Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Luis Poza Pastrana

médico e político galego

Luis Poza Pastrana, nado en Pontevedra en 1909 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaLuis Poza Pastrana
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCelestino Poza Cobas Editar o valor en Wikidata
IrmánsCelestino Poza Pastrana Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 72

Traxectoria

editar
 
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.
 
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Fillo de Celestino Poza Cobas. Médico no Hospital Provincial de Pontevedra. Socio do Centro Republicano, militou primeiramente no Partido Radical-Socialista, e ingresou posteriormente no Partido Galeguista (o 1 de agosto de 1935). Era membro do Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra (con Luciano del Río, Evaristo Mosquera Martínez, Javier Andrade Cimadevila, Bernardo Salom de la Hoz e Tabucho Pintos Fonseca), e foi un dos que recibiu en Pontevedra, o 19 de novembro de 1932, a Federico García Lorca. Nas eleccións de febreiro de 1936 participou como orador en mitins da Fronte Popular.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936. Foi destituído da súa praza de médico o 18 de agosto de 1936.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar