Stefan Schumacher
Stefan Schumacher, nado o 21 de xullo de 1981 en Ostfildern, é un ciclista alemán.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Stefan Schumacher debutou profesionalmente no ciclismo en 2002, no equipo ciclista Deutsche Telekom. En 2003 ficha polo Lamonta[1]. En 2004 consegue a primeira vitoria como profesional ao gañar unha tirada da Volta a Baviera, e ese mesmo ano consegue o subcampionato alemán de ciclismo en estrada e é seleccionado dentro do equipo alemán para os mundiais de Verona. Ficha entón polo Shimano[2], e consegue na primavera de 2005 as vitorias na Volta á Baixa Saxonia e na Volta á Renania-Palatinado. Pero nunha das tiradas desta proba fáiselle un control antidopaxe e atópanlle catina, ao parecer procedente dun medicamento que lle receitara a súa nai para combater a alerxia ao pole[3]. Despois duns meses sen poder conseguir, asina un contrato co equipo Gerolsteiner[4].
En 2006 vence en dúas tiradas do Giro de Italia, e leva por dous días o mailló rosa de líder provisional. Nas grandes probas alterna bos resultados nos espríns con grandes performances nas contra o reloxo. Vence ese mesmo ano, na última tirada, e por un segundo, a Volta ao Benelux, despois de derrubar accidentalmente o líder, o francés George Hincapie, preto da chegada[5]. Meses despois consegue a vitoria na Volta a Polonia e vence ademais en dúas tiradas.
En 2007 compite en varias probas medianas con éxito, e obtén a vitoria na clásica Amstel Gold Race. Vence na Volta a Baviera e logo nese ano fai o seu primeiro Tour de Francia, sen demasiado éxito, perdendo moito tempo na montaña, e remata 89º. Participa na Volta a España e abandónaa antes de rematar para participar nos mundiais de Stuttgart, onde consegue a medalla de bronce[6]. Algúns días despois de colleitar ese éxito, a Federación Alemá de Ciclismo anuncia que detectou, uns días antes dos mundiais, unha taxa de hematocrito demasiado elevado no seu sangue, que foi atribuído a unha diarrea[7]. Aínda que a Unión Ciclista Internacional lle dá a razón, eses mesmos días ten un accidente de coche e no control de alcolemia policial posterior atópaselle unha taxa de alcol ilegal para conducir e a presenza de anfetaminas[8], se ben como era en época de non competición non foi considerado dopaxe.
En 2008 vence nas dúas contra o reloxo do Tour, disputada a primeira delas en Cholet e a segunda con chegada en Saint-Amand-Montrond.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «More riders for Lamonta», Cyclingnews.com, 24/11/2003.
- ↑ «Shimano gets Schumacher», Cyclingnews.com, 10/12/2004.
- ↑ « Schumacher acquitted », Cyclingnews.com, 15/9/2005.
- ↑ « Schumacher to Gerolsteiner for three years », Cyclingnews.com, 3/11/2005.
- ↑ « Schumacher wins Eneco Tour in bizarre finish », Cyclingnews.com, 23/08/2006.
- ↑ « Italian Paolo Bettini prevails in Stuttgart » Arquivado 01 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Cyclingnews.com, 30/9/2007.
- ↑ « Schumacher presents blood values », Cyclingnews.com, 27/11/2007.
- ↑ « Cyclisme: Amphétamines chez Schumacher après un contrôle policier », La Dernière Heure/Les Sports, 8/1/2008.