Aleksei Abrikosov
Aleksei Alekseevich Abrikosov (en ruso: Алексей Алексеевич Абрикосов), nado o 25 de xuño de 1928 en Moscova e finado o 30 de marzo de 2017 en Palo Alto (Estados Unidos), foi un físico estadounidense, fillo do patólogo Aleksei Ivanovich Abrikosov.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse na escola secundaria en 1943 e continuou os seus estudos en enxeñaría. En 1945 trasladouse ó Departamento de Física da Universidade Estatal de Moscova, de onde se graduou en 1948 cunha mestría. En 1951 presentou a súa tese sobre a difusión térmica en plasmas total e parcialmente ionizados; así obtivo o grao de Candidato de Ciencias (Ph.D.) e foi incorporado ó persoal do Instituto como científico junior.[1]
Foi premiado co Premio Nobel de Física en 2003 polas súas contribucións á teoría dos superconductores e superfluidos.
Recibiu o Premio Landau da Academia Rusa de Ciencias en 1989.[2]
Cargos
[editar | editar a fonte]- 1950-1969: profesor titular na Universidade Estatal de Moscova.
- 1970-1972: profesor da Universidade Gorkii.
- 1976-1991: catedrático de física teórica no Instituto de Moscova de Aceiro e Aliaxes (Universidade Técnica).
- 1987: foi nomeado membro da Academia Rusa de Ciencias.[2]
- Profesor adxunto na Universidade de Illinois en Chicago e a Universidade de Utah.
- Profesor adxunto na Universidade de Loughborough, Reino Unido.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nobelprize.org. "The Nobel Prize in Physics 2003 - Autobiography" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Argonne National Laboratory (7 de outubro de 2003). "Argonne scientist wins 2003 Nobel Prize for Physics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksei Abrikosov |