Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Linguas indoeuropeas

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Distribución actual das linguas indoeuropeas en Eurasia:      Albanés      Armenio      Baltoeslavo (Bálticas)      Baltoeslavo (Eslavas)      Célticas      Xermánicas      Helénicas (Grego)      Indoiranias (Indoarias, iranias e nuristanias)      Itálicas (Románicas)      Linguas non indoeuropeas

En lingüística, desígnase por linguas indoeuropeas a unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoindoeuropeo, que se falou alá polo 5000 a.C. (moito antes da invención da escrita) nun territorio próximo ao mar Negro. Agrupan preto dun milleiro de linguas faladas hoxe en día por tres mil millóns de individuos en todos os continentes (sobre un 40-45% da poboación mundial.[1]

O indoeuropeo é unha familia lingüística ampla que engloba a maior parte das linguas europeas antigas e actuais. Ten este nome porque a rexión xeográfica na que se teñen desenvolvido estas linguas esténdese desde a Europa ata a India setentrional. Son preto de 450 linguas, faladas actualmente por 3.000 millóns de persoas en todo o mundo. Este termo, orixinalmente lingüístico, aplícase tamén á cultura da que se cre que parten todas estas linguas, e que se localiza na rexión do mar Negro arredor do V milenio a.C.

A existencia desta familia lingüística propúxose a finais do século XVIII. William Jones, un xuíz británico na India, observou as semellanzas consistentes que se daban entre o sánscrito, o grego, o persa e o latín. Estimouse que estas afinidades só se podían deber a unha orixe común. Á lingua da que derivaban chamóuselle primeiro indoxermánico, durante un tempo indoario e finalmente indoeuropeo, conforme se ampliaba o número de linguas que mostraban esas semellanzas sistemáticas. Cando a arqueoloxía sacou á luz textos escritos en linguas anteriormente descoñecidas, como as anatolias e as tocarias, probouse que tamén compartían este parentesco común.

As linguas indoeuropeas son xeralmente clasificadas en grandes grupos pero unha das distincións máis importantes concirne á oposición entre as linguas satem no leste (grupos baltoeslavo, indoiranio e armenio) e as linguas centum no oeste (grupos grego, itálico, céltico e xermánico), en razón do diferente tratamento dos sons velares en preindoeuropeo. Á parte están os grupos anatolio, tocario e albanés. Esta división entre centum e satem é a clásica dentro da gramática histórica, aínda que hoxe a tendencia é a non tela en conta.

Linguas indoeuropeas

O indoeuropeo

[editar | editar a fonte]

Chámase indoeuropeo común, ou simplemente indoeuropeo (abreviado habitualmente como IE) a unha lingua prehistórica reconstruída a partir da comparación entre as linguas antigas e actuais das que estas proveñen. O indoeuropeo, que nunca foi escrito, é a lingua suposta que está nas orixes de todas as linguas indoeuropeas. O método que permitiu reconstruír esta protolingua repousa esencialmente sobre a lingüística comparada, na que a fonética histórica ten un papel fundamental.

A descuberta deste grupo débeselle a Marcus Zuerius van Boxhorn, aínda que o seu traballo non chamou a atención dos seus contemporáneos e o mérito recae sobre William Jones.

O adxectivo indoeuropeo serve tamén para designar os pobos que utilizaban as linguas indoeuropeas, e en concreto os pobos da Antigüidade (como os hititas, os gregos, os arios ou indoiranios, os celtas etc).

Sobre a localización do pobo prehistórico que falaba o indoeuropeo común non hai un acordo xeralmente admitido. As teses mellor argumentadas son as seguintes:

  • Marija Gimbutas sitúao na Rusia meridional e na Ucraína. Estaría na orixe da cultura dos kurgans, aparecida cara ao ano 5000 a.C. Esta tese conta co apoio de numerosos especialistas;
  • Para Colin Renfrew, este pobo estaría nas orixes do Oriente Medio e a súa expansión tería coincidido coa da agricultura, que apareceu nesta rexión antes da cultura dos Kurgans.
  • Gamkrelidze e Ivanov sitúan o fogar deste pobo na Anatolia, nun país de montañas altas. Esta tese repousa sobre consideracións lingüísticas, mais non de bases arqueolóxicas (admitido polos propios autores).
  • Segundo Janos Harmatta, os indoiranios terían fundado a cultura dos Kurgan. De feito, os iranios son os habitantes coñecidos máis antigos da Rusia meridional. Estaban en concreto os cimerios, pobo de lingua irania.

A tese de Marija Gimbutas goza hoxe en día de maior aceptación debido a que:

Reconstrución do indoeuropeo

[editar | editar a fonte]

Non se pode reconstruír máis do que un esqueleto da lingua na súa fonoloxía, léxico e morfoloxía, principalmente. As investigacións actuais tentan recuperar determinados puntos de sintaxe e de poética e non unha descrición precisa. Dado que non fican restos documentais de ningún tipo, todas as reconstrucións son hipotéticas e por esa razón as formas do indoeuropeo débense escribir precedidas dun asterisco, que indica o seu carácter suposto e non testemuñado.

Existen varias maneiras de notar os étimos segundo o seu grao de precisión. Por exemplo, a palabra que significa "nai" pódese escribir como *mātēr ou, con máis precisión (e seguindo as teses laringalistas), méħ2tēr (ou ben, con outras convencións tipográficas, méH2tēr, méh2tēr). Isto resulta máis claro co étimo de "sol": séh2-ul, *séħ2-ul, *sāul- etc.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Os distintos subgrupos da familia indoeuropea inclúen (seguindo a orde cronolóxica dos seus primeiros textos ou inscricións):

En adición á lista das dez ramas clásicas, existiron tamén varias linguas pouco coñecidas:

  • Linguas ilirias — posiblemente relacionadas co mesapio ou venético; tamén se ten relacionado co albanés.
  • Lingua venética — parecida ao itálico.
  • Lingua liburnia — aparentemente asociada co venético.
  • Lingua mesapia — non descifrado concisamente.
  • Lingua frixia — lingua da antiga Frixia, posiblemente parecida ao grego, tracio ou armenio.
  • Lingua peonia — lingua extinta que se chegou a falar ao norte de Macedonia.
  • Lingua tracia — posiblemente parecida ao dacio.
  • Lingua dacia — posiblemente parecida ao tracio ou ao albanés - ou a ambas.
  • Lingua macedonia antiga — relacionada co grego; algúns autores propoñen relacións co ilirio, tracio ou frixio.
  • Lingua ligur — posiblemente non indoeuropea; atópanse coincidencias con celta.
  • Lingua lusitana — posiblemente relacionada ao (ou a parte do) celta, ou ligur, ou itálico.

Árbore xenética das linguas indoeuropeas

[editar | editar a fonte]

As linguas indoeuropeas inclúen unhas 443 linguas e dialectos falados por preto de 3.000 millóns de persoas (segundo estimación do SIL), incluíndo a maioría das principais familias lingüísticas de Europa e occidente de Asia, as cales pertencen a unha única superfamilia. Cada subfamilia nesta lista contén moitos subgrupos e linguas individuais.

Grupo anatolio ou grupo de linguas anatolias

[editar | editar a fonte]

Grupo indoiranio

[editar | editar a fonte]

Grupo grego

[editar | editar a fonte]

Grupo itálico

[editar | editar a fonte]

Grupo paleo-balcánico

[editar | editar a fonte]

Cada unha pode pertencer á súa propia subfamilia das linguas indoeuropeas, ou estar relacionadas a outras ramas. O macedonio antigo e o frixio ás veces son considerados coma moi relacionados ao grego antigo.

Grupo celta

[editar | editar a fonte]

Grupo xermánico

[editar | editar a fonte]
Distribución das linguas xermánicas en Europa.

Grupo tocario

[editar | editar a fonte]

Grupo armenio

[editar | editar a fonte]

Grupo balto-eslavo

[editar | editar a fonte]

Grupo albanés

[editar | editar a fonte]

A título ilustrativo, as palabras "nai" e "sol" preséntase, baixo unha forma máis ou menos alterada en relación ao seu étimo, nas linguas IE seguintes:

Indoeuropeo: méħ2tēr, "nai":

E a palabra "sol":

Indoeuropeo: *
  • avéstico (gātico): huuarǝ;
  • sánscrito:
    • védico: svàr स्व॑र्, súvar सुव॑र्, sū́rya- सूर्य॑,
    • clásico: sū́ra- सूर॑;
  • gótico: ����� sauil, ����� sunnō;
  • inglés antigo: sunne; inglés: sun;
  • alto-alemán antigo: sunna, alemán: Sonne;
  • neerlandés: zon;
  • islandés: sól ;
  • dinamarqués, noruegués, sueco: sol;
  • grego:
    • homérico: ἡέλιος / hēélios e ἠέλιος / ēélios,
    • cretense e panfilio: ἀϐέλιος / avélios,
    • ático: ἥλιος / hḗlios,
    • dorio literario: ἀέλιος / haélios e ἅλιος / hálios,
    • arcadio: ἀέλιος / aélios,
    • lésbico: ἀϜέλιος / avélios,
Consultar Dialectos gregos para maiores detalles sobre estas linguas.

Esta lista é aberta e non comprensiva.

Linguas indoeuropeas cuxa relación ás outras linguas na familia non é clara

[editar | editar a fonte]

Principais leis lingüísticas relacionadas coa fonética histórica das linguas IE

[editar | editar a fonte]

Indícase entre parénteses a área de extensión da lei.

  1. Lei das dentais en contacto (IE).
  2. Lei de Bartholomae (indoiranio).
  3. Lei de Bartsch (francés antigo).
  4. Lei de Brugmann (indoiranio).
  5. Lei de Caland-Wackernagel (IE; A lei de Wackernagel aplícase ó protoindoeuropeo).
  6. Lei de Grassmann (grego e indoiranio).
  7. Lei de Grimm (xermánico común e armenio).
  8. Lei de Hirt (baltoslavo).
  9. Lei de Lachmann (latín).
  10. Lei de Leskien (balto).
  11. Lei de limitación (grego).
  12. Lei de Lindeman (IE).
  13. Lei de Meillet (balto-eslavo).
  14. Lei de Osthoff (grego).
  15. Lei de Pinault (IE).
  16. Lei de redución das velares (IE).
  17. Lei de Saussure (balto).
  18. Lei de Siebs (IE).
  19. Lei de Siever (IE).
  20. Lei de Stang (IE).
  21. Lei de Rix (grego).
  22. Lei de Verner (xermánico común).
  23. Lei de Winter-Kortlandt (baltoeslavo).
  24. Lei ruki (linguas satem).
  25. Segunda mutación consonántica (alto alemán).

Outras áreas de investigación

[editar | editar a fonte]

Ademais dos aspectos lingüísticos, o IE permite atopar unha simboloxía común aos pobos IE, o que se estuda, entre outras, na mitoloxía comparada, a poética comparada e mesmo no estudo das institucións indoeuropeas.

Notas

  1. Crystal, p. 283

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]