Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Al-Hakam II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAl-Hakam II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 915 Editar o valor en Wikidata
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 976 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Califa de Córdova (pt) Traducir
961 (Gregoriano) – 976 (Gregoriano)
← Abd al-Rahman IIIHisham II → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCalifa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSubh Editar o valor en Wikidata
FillosHisham II Editar o valor en Wikidata
PaiAbd al-Rahman III Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Abû al-`Âs al-Mustansir bi-llah al-Hakam ibn `Abd ar-Rahman (en árabe, أبو العاص المرتضى الحكم بن هشام), máis coñecido como Al-Hakam II ou Alhakén II (Córdoba, 13 de xaneiro de 915 - 16 de outubro de 976), segundo califa omeia de Córdoba, desde o 16 de outubro de 961 até a súa morte.

Sucedeu ao seu pai Abderramán III, continuando a súa política e mantendo a paz e a prosperidade en Al-Andalus. Non só sostivo o apoxeo ao que chegou o califato co seu pai, senón que con el alcanzou o seu máximo esplendor.

Aos 8 anos foi nomeado sucesor de Abderramán III, e a súa educación foi exquisita, participando intensamente nas actividades de goberno, así como nas campañas militares, acompañando ao califa en varias ocasións.

Cando á morte de seu pai fíxose cargo do poder contaba con case 47 anos e adoptou o título de al-Mustansir Bi-llah (o que busca a axuda vitoriosa de Alá). Até entón, e pese á súa unión con Radhia, non tivo fillos. Ao chegar ao trono a descendencia facíaselle necesaria, e logrou conseguila cunha concubina escrava, de orixe vasca, chamada Subh (e tamén Zohbeya e Aurora, e a quen Al-Hakam deu o nome masculino de Chafar).

Política exterior e campañas militares

[editar | editar a fonte]

A diferenza do seu pai, Al-Hakam apoiouse en dous personaxes da corte: o xeneral Galib, un liberto de orixe eslava, e o chambelán al-Mushafi que, xunto á concubina Subh, exerceron practicamente o goberno, alcanzando altas cotas de poder.

Os reinos cristiáns

[editar | editar a fonte]

Entre as primeiras medidas que tomou ao ser nomeado califa foi a reclamación ao reino cristián de León das dez fortalezas que o seu rei, Sancho I, prometera ao seu pai Abderramán III polo apoio prestado na disputa dinástica que aquel mantivo con Ordoño IV, rei de Galicia (ou de León, segundo os historiadores), e que lle permitiu recuperar o trono.

Ante a negativa do rei leonés a cumprir a súa promesa, Al-Hakam acolleu ao deposto Ordoño IV na corte cordobesa prometéndolle repoñelo no trono, o que fixo que Sancho I se retractase e enviase unha embaixada a Córdoba coa promesa de cumprir o pactado. Porén, a morte de Ordoño IV motivou que Sancho I cambiase novamente de postura e concertase unha alianza co rei navarro García Sánchez I, co conde castelán Fernán González e co conde de Barcelona Borrell II para faceren xuntos fronte ao poderío do califa.

Al-Hakam inicia en 963, en resposta, unha ofensiva militar que culminou con éxito ao conquistar as prazas de San Esteban de Gormaz, Atienza e Calahorra o que, unido ás crises dinásticas que se abriron nos reinos cristiáns, volveu a situar ao califato cordobés na súa posición de supremacía, iniciándose un período de calma militar que se estendería até 973, cando o novo conde castelán García Fernández, que sucedera a Fernán González, aproveitando que o groso do exército califal se encontraba en África, atacou as prazas de Deza e Sigüenza, actuación que veu acompañada en 974 polo asalto do tamén novo rei de León Ramiro III da praza de San Esteban de Gormaz. O retorno do xeneral Galib da súa campaña africana puxo fin aos ataques cristiáns ao vencelos nas batallas de Langa e Estercuel.

A política africana de Al-Hakam estivo marcada polo intento de frear a expansión do califato fatimí, con capital en Kairouan, no actual Tunes, polo Magreb. Política que se viu favorecida pola conquista, en 969, de Exipto polos fatimís, que trasladaron a súa capital a O Cairo e, con iso, a súa zona de influencia lonxe do Estreito de Xibraltar.

O traslado fatimí fai que, en 972, Al-Hakam decida recuperar a súa zona de influencia no Magreb, para o cal debeu enfrontarse ao último representante da dinastía idrísí, o emir Al-Hasan ben Kannun, ao que logrou someter en 974 grazas ao envío das tropas de elite do xeneral Galib, a quen deu total liberdade, tanto para subornar como para combater inimigos. Tanto e tan ben subornou, que venceu sen apenas combater, pero gastou tanto diñeiro e de forma tan pouco controlada que o califa enviou ao seu intendente Muhammad Ibn abi-Amir para vixiar as contas. Esta foi a primeira vez que o que despois sería chamado Almanzor (Al-Mansur, o Conquistador) soubo realmente o que era un exército.

Invasión normanda

[editar | editar a fonte]

Al-Hakam tamén tivo que afrontar a ofensiva marítima dos daneses que, ao mando dun tal Gundurendo, percorrían os portos de Europa levando o terror: atacaron Lisboa en 966, pero foron derrotados fronte a Silves por unha frota que o califa desprazara desde Sevilla ao mando do seu almirante Ibn al Rumahis. Despois, Al-Hakam ordenou construír en Almería unha frota ao estilo nórdico coa intención de establecer combate en mar aberto e non esperar a estar cerca da costa ou en terra firme.

No ano 971 os viquingos intentaron unha nova incursión en Sevilla remontando o río, e o califa respondeu enviando a escuadra almeriense en axuda da sevillana, co cal os barcos viquingos, encerrados no Guadalquivir, foron totalmente aniquilados.

Política interior

[editar | editar a fonte]
Mesquita de Córdoba.
Medina Azahara.

O califato baseábase na igualdade de todos os grupos étnicos e relixiosos para acceder aos postos de goberno, acabando coa nobreza militar árabe, bérbere, eslava ou de calquera outra orixe.

O respecto aos cristiáns, aos xudeus e á inmensa parte da poboación, así como a constitución dunha burocracia meritocrática e unha clase media comercial e administrativa, foron as bases dun estado de benestar.

Obras públicas

[editar | editar a fonte]
  • Dedicouse á Mesquita de Córdoba, da que xa en vida do seu pai inspeccionaba as obras, realizando a ampliación máis bela e a decoración máis rica, derrubando o muro da quibla e estendendo o oratorio en doce cruxías, dotándoo dunha serie de lucernarios cubertos con belas cúpulas nervadas, e dunha macsura con presenza de arcos polilobulados e entrecruzados, ademais da construción do mihrab, concibido por primeira vez como unha habitación octogonal, cuxa portada foi decorada con belos mosaicos realizados por mestres bizantinos enviados polo basileus (emperador) de Constantinopla, Constantino VII.
  • Rematou a construción de Medina Azahara, co mesmo tipo de construción e decoración que a mesquita. Utilizaba as súas dependencias desde a primavera até o outono e, se algunha vez o facía en inverno, era para presidir recepcións solemnes e recibir embaixadores.
  • Reformou o Alcázar e construíu castelos por varias zonas como defensa contra os reinos cristiáns.
  • Realizou obras públicas en Córdoba, que se converteu na cidade máis importante de Europa, tanto pola súa poboación como no ámbito político e cultural. Foi a primeira cidade da península que tivo pavimentadas as súas rúas, alumeado público nocturno e unha rede de sumidoiros de augas residuais nunha rede perfectamente organizada, algo extraordinario tendo en conta a época. Tamén hai constancia de obras deste tipo noutras cidades.
  • Construíu o castelo de Baños de la Encina.

Economía

[editar | editar a fonte]

Os impostos coránicos case nunca bastaron para facer fronte ao gasto do Estado, pero a economía alcanzou un desenvolvemento insospeitado grazas á longa etapa de paz que o califato deu aos seus súbditos, o que proporcionou ao fisco uns ingresos saneados que permitiron a construción das grandes obras públicas.

Caixa de marfil e prata con decoración tallada (Medina Azahara).
  • A vida económica propiamente dita estaba baseada na agricultura e a gandaría. O cultivo de cereais e legumes foi particularmente intenso. Os excedentes de olivas, uvas e figos exportábanse, con pingües beneficios, cara a Oriente. Introduciuse o cultivo do arroz, da laranxeira e do pomelo, e construíronse sistemas canles de rega. O manto forestal alcanzou probabelmente a súa extensión máxima na península e foi aproveitado para a construción de barcos, en especial nos estaleiros de Tortosa.
  • O dominio de Marrocos e Alxeria facilitou a protección das caravanas que traían o ouro do Sudán, co cal se cuñaban moedas.
  • A gandaría estivo en mans dos bérberes. Na época de Abderramán II se introduciran os primeiros dromedarios en España, que se criaron para o exército.
  • As técnicas de extracción mineira non experimentaron avances sensíbeis con respecto aos da época romana, e os metais explotados foron os mesmos que na antigüidade: ouro e prata.
  • A industria de tipo artesán centrouse na manufactura de obxectos de luxo.
Herbolario de Al-Ándalus.

O desenvolvemento das ciencias e das letras debeuse ás facilidades que os califas Abderramán III e Al-Hakam II deron aos sabios orientais inmigrados, xa que os abásidas perseguiron sen tregua a quen cultivara o saber máis alá dos rudimentos necesarios para a solución dos problemas xurídico-relixiosos. A difusión da cultura andalusí por Europa quedou asegurada grazas ás continuas viaxes dos monxes mozárabes á España cristiá, á Marca Hispánica e até a Lorena.

  • A medicina estivo en mans dos mozárabes até mediados do século IX. Nesta época chegaron prácticos de Oriente que desprazaron aos cristiáns, e un século despois se adaptou a tradución oriental do Dioscórides á terminoloxía botánica de al-Andalus, grazas á colaboración do xudeu Hasday ibn Saprut, do monxe bizantino Nicolás e do médico musulmán Ibn Yulyul.
  • Al-Hakam fundou 27 escolas públicas nas que os eruditos ensinaban de forma gratuíta aos pobres e aos orfos a cambio de atraentes salarios, e decretou a ensinanza obrigatoria para todos os nenos.
Volume dun Corán de Al-Ándalus.
  • Creou unha biblioteca, símbolo da cultura andalusí, pluralista, tolerante e universalista, con máis de 400.000 volumes que abarcaban todas as ramas do saber. Tiña anexo un taller de escribanía con copistas, miniaturistas e encadernadores, e se coñecen os nomes das dúas copistas máis importantes: Lubna, secretaria de Al-Hakam II, e Fátima. Segundo os cronistas, nun só arrabalde da cidade podía haber unhas cento setenta mulleres dedicadas á copia de libros, o que dá unha idea da cultura á que chegou a muller cordobesa naquelas datas. Tamén tiña axentes para ollar e comprar libros no Cairo, Bagdad, Damasco e Alexandría. Desde a biblioteca subvencionaba non só aos escritores e estudosos de Al-Ándalus, senón de todo o mundo: cando soubo que Abu al-Faraj al-Isfahani comezara a súa célebre antoloxía de poesía e cancións árabes (o Libro de cantos), envioulle mil moedas de ouro para ter unha copia. Isfahani envioulle unha especial, coa xenealoxía dos Omeias, porque Al-Hakam, que leu e anotou moitos dos milleiros de libros da súa biblioteca, era un xenealoxista consumado, o máis importante que tivera esta disciplina; aínda hoxe é a máxima autoridade na materia. Pasaron séculos antes de que se reunira en España unha biblioteca como a súa, só porque escribía, perdoaba, protexía aos filósofos e pagaba a todos os poetas, incluso aos máis desvergonzados.

Sucesión

[editar | editar a fonte]

Da traxectoria deste califa, intelixente, ilustrado, sensíbel e extremadamente piadoso só cabe lamentar que reinara apenas 15 anos, e que cometera o grande erro de non nomear un sucesor capacitado e eficaz.

Quizais por sentir próxima a súa morte polo ataque de hemiplexía que sufriu, apresurouse en nomear sucesor ao seu fillo, Hisham II que, ao acceder ao trono sendo menor de idade, converteuse nunha marioneta utilizada con astucia por Al-Mansur e os seus partidarios.

As desbordadas ambicións do visir e o seu obsesivo fanatismo relixioso e militarista abocarían a Al-Ándalus a emprender continuas campañas bélicas. Xunto aos seus acólitos apropiouse da autoridade administrativa, iniciando un período de intransixencia que desencadeou graves conflitos civís e afectou moi negativamente á unidade política das diversas colectividades que integraban o conxunto social de Al-Ándalus. A continuidade do califato fíxose inviábel e comezou a súa decadencia.

Almanzor.

Durante o reinado de Al-Hakam II fixo a súa aparición na historia Muhammad Ibn abi-Amir, máis coñecido como Almanzor quen, tras realizar os seus estudos na capital califal, iniciou a súa carreira política pasando desde o posto de auxiliar do cadí de Córdoba ao de administrador do patrimonio de Subh, a concubina favorita do califa, de grande influencia política na corte e que o fixo ascender rapidamente até alcanzar, en 973, o cargo de intendente do exército na campaña africana.

Porén, o esplendor da carreira política e militar de Almanzor alcanzaríase baixo o reinado do seguinte califa, Hisham II.

Al-Hakem faleceu por un derramo cerebral en brazos de Fagil e Djahad, os seus eunucos, o 30 de setembro de 976, un ano e once meses despois de que padecera o primeiro ataque de hemiplexía.

Descrición do Califa

[editar | editar a fonte]

Fisicamente, Al-Hakam era loiro, como case todos os Omeias, pero tirando a roxo, con nariz aguileño, grandes ollos negros, meixelas fláccidas, corpulento, de pernas curtas, case imberbe, cocotudo, antebrazos demasiado longos e acusado prognatismo. A súa voz era moi forte, case estentórea.

Al-Hakem nunca tivo boa saúde. En 974 sufriu un ataque de hemiplexía do que nunca se recuperou totalmente, polo que, morto o seu primoxénito Abderramán en 970, fixo xurar a Hisham II como sucesor.

Foi un califa intelixente, ilustrado, sensíbel e extremadamente piadoso, tanto que, preocupado polo costume de beber dos seus súbditos, intentou evitalo arrincando os viñedos. Os seus conselleiros convencérono de dúas cousas: a augardente de figos emborrachaba máis, e as uvas eran necesarias para facer as pasas que se distribuían entre as tropas.

Predecesor:
Abderramán III
Dinastía dos Omeias
Califato de Córdoba

961-976
Sucesor:
Hisham II

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]