cidade, o edificio Jacques-Cartier e a Basílica Notre-Dame de Montreal.
  • O Quartier international de Montréal, ou QIM (Quartier Internacional de Montreal), unha área no centro da cidade que foi revitalizada entre 2000 e 2001. Posúe varias prazas, e é onde está localizado o centro de convencións da cidade (ver abaixo).

Montreal posúe centenas de parques e áreas verdes dentro da cidade e nas varias illas cercando a illa de Montreal. Entre as máis famosas están:

  • A rue Sainte-Catherine é unha rúa comercial que atrae moitos turistas, debido aos seus comercios, teatros e restaurantes.
  • A Boulevard Saint-Laurent, a principal avenida de Montreal, á que corta nun sentido norte-sur, é unha mostra da variedade cultural da cidade, onde se localizan comercios, restaurantes e comunidades portuguesas, gregas, xudaicas, rusas, ucraínas e latinoamericanas. Alén diso, a rúa corta o centro financeiro, a Chinatown e a Pequena Italia (centro comunitario de italianos) da cidade.
  • A rue Sherbrooke, con súas tndas luxosas e as súas galerías de arte.
  • Boulevard René-Levésque, o centro financeiro da cidade, onde a maior parte dos rañaceos da cidade están localizadas.
  • O estadio olímpico, inaugurado en 1976, que posúe a maior torre inclinada do mundo, cos seus 170 metros de altura.
  • A arquitectura de moitos dos edificios de apartamentos de dous a catro andares da cidade caracterízase pola presenza de escadas fóra do edificio, co obxectivo de economizar espazo interno.
  • O Palais des Congrès, o centro de convencións da cidade, localizado no Barrio Internacional de Montreal (QIM). Foi construído antes da revitalización do QIM.
  • Montreal é un dos maiores centros homosexuais da América do Norte, posuíndo unha das maiores vilas gais do continente. O seu festival de Orgullo Gai é o segundo maior de América do Norte, só por detrás do realizado en Toronto.

Educación

[editar | editar a fonte]

Existen dous sistemas públicos de educación na cidade, un encargado de atender alumnos cuxo idioma materno é o francés, e outro para atender alumnos primariamente anglófonos. Os pais tamén poden optar por deixar os seus fillos no sistema católico de ensino, que é subsidiado polo municipio.

A taxa de alumnos estudando en escolas particulares na cidade é a maior do Canadá: aproximadamente un 24% dos alumnos residentes en Montreal estudan en escolas privadas.

Bibliotecas

[editar | editar a fonte]

O sistema bibliotecario de Montreal componse dunha biblioteca central, e outras menores ao redor da cidade. En tanto que a maioría das edicións de enciclopedias e outros libros importantes son franceses, outras coleccións, libros e revistas poden ser atopadas en inglés e mesmo noutros idiomas, das cales as máis comúns son en italiano, chinés, portugués (de Portugal), español e en árabe, entre outros.

Sistema universitario

[editar | editar a fonte]

Montreal posúe a maior poboación universitaria per-capita de América do Norte, debido ás súas catro universidades, sendo dúas delas altamente recoñecidas: a Universidade McGill (que ensina en inglés) e a Universidade de Montreal (que ensina en francés). Outras universidades na rexión metropolitana de Montreal son a Universidade Concórdia, e na cidade veciña de Longueuil, a Université de Sherbrooke á Longueuil. Montreal posúe tamén varias facultades.

Estadio olímpico de Montreal

O deporte máis famoso e practicado na cidade é o hóckey. Alén do estadio olímpico, a cidade posúe un circuíto de Fórmula 1, o Circuíto Gilles Villeneuve.

Os principais equipos da cidade son:

Transportes

[editar | editar a fonte]

Montreal é o maior polo de estradas, ferroviario e portuario do Canadá, así como o terceiro con máis movementos aeroportuarios do país, co Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau.

Transporte público

[editar | editar a fonte]
O transporte público de Montreal é un dos máis eficientes de América do Norte.

O órgano público encargado de administrar o sistema de transportes públicos de Montreal é a Société de Transport de Montréal (STM, Sociedade de Transportes de Montreal). Son un total de 361 liñas de autobús, alén de sistema de metro que posúe 64 quilómetros de lonxitude e 65 estacións, todas con acceso a liñas de autobús. O sistema de transportes públicos de Montreal é totalmente integrado, como é habitual no Canadá, e en moitas cidades dos Estados Unidos.

As estacións de metro da cidade son obras de artes coñecidas na cidade.

As estacións de metro de Montreal son verdadeiras obras de arte, grandes, usando de artificios artísticos como estatuas, pinturas e arquitectura, que lle renderon o apelido de As maiores obras de arte subterránea do mundo. De feito, todo o sistema de metro de Montreal fica abaixo do solo, co obxectivo de maximizar a temperatura dentro das estacións nos días rigorosos de inverno.

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

A cidade de Montreal é o principal centro ferroviario do Canadá, debido ao seu porto de grandes dimensións e á súa localización estratéxica no continente. A cidade é un punto de conexión para o transporte de cereais, azucre, derivados de petróleo, maquinaría e produtos acabados, obxectos de comercio non soamente con outras cidades canadenses, como tamén con cidades do interior do nordeste dos Estados Unidos. Cinco pontes ferroviarias conectan a illa de Montreal co continente.

Porto de Montreal

[editar | editar a fonte]

O porto de Montreal esténdese ao longo de 15 quilómetros na marxe surdeste do río San Lourenzo, tanto servindo a grandes navíos oceánicos de gran porte como a navíos menores adaptados para uso nos Grandes Lagos. Move preto de 23 millóns de toneladas de carga anualmente. Montreal é un dos principais centros portuarios de América do Norte, e o segundo do Canadá, só por detrás do porto de Vancouver.

Vías públicas

[editar | editar a fonte]
Vista do porto de Montreal.

Montreal é unha cidade ben servida por estradas, con seis autoestradas nacionais conectando a cidade a outras cidades canadenses, e aproximadamente 85 km de autovías cortando a cidade. Outros 60 km de autovías están localizadas nas inmediacións da cidade. Está conectada coas cidades veciñas a través de 4 pontes, en dirección á marxe sur do San Lourenzo, 6 en dirección á Laval, e 2 en dirección á marxe norte do San Lourenzo.

A pesar disto, a cidade posúe problemas de tránsito, consecuencia do gran tráfico de vehículos procedentes dos suburbios, principalmente de Longueuil, onde a anchura do Río San Lourenzo torna a construción de pontes cara e difícil.

Aeroporto Internacional Pierre-Elliott-Trudeau

Montreal éstá servida polo Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau, localizado na cidade veciña de Dorval, atendendo principalmente a voos de pasaxeiros, e polo Aeroporto Internacional Montréal-Mirabel, localizado a preto de 50 km do centro financeiro de Montreal, na cidade de Mirabel, que atende primariamente a voos de carga aérea.

  • As flores na bandeira e no selo da cidade son símbolos de Francia, de Inglaterra, Escocia e Irlanda.
  • O nome da cidade orixínase de Mont Royal, o monte onde Jacques Cartier fincara unha cruz no cumio, e que o navegador nomeou en homenaxe ao Rei que o patrocinara, Francisco I. Finalmente, o nome do monte pasaría a ser asociado tamén coa cidade.
  • O nome oficial da cidade é Montréal, segundo o goberno do Canadá e do Quebec, debendo aparecer acentuado, en todos os materiais impresos no país, sexa en inglés ou en francés. Porén, acostumase omitir o acento en materiais anglófonos, mentres que os materiais francófonos manteñen a acentuación.

Suburbios de Montreal

[editar | editar a fonte]
  Norte: Laval, Terrebonne, Repentigny, Boisbriand, Ste-Thérèse, Blainville, St-Eustache  
Oeste: Dorval, Vaudreuil-Dorion, Île-Perrot, Pincourt, Pointe-Claire Montreal Leste: Longueuil, Boucherville
  Sur: Kahnawake, Brosard, Candiac, Cháteauguay  

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]