Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Provincia de Pontevedra

provincia galega

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828 habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022). É a provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Pontevedra
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°26′N 8°38′O / 42.43, -8.63
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor en Wikidata
CapitalPontevedra Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación944.275 (2021) Editar o valor en Wikidata (210,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.495 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoSerra do Faro (1.187 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-PO Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES114 Editar o valor en Wikidata
Código INE36 Editar o valor en Wikidata

Páxina webdepo.gal… Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, por Francisco Coello, 1856.

Historia

editar

Demografía

editar

A súa poboación é de 945.408 habitantes en 2020 (456.452 homes e 488.956 mulleres). Representa o 34,99 % da poboación galega aínda que, en superficie, Pontevedra só supón o 15,2 %. A cidade máis grande e poboada da provincia é Vigo.

Evolución da poboación de Provincia de Pontevedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
457.262 568.011 671.609 859.897 930.931 959.764 963.511 958.428 955.050 950.919 947.374 944.346 942.731 941.772 942.665 945.408
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Obsérvase un crecemento demográfico constante desde os censos que tiña xa no XIX (457.262 habitantes en 1900, 641.763 en 1940), atenuándose o incremento notablemente entre os anos 1940 e 1960 a consecuencia da emigración a Europa e a outras zonas de España. Esta tendencia estabilizadora rómpese co desenvolvemento industrial de Vigo que, nos últimos decenios do século XX, permite incrementos no censo de ata o 13 % entre os anos 70 e 80. A partir deste momento prodúcese unha nova desaceleración (a poboación crece só un 2 % entre os anos 1990 e 2000) mantendo unha liña ascendente até o ano 2011.

Pontevedra é a segunda provincia máis poboada da Comunidade e tamén a máis pequena, cunha densidade de poboación en 2020 de 210,34 habitantes por km², fronte á media de 91,36 no conxunto de Galicia. A poboación distribúese de forma moi irregular e aparece concentrada nos municipios costeiros: só Pontevedra e Vigo concentran o 40,19 % dos habitantes da provincia.

 
Evolución demográfica de Vigo desde 1900.

A concentración de habitantes en Vigo [1] trouxo consigo a demanda desta cidade de situar alí certos servizos administrativos. Tanto a Administración autonómica como a periférica estatal localizaron en Vigo diversas unidades administrativas, como a Delegación Provincial de Pesca. Este fenómeno tamén deu pé a movementos sociais que reivindican a capitalidade ou a creación dunha quinta provincia galega que acolla a Vigo e a súa área de influencia. Coa reforma da estrutura orgánica periférica da Xunta aprobada polo goberno de Feijóo a principios de 2009, Vigo equipárase ás catro capitais de provincia coa creación de cinco Delegados do Goberno.

Xeografía

editar

A extensión xeográfica da provincia é de 4.494,64 km², o que a converte nunha das provincias menos extensas de España, só por riba das provincias vascas e canarias.

Xeoloxicamente, considérase dividida en tres seccións verticais: unha zona costeira cara a occidente, unha zona de montaña cara a oriente e unha depresión central.

 
Rías baixas galegas, con indicación dos ríos e illas.

A fachada marítima está formada por 398 km de costas peninsulares e 109 km de costas insulares, entre a ría de Arousa (que separa Pontevedra da Coruña) e a desembocadura do Miño (que a separa de Portugal). Outras rías definitorias da costa pontevedresa son a de Pontevedra e a de Vigo. Constitúen o conxunto denominado Rías Baixas e son as rías galegas máis grandes: de entre 20 e 30 km de lonxitude e de profundidades que chegan a supera-los 50 metros. Fronte a estas rías distribúese un importante número de illas e illotes, entre as que cómpre destaca-los arquipélagos de Ons e as Cíes, así como as illas de Cortegada, Malveiras, Arousa, A Toxa, Tambo, San Simón e Toralla.

A partir deste bordo costeiro ábrese unha chaira cunha altitude media que varía entre os 100 metros na foxa de Caldas ós 500-800 metros no centro e sur. Nesta chaira elévanse alturas residuais como os montes Xiabre, Castrove, o Galiñeiro ou A Groba.

Cara ó leste érguese unha zona montañosa conformada polas cadeas de Farelo, Faro, Candán ou do Suído, entre outras.

Hidrografía

editar

A provincia está percorrida por diversos ríos, todos eles de dirección leste-oeste, de caudal abundante e regular. Son o Ulla (que marca o límite coa provincia da Coruña), o Umia, o Lérez, o Verdugo, o Oitavén e o Miño (que marca o límite con Portugal). A esta rede fluvial hai que sumar numerosos cursos menores que van desemboscar na costa atlántica.

Cómpre destaca-los encoros de Portodemouros (no río Ulla), Eiras (no río Oitavén), Pontillón, Caldas e Zamáns.

Climatoloxía

editar

O clima dominante é o atlántico temperado húmido, normalmente benigno polo efecto moderador oceánico. Tendo en conta os datos procedentes da estación de Lourizán (representativos das Rías Baixas) e de Mouriscade (Lalín) (representativos da zona alta do interior), a temperatura media oscila en torno ós 15 °C. As máximas superan os 30 °C en xullo e agosto e as mínimas chegan ós 0 °C en xaneiro, aínda que no interior poden chegar a -14 °C.

As choivas son abondosas, polas de masas de aire húmidas introducidas polas correntes de suroeste que penetran facilmente ó longo das rías. As cifras medias oscilan entre os 1.500 e os 2.000 milímetros de auga anuais na costa e superan os 2.000 mm no interior montañoso, onde non son raras as precipitacións en forma de neve. As néboas son un fenómeno habitual, sobre todo ó longo dos ríos.

Espazos naturais

editar
 
Illas Cíes.

As condicións orográficas e climatolóxicas permitiron un alto nivel de biodiversidade en distintas zonas da provincia, algunhas delas recoñecidas como espazos naturais con diferente grao de protección:

Economía

editar

Divisións administrativa e relixiosa

editar
 
Mapa dos concellos de Pontevedra distribuídos por comarcas.

Pontevedra divídese en 61 concellos (véxase a lista de concellos de Pontevedra), distribuídos en 10 comarcas [3]:

Así mesmo, a provincia está dividida en 7 partidos xudiciais (Cambados, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui e Vigo).

Os concellos pontevedreses distribúense en tres dioceses: de Tui-Vigo: ao sur da ría de Vigo e o río Verdugo, de Lugo: a comarca do Deza, e de Santiago de Compostela: resto da provincia.

  • Lista dos concellos da provincia con máis de 10 000 habitantes en 2022:
 
     PSdeG      PPdeG      BNG      En Marea      CxG      Converxencia 21      Sanxenxo Agrupación Liberal      Independientes Ribadumia      Alternativa Canguesa de Esquerdas      Movemento Salceda
Posición Concello 2022
Vigo 292 374
Pontevedra 82 828
Vilagarcía de Arousa 37 677
Redondela 29 055
Cangas 26 832
Marín 24 034
Ponteareas 23 049
O Porriño 20 408
Lalín 20 201
10º A Estrada 20 106
11º Moaña 19 474
12º Nigrán 18 054
13º Sanxenxo 17 760
14º Tui 17 375
15º Poio 17 276
16º Mos 15 199
17º Gondomar 14 970
18º Tomiño 13 779
19º Cambados 13 671
20º Baiona 12 349
21º Bueu 11 978
22º O Grove 10 809
23º Vilanova de Arousa 10 240
24º Salvaterra de Miño 10 079
25º A Guarda 10 013

Símbolos de Pontevedra

editar
 
Escudo da cidade de Pontevedra.

No escudo de Pontevedra represéntase, sobre fondo azul, unha ponte de tres ollos, con elementos da muralla nos extremos da ponte e un cruceiro no centro. Estes mesmos elementos forman o escudo da capital.

  1. Vigo creceu desde os 30.000 habitantes en 1910 a 297.241 en 2011.
  2. Compartido coa provincia da Coruña.
  3. Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gran Enciclopedia Galega, s. v. Pontevedra
  • LEIRO, Adela; DAPORTA, Mon e CAAMAÑO RIVAS, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo, 2003.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar