Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ucraíno
українська мова / ukrayins'ka mova
Pronuncia:[ʊkrɐˈjinʲsʲkɐ ˈmɔwɐ]
Falado en: Ucraína, Transnistria
Recoñecido como lingua minoritaria en Moldova, Hungría, Serbia,[1] Polonia,[1] Romanía,[1] Croacia,[1] Eslovaquia,[1] Bosnia e Hercegovina,[1] República Checa[2]
Rexións: Europa
Total de falantes: 37 millóns (2007)
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslavo oriental
    Ucraíno
Status oficial
Lingua oficial de: Ucraína Ucraína
Transnistria Transnistria (estado de facto non recoñecido)
Regulado por: Academia Nacional de Ciéncias de Ucraína
Códigos de lingua
ISO 639-1: uk
ISO 639-2: ukr
SIL: RUS
Mapa
Status

O ucraíno está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua ucraína[4] (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o belaruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Unha muller falando a lingua ucraína.

Características

[editar | editar a fonte]

O idioma ucraíno é falado por case cincuenta millóns de persoas en todo o mundo, incluíndo 37,5 millóns en Ucraína (77,8% da poboación ucraína total). Mais só na Ucraína occidental é a lingua que prevalece sobre o ruso. En Kíiv fálanse ambas linguas, un cambio notable dende o pasado recente, cando a cidade era principalmente rusoparlante. O cambio foi causado en gran medida pola influencia da poboación rural e as migracións dende as rexións occidentais de Ucraína. No norte e centro de Ucraína, o ruso é a lingua da poboación urbana, mentres que o ucraíno é moito máis común nas zonas rurais. No sur e leste de Ucraína, o ruso prevalece incluso nas áreas rurais, e en Crimea, onde nunca se falou, o ucraíno está case ausente. En 2019 entrou en vigor unha lei para facer do ucraíno a única lingua estatal de Ucraína.

A a Б б В в Г г Ґ ґ Д д Е е Є є Ж ж З з И и
A a B b V v J j G g D d E e Ye Zh Z z Ɨ ɨ
I i Ї ї Й й К к Л л М м Н н О о П п P p С с
I i Yi I i K k L l M m N n O o P p R r S s
Т т У у Ф ф Х х Ц ц Ч ч Ш ш Щ щ Ю ю Я я Ь ь  ' 
T t U u F f J j Ts Ch Sh Shch Yu Ya

O "Ь ь" non ten son. A súa función é a de palatizar outras letras, como por exemplo, o Л л (L) e o Н н (N). É dicir, нь lese ñ (como en España) e ль lese ll (como en consello). Tamén pode cambiar un pouco o son doutras consoantes.

O Г г en ucraíno ten un son moi similar ao dun g galego nas zonas dialectais que presentan "geada"; tanto no medio de dúas vogais como ao inicio de palabra. O son do "g" sen geada, escríbese coa letra Ґ ґ, pero raramente usan esa letra, usando simplemente a Г г, aínda que teña valor fonético diferente.

O Й й ten o son dun i, pero curto, como en "xeito" ou "Mario"

O  '  simboliza unha pausa curta.

Ao longo da historia existiron varias propostas para un alfabeto latino ucraíno.

Grupos de variantes

[editar | editar a fonte]
Mapa das variantes e subgrupos do ucraíno (2005).      Grupo setentrional     Grupo sur-oriental     Grupo sur-occidental
  • Grupo setentrional
    • Polesio
      • Polesio occidental
      • Polesio central
      • Polesio oriental
  • Grupo sur-oriental
    • Dniéper (poltavo)
    • Slobozhano
    • Estepa
  • Grupo sur-occidental
    • Volinio
    • Nadsiano
    • Galitziano (ou do Dniéster superior)
    • Lemko
    • Boiko
    • Transcarpático
      • Doliniano
    • Hutsúl
    • Bucovino (pocutio ou pocutio-bucovino)
    • Podolio
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Council of Europe (ed.). "List of declarations made with respect to treaty No. 148 (Status as of: 21/9/2011)". Arquivado dende o orixinal o 22-05-2012. Consultado o 08-11-2013. 
  2. Vlada.cz (ed.). "National Minorities Policy of the Government of the Czech Republic". Consultado o 08-11-2013. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]