Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corte transversal dunha vea mostrando unha válvula que impide o refluxo sanguíneo

No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias.

O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que vén sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas. A American Medical Association adicionou a fleboloxía á súa lista de especialidades médicas auto-designadas.

As veas serven para levar o oxíxeno dos órganos de volta ao corazón. Na circulación sistémica o sangue oxixenado é bombeado para as arterias polo ventrículo esquerdo até os músculos e órganos do corpo, onde os seus nutrientes e gases son trocados nos capilares, entrando nas veas contendo restos celulares e dióxido de carbono. O sangue pobre en oxíxeno é recollido polas veas e levado até o atrio dereito do corazón, que transfere sangue para o ventrículo dereito, onde é entón bombeado para as arterias pulmonares e finalmente aos pulmóns. Na circulación pulmonar as veas pulmonares traen o sangue oxixenado dos pulmóns para o atrio esquerdo, que desemboca no ventrículo esquerdo, completando o ciclo da circulación sanguínea.

O retorno do sangue para o corazón é auxiliado pola acción do bombeamento de músculos esqueléticos, que axudan a manter extremamente baixa a presión sanguínea do sistema venoso.

Anatomía

[editar | editar a fonte]

A maioría das veas posúen válvulas unidireccionais, chamadas válvulas venosas, para previr o contrafluxo causado pola gravidade. Este sistema está constituído dun músculo de esfínter ou de dúas ou tres dobras membranosas. As veas tamén posúen unha fina camada externa de coláxeno, que axuda a manter a presión sanguínea e evita a acumulación de sangue. A cavidade interna na cal o sangue flúe chámase luz. As veas están envolvidas por músculos lisos que axudan a manter o fluxo sanguíneo para a aurícula dereita.

As paredes das veas son menos resistentes e máis delgadas que as das arterias, mais presentan tres capas. Cando non transportan sangue perden a súa forma de cilindro.

Debido a unha falla no bombeamento músculo-esquelético poden aparecer desmaios. Longos períodos en pé poden resultar en acumulación de sangue nas pernas, con presión sanguínea moi baixa para levar o sangue para arriba, até o corazón. Choques neuroxénicos e hipovolémicos poden tamén causar desmaios. Neses casos os músculos lisos envolvendo as veas tórnanse frouxos e preénchense con sangue, absorbendo unha gran cantidade do volume total de sangue, mantendo o sangue afastado do cerebro e provocando e causando perdas de consciencia.

Doenzas comúns

[editar | editar a fonte]

Doenzas comúns das veas inclúen veas varicosas (que son tratadas con lásers e ultrasón) e trombose venosa profunda.

Veas importantes e sistemas venosos

[editar | editar a fonte]

As veas pulmonares cargan sangue relativamente oxixenado dos pulmóns para o corazón. A vea cava superior e a vea cava inferior cargan sangue relativamente pobre en oxíxeno das circulacións sistémicas superior e inferior, respectivamente.

Un sistema porta venoso é unha serie de veas ou vénulas que se conectan directamente a dous leitos capilares. Exemplos de sistemas como ese inclúen o vea porta hepática e o sistema porta hipofisario.

Lista de veas importantes

[editar | editar a fonte]

Nomes dos importantes sistemas venosos

[editar | editar a fonte]

Interese médico

[editar | editar a fonte]
As válvulas venosas impiden o fluxo inverso de sangue

As veas úsanse medicamente como puntos de acceso para a circulación sanguínea, permitindo a retirada de sangue para exames, e permitindo a infusión de fluídos, electrólitos, nutrición e medicamentos. Iso pode facerse cunha inxección usando unha xiringa, ou inserindo un catéter (tubo flexíbel).

Se un catéter intravenoso ten de ser inserido, para a maioría das finalidades realízase nunha vea periférica (unha vea próxima á superficie da pel na man ou brazo, ou menos utilizado, na perna). Algúns fluídos altamente concentrados ou medicamentos irritantes deben fluír para dentro das largas veas centrais, que son ás veces utilizadas cando o acceso periférico non se pode obter. Os catéteres poden ser administrados na vea cava superior para estes usos: crese que unha utilización por un longo período de tempo será necesaria, un punto permanente extra pode ser inserido cirurxicamente.

A localización precisa das veas é moito máis variábel de persoa para persoa do que a das arterias.

Cor das veas

[editar | editar a fonte]

Na luz, o sangue aparenta ser vermello porque a maioría das cores é absorbida polo pigmento cargador de oxíxeno hemoglobina (Hb), excepto o vermello, que reflicte no sangue. Se un filtro que bloquea a cor reflectida é posicionado entre o sangue e os ollos dun observador, a cor percebida muda. No caso dos humanos, a pel serve como un filtro para a cor vermella, e a cor remanescente acaba sendo verde. O espectro de cor exacto é determinado polos niveis relativos de ferro oxixenado (HbO) e dióxido de carbono (CO2) no sangue. Altas taxas de oxíxeno reflicten a cor vermella e altas taxas de CO2 reflicten a cor azul, que mesturada coa cor amarelada da graxa e/ou pel acaba aparecendo verde.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]