Campionato do Mundo de ciclismo en ruta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Tipo | campionato do mundo |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1921 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | uci.ch |
O Campionato do Mundo de ciclismo en ruta é unha competición ciclista organizada pola Unión Ciclista Internacional que se disputa cada ano polo mes de setembro, celebrando varias probas das diversas disciplinas de ciclismo en ruta, tanto en liña como contra o reloxo, masculino e feminino, cuxos gañadores reciben o título de "Campións do Mundo" na súa modalidade e o dereito a levar unha camisola distintiva durante todo o ano seguinte.
Unha das súas particularidades máis salientables é que os participantes defenden as cores das súas seleccións nacionais, e non as dos seus equipos, salvo na proba contra o reloxo por equipos, que se disputou ata o ano 2018. Por isto, malia ser considerada unha das citas máis importantes do ano no ciclismo internacional, os resultados do Campionato do Mundo non están incluídos na clasificación do UCI World Tour.
A proba raíña do campionato é a carreira en liña sénior masculina, que se ven disputando dende 1927 coa excepción dos anos da segunda guerra mundial. Nesta modalidade acadaron tres vitorias o italiano Alfredo Binda, os belgas Rik Van Steenbergen e Eddy Merckx, e o español Óscar Freire.
A muller con máis triunfos é a francesa Jeannie Longo que acadou cinco ouros na proba en ruta e outras carte na loita contra o crono, ademais de varios segundos e terceiros postos fazendo un total de dezaseis medallas[1].
Participantes
[editar | editar a fonte]Cada selección pode empregar unha cantidade de corredores determinada:
- Carreira en liña elite masculina: 9, 6, 3 ou 1 corredores segundo a clasificación UCI de cada país.
- Carreira en liña elite feminina e sub-23: 5 corredores por país.
- Carreira contra o reloxo: 2 corredores por país.
Edicións
[editar | editar a fonte]Ano | Cidade | |
---|---|---|
1921 | Copenhague | |
1922 | Liverpool | |
1923 | Zürich | |
1924 | París | |
1925 | Apeldoorn | |
1926 | Milán | |
1927 | Nürburgring | |
1928 | Budapest | |
1929 | Zürich | |
1930 | Liexa | |
1931 | Copenhague | |
1932 | Roma | |
1933 | Montlhéry | |
1934 | Leipzig | |
1935 | Floreffe | |
1936 | Berna | |
1937 | Copenhague | |
1938 | Valkenburg | |
1939-45 | Non se disputou | |
1946 | Zürich | |
1947 | Reims | |
1948 | Valkenburg | |
1949 | Copenhague | |
1950 | Moorslede | |
1951 | Varese | |
1952 | Luxemburgo | |
1953 | Lugano | |
1954 | Solingen | |
1955 | Frascati | |
1956 | Copenhague | |
1957 | Waregem |
Ano | Cidade |
---|---|
1958 | Reims |
1959 | Zandvoort |
1960 | Chemnitz |
1961 | Berna |
1962 | Salò |
1963 | Ronse |
1964 | Sallanches |
1965 | Donostia |
1966 | Nürburgring |
1967 | Heerlen |
1968 | Ímola |
1969 | Zolder |
1970 | Leicester |
1971 | Mendrisio |
1972 | Gap |
1973 | Barcelona |
1974 | Montreal |
1975 | Yvoir |
1976 | Ostuni |
1977 | San Cristóbal |
1978 | Nürburgring |
1979 | Valkenburg |
1980 | Sallanches |
1981 | Praga |
1982 | Goodwood |
1983 | Altenrhein |
1984 | Barcelona |
1985 | Giavera del Montello |
1986 | Colorado Springs |
1987 | Villach |
1988 | Ronse |
Ano | Cidade |
---|---|
1989 | Chambéry |
1990 | Utsunomiya |
1991 | Stuttgart |
1992 | Benidorm |
1993 | Oslo |
1994 | Agrigento |
1995 | Duitama |
1996 | Lugano |
1997 | Donostia |
1998 | Valkenburg |
1999 | Verona |
2000 | Plouay |
2001 | Lisboa |
2002 | Zolder |
2003 | Hamilton |
2004 | Verona |
2005 | Madrid |
2006 | Salzburgo |
2007 | Stuttgart |
2008 | Varese |
2009 | Mendrisio |
2010 | Melbourne |
2011 | Copenhague |
2012 | Valkenburg |
2013 | Florencia |
2014 | Ponferrada |
2015 | Richmond |
2016 | Doha |
2017 | Bergen |
2018 | Innsbruck |
2019 | Yorkshire |
Vixentes campións
[editar | editar a fonte]Proba | Campión |
---|---|
Ruta masculina | Mads Pedersen |
Contra o reloxo masculina | Rohan Dennis |
Ruta feminina | Annemiek van Vleuten |
Contra o reloxo feminina | Chloé Dygert |
Ruta sub-23 masculina | Samuele Battistella |
Contra o reloxo sub-23 masculina | Mikkel Bjerg |
Ruta júnior masculina | Quinn Simmons |
Contra o reloxo júnior masculina | Antonio Tiberi |
Ruta júnior feminina | Megan Jastrab |
Contra o reloxo júnior feminina | Aigul Gareyeva |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Categoría elite masculina
[editar | editar a fonte]- Carreira en liña sénior masculina[2]
- Contra o reloxo sénior masculina[3]
Categoría elite femenina
[editar | editar a fonte]- Carreira en liña sénior femenina[4]
- Contra o reloxo sénior feminina[4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jeannie Longo". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "World Championships - Road Race | Top 3 per edition". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "World Championships - ITT | Top 3 per edition". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ 4,0 4,1 "World Championships WE - Road Race | Top 3 per edition". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-25.