Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Bertrand Gachot nado o 23 de decembro de 1962[1] é un expiloto de carreiras francés.

Modelo:BiografíaBertrand Gachot

(1991) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Luxemburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, empresario Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Andaina

editar

Gachot naceu en Luxemburgo o 23 de decembro de 1962, fillo dun funcionario da Comisión Europea e nai alemá. Comezou no karting á idade de 15 anos. En 1983 asistiu á escola de Winfield, unha escola ben coñecida de pilotaxe de carreiras en Francia. Logo disto, centrouse na súa andaina nas carreiras, competindo primeiro na Fórmula Ford 1600 series. En 1986, gañou o campionato de fórmula Ford do Reino Unido.

En 1987, Gachot participou na serie inglesa da Fórmula 3, acabando en segundo lugar no campionato co equipo West Surrey Racing team. En 1988, cambiouse á serie da Formula 3000, onde tivo certo éxito.

Fórmula Un

editar

Gachot foi considerado un dos pilotos novos máis prometedores do deporte. Asinou polo recentemente formado equipo Onyx, xogou un papel para atraer o patrocinio do equipo Moneytron do errático Jean-Pierre Van Rossem e asociouse co experimentado Stefan Johansson. O equipo estaba ben financiado pero tardou en preparar o seu auto. Como novo participante enviárono ás sesións de pre-cualificación do venres moi concorridas e non foi ata o GP de Francia que Gachot entrou na grella. Alí impresionou, comezando 11º (dous lugares por diante de Johansson) e correu nos puntos ata que problemas na batería fixérono caer ata o décimo terceiro e último posto. Malia cualificar para catro dos seguintes cinco eventos foi despedido por van Rossem logo de queixarse da súa falta de tempo de proba. As súas queixas privadas foron publicamente transmitidas nun comunicado de prensa de Onyx e foi substituído por JJ Lehto. Gachot entón atopou asento co moribundo equipo Rial Racing para as dúas carreiras finais da tempada, non cualificou o seu vello chasis para ningunha carreira. O equipo desapareceu durante o inverno.

1990 foi inicialmente máis prometedor cando cambiou ao equipo Coloni. O pequeno equipo italiano asinara un acordo exclusivo con Subaru para usar o novo deseño de Carlo Chiti construído por Motori Moderni do motor 1235 12 en liña. E Gachot foi seleccionado para pilotar o único coche. Con todo, o motor era moi pesado e pouco potente, dando como resultado un coche de mal-manexo que funcionou rara vez funcionaba máis que algunhas voltas e Gachot non parecía pasar da precualificación. Na primeira carreira da tempada, a panca de cambios de Gachot rompeuse na súa primeira volta e non puido establecer un tempo representativo.[2] Subaru retirouse totalmente despois do Gran Premio do Reino Unido. Despois de que o coche montou un motor Cosworth DFR e as actuacións melloraron. A retirada de Onyx ironicamente levaron a Gachot ás sesións de cualificación principais, pero o coche aínda non era o suficientemente rápido e non puido cualificar para a grella en toda a tempada.

 
Gachot pilotando un Jordan no seu debut na F1 no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991.

Malia isto Gachot aínda era altamente considerado e asinou para liderar o novo equipo Jordan Grand Prix, ben patrocinado por 7-Up e usando motores Ford HB. O Jordan 191 deseñado por Gary Anderson era un bo coche e logo dalgúns problemas iniciais da fiabilidade converteuse nun anotador regular de puntos. Gachot terminou quinto no Canadá e sexto en dúas ocasións. Conseguiu eloxios considerables polas súas actuacións nos Grandes Premios e gañar as 24 Horas de Le Mans nun Mazda (cos copilotos Johnny Herbert e Volker Weidler). Con todo, pouco despois de establecer a volta rápida no Gran Premio de Hungría de 1991 a súa tempada interrompeuse por un período de dous meses que pasou en [prisión], condenado por rociar con gas CS a un taxista de Londres logo dun altercado de tráfico[3] (o seu asento ocupouno temporalmente un entón descoñecido Michael Schumacher, que fixo o seu debut na Fórmula 1). O incidente provocou unha campaña de apoio chamada Free Gachot (liberdade para Gachot) organizada polo piloto de carreiras belga Pascal Witmeur. Esta campaña incluíu bandeiras, camisetas portadas por membros do público e pilotos de carreiras, graffitis en varios lugares da pista de Spa-Francorchamps durante o Gran Premio de Bélxica de 1991.

Cando finalmente foi liberado da prisión logo de dous meses, perdera catro Grands Prix (incluíndo o seu Grand Prix de casa en Bélxica). Viaxou ao Circuíto de Suzuka para intentar retomar o seu asento en Jordan de Alessandro Zanardi. O equipo rexeitouno, aínda que Gachot atopou un asento con Larrousse, substituíndo ao lesionado Éric Bernard no Gran Premio de Australia de 1991. Non puido cualificar o coche, pero impresionou ao equipo o suficiente como para que se lle ofrecese o asento para a seguinte tempada.

O equipo correu cun chasis Venturi deseñado por Robin Herd cos motores Lamborghini V12, pero tivo problemas de fiabilidade e financeiros ao longo da tempada. Gachot e o seu compañeiro chocaron entre si dúas veces. Gachot anotou o único punto do ano cun 6º posto en Mónaco. Tamén terminou cuarto cun Mazda en Le Mans.

1993 viuno fóra da Fórmula 1. Competiu para Dick Simon Racing na Champ Car e correu na serie xaponesa de coches de turismo con Honda mentres axudaba ao equipo Pacific de Keith Wiggins a prepararse para entrar na Fórmula 1 a tempada seguinte. Gachot, logo de converterse en accionista do equipo, asinou para pilotar como número 1 xunto ao pagador Paul Belmondo para a tempada de 1994. O PR01 deseñouse inicialmente como un coche para outra serie e non era competitivo. Gachot cualificouse en cinco das seis primeiras carreiras da tempada non terminando ningunha. Non volveu a cualificar en outro Gran Premio no resto da tempada.

 
Gachot pilotando para Pacific no Gran Premio do Reino Unido de 1995.

Gachot quedou en Pacific para 1995, co novo chasis PR02, motores Cosworth ED e a incorporación de persoal experimentado logo dunha fusión cos restos do equipo Lotus. Debido a que só había 26 participantes tiña a saída garantida e un paquete fiable significaba que o coche podería polo menos terminar carreiras, aínda que Gachot e o seu compañeiro de equipo Andrea Montermini víronse loitando na parte posterior da grella. As finanzas do equipo eran escasas e Gachot retirouse a mediados de tempada, polo que os descoñecidos pilotos de pago Giovanni Lavaggi e Jean-Denis Délétraz puideron ocupar o seu asento e traer algo de diñeiro a Pacific. Despois de que os patrocinadores de Délétraz incumprisen os pagos, o equipo planeou alugar o asento ao piloto de Formula Nippon Katsumi Yamamoto para as dúas carreiras no Xapón, pero non se lle concedeu a superlicencia, polo que Gachot retomou o asento. Gachot tamén tiña a intención de deixar o coche ao piloto de probas do equipo Oliver Gavin para a carreira final da tempada en Australia, pero o inglés tampouco logrou a superlicencia e o belga viuse obrigado a volver ao coche, igualando o mellor resultado do equipo cun 8º lugar (logo de que a maior parte dos participantes se retiraran). Foi o derradeiro Grand Prix de Gachot, Pacific retirouse ao final da tempada.

Gachot formou o seu propio equipo de coches deportivos co obxectivo de participar nas 24 Horas de Le Mans de 1996. O equipo participou nun WR LM94 co apoio de fábrica e o motor SsangYong, no que era unha rara saída no automobilismo para o fabricante de Corea do Sur. O coche participou na sesión de pre-cualificación pero non clasificou para a carreira. O coche volveu entrar na Coupes d'Automne, unha carreira de 4 horas de coches deportivos celebrada no Circuíto de Bugatti posteriormente en 1996, onde se clasificou terceiro pero non terminou.

Posteriormente pilotou ocasionalmente en coches deportivos e carreiras de GT para unha variedade de fabricantes e de privados.

En anos posteriores, Gachot concentrouse nos seus intereses comerciais, que inclúen mercadotecnia Hype Energy, unha bebida enerxética. Aínda mantén os seus contactos coa Fórmula Un e posúe un sitio web de F1.

Nacionalidade

editar
 
O coche de Gachot, o Honda NSX Le Mans GT1 mostra o seu nome coa bandeira de Europa.

Nado en Luxemburgo, fillo dun funcionario francés da Comisión Europea e de nai alemá, Gachot correu baixo máis dunha bandeira durante a súa carreira. Primeiro competiu cunha Superlicenza FIA [[Bélxica] belga]], malia ter pasaporte francés.[4] Da tempada 1992 en diante cambiou a unha licenza francesa.[5][6][7]

Nunha entrevista realizada en 1991, Gachot dixo que "non teño realmente unha nacionalidade, séntome moi europeo, pero hoxe debo aceptar que unha Europa unida non é aínda unha realidade, desde un punto de vista xurídico".[4] As características do deseño do casco de Gachot o círculo de estrelas amarelas no fondo azul da bandeira de Europa.[4]

Rexistro de carreiras

editar

Resultados completos na International Formula 3000

editar

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1988 Spirit/TOM's Racing XER
Ret
VAL
2
PAU
Ret
SIL
2
MNZ
Ret
PER
Ret
BRH
Ret
BIR
5
BUG
4
ZOL
6
DIJ
4
21

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1989 Moneytron Onyx Formula One Onyx ORE-1 Ford DFR 3.5 V8 BRA
NSCP
SMR
NSCP
MON
NSCP
MEX
NSCP
USA
NSCP
CAN
NSCP
FRA
13
GBR
12
ALE
NSC
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR ESP NC 0
Rial Racing Rial ARC2 Ford DFR 3.5 V8 XPN
NSC
AUS
NSC
1990 Subaru Coloni Racing Coloni C3B Subaru 1235 F12 USA
NSCP
BRA
NSCP
SMR
NSCP
MON
NSCP
CAN
NSCP
MEX
NSCP
FRA
NSCP
GBR
NSCP
NC 0
Coloni Racing Srl Coloni C3C Ford DFR 3.5 V8 ALE
NSCP
HUN
NSCP
BEL
NSC
ITA
NSC
POR
NSC
ESP
NSC
XPN
NSC
AUS
NSC
1991 Team 7UP Jordan Jordan 191 Ford HB4 3.5 V8 USA
10
BRA
13
SMR
Ret
MON
8
CAN
5
MEX
Ret
FRA
Ret
GBR
6
ALE
6
HUN
9
BEL ITA POR ESP XPN 13º 4
Larrousse F1 Lola LC91 Ford DFR 3.5 V8 AUS
NSC
1992 Central Park Venturi Larrousse Venturi Larrousse LC92 Lamborghini 3512 3.5 V12 RSA
Ret
MEX
11
BRA
Ret
ESP
Ret
SMR
Ret
MON
6
CAN
DSC
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
14
HUN
Ret
BEL
18
ITA
Ret
POR
Ret
XPN
Ret
AUS
Ret
19º 1
1994 Pacific Grand Prix Ltd Pacific PR01 Ilmor 2175A 3.5 V10 BRA
Ret
PAC
NSC
SMR
Ret
MON
Ret
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
NSC
GBR
NSC
ALE
NSC
HUN
NSC
BEL
NSC
ITA
NSC
POR
NSC
EUR
NSC
XPN
NSC
AUS
NSC
NC 0
1995 Pacific Grand Prix Ltd Pacific PR02 Ford EDC 3.0 V8 BRA
Ret
ARX
Ret
SMR
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
Ret
GBR
12
ALE HUN BEL ITA POR EUR PAC
Ret
XPN
Ret
AUS
8
NC 0

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

editar
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1990   Mazdaspeed Co. Ltd. Alemaña  Volker Weidler
  Johnny Herbert
Mazda 787 GTP 148 Ret. Ret.
1991   Mazdaspeed Co. Ltd. Alemaña  Volker Weidler
  Johnny Herbert
Mazda 787B C2 362
1992   Mazdaspeed Co. Ltd.
Francia  Oreca
  Johnny Herbert
Alemaña  Volker Weidler
  Maurizio Sandro Sala
Mazda MXR-01 C1 336
1994 Alemaña  Kremer Honda Racing Alemaña  Armin Hahne
Francia  Christophe Bouchut
Honda NSX GT2 257 14º
1995   Honda Motor Co. Ltd. Alemaña  Armin Hahne
Italia  Ivan Capelli
Honda NSX GT1 GT1 7 Ret. Ret.
1997 Alemaña  Kremer Racing Francia  Christophe Bouchut
  Andy Evans
Porsche 911 GT1 GT1 207 Ret. Ret.

American Open Wheel racing results

editar

(key)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Ranq Puntos
1993 Dick Simon Racing SRF PHX LBH INDY MIL DET POR CLE TOR
12
MIS NHM ROA VAN MDO NZR LS 34º 1
  1. "Drivers: Bertrand Gachot". grandprix.com. Consultado o 28 January 2015. 
  2. Walker, Murray (1990). Murray Walker's 1990 Grand Prix Year. Hazleton. ISBN 0905138821. 
  3. "Cabbie opens door for speedy German". 18 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Saward, Joe (1991-10-01). "Interview: Bertrand Gachot". grandprix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2009. Consultado o 2009-07-10. 
  5. Henry, Nick (1992). "F1 Drivers' Statistics". Autocourse 1992-93. Hazleton Publishing. p. 248. ISBN 0-905138-96-1. 
  6. Henry, Nick (1994). "1994 FIA World Championship". Autocourse 1994-95. Hazleton Publishing. p. 246. ISBN 1-874557-95-0. 
  7. Henry, Nick (1995). "1995 FIA World Championship". Autocourse 1995-96. Hazleton Publishing. p. 232. ISBN 1-874557-36-5.