Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

José Adrio Barreiro

avogado e político galego

José Adrio Barreiro, nado en Pontevedra en 1910 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Adrio Barreiro
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, execución por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
19 de marzo de 1936 – 26 de marzo de 1936
← Luis Fontaíña SerrapioMaximiliano Pérez Prego →
Gobernador civil da provincia de Ourense
1933 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsGonzalo Adrio Barreiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8144

Traxectoria

editar
 
Sepulcro no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, xunto a súa muller e o seu sogro.

Fillo de José Adrio Mañá e irmán de Francisco (veterinario) e Gonzalo Adrio Barreiro (avogado). Foi Gobernador Civil de Ourense en 1933. Nas eleccións de novembro de 1933 integrou a candidatura do Partido Republicano Radical Socialista con Celestino Poza Cobas e Benito Méndez Rodríguez.[1] Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado membro da xestora da Deputación de Pontevedra e elixido presidente o 19 de marzo[2]. Cesou o 26 de marzo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[3] Dirixente de Unión Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado e condenado á pena de morte. Foi fusilado o 12 de novembro de 1936.


Predecesor:
Luis Fontaíña Serrapio
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Maximiliano Pérez Prego

Vida persoal

editar

Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (tamén asasinado).

Galería de imaxes

editar
  1. El Pueblo Gallego, 16-11-1933, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p, 12.
  3. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar