Transbordador espacial
O transbordador espacial ou lanzadeira espacial da NASA, oficialmente chamado «Space Transportation System» (STS ou Sistema de Transporte Espacial en galego), foi a astronave empregada durante 30 anos polo goberno dos Estados Unidos de América para as súas misións tripuladas no espazo, que foi retirado de servizo no 2011.[1] A plataforma de lanzamento componse dun gran tanque externo (ET), de cor vermella, dous foguetes aceleradores sólidos (SRB), de cor branca, e un avión espacial, o cal é o transbordador espacial propiamente dito. O transbordador mesmo conta cos seus propios motores principais (SSME).
A lanzadeira transportou astronautas e carga útil (tal como satélites ou partes da estación espacial) até a órbita baixa terrestre, na parte superior da atmosfera terrestre (ou termosfera).[2] Polo xeral, a súa tripulación estivo composta por cinco ou sete persoas. A capacidade de carga útil foi de 22 700 kg. Cando a misión do transbordador rematou, foron accionados ps propulsores da «Orbital Maneuvering System» (OMS ou Sistema de Manobra Orbital) e reentrou na baixa atmosfera. Durante o descenso, o orbitador desacelera a súa velocidade hipersónica principalmente a través da aerofreada, e despois, polo proceso de aterraxe, actuou como un planador, aterrando totalmente sen a axuda dos motores («deadstick»).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joaquim Elcacho (25 de xaneiro de 2011). Avui+, ed. "Prova final per al ‘Discovery'". Consultado o 5 de marzo de 2011.
- ↑ NASA (1995). National Aeronautics and Space Administration, ed. "Earth's Atmosphere" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 25 de outubro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transbordador espacial |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Transbordador espacial Columbia
- Transbordador espacial Challenger
- Transbordador espacial Discovery
- Transbordador espacial Atlantis
- Transbordador espacial Endeavour
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manual de referencia NSTS (1988) (en inglés)
- Como funciona a lanzadeira espacial (en inglés)
- NASA Human Spaceflight - ShuttleArquivado 06 de novembro de 2005 en Wayback Machine. (status actual de misións de lanzadeiras) (en inglés)