NASA
- Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.
NASA | |
---|---|
Acrónimo | NASA |
Tipo | axencia espacial e agência independente do governo dos Estados Unidos |
Data de fundación | 29 de xullo de 1958 |
Fundador(es) | Dwight D. Eisenhower e Congreso dos Estados Unidos de América |
Director/a | Jim Bridenstine e Bill Nelson |
Nº de empregados | 18.000 (2021) |
Orzamento | 18724000000 dólar estadounidenses e 23200000000 dólar estadounidenses |
Organización matriz | Goberno federal dos Estados Unidos |
Organización subsidiaria | Glenn Research Center, Centro Espacial Lyndon Johnson, Centro de investigación de Langley, Marshall Space Flight Center, Space Telescope Science Institute, John C. Stennis Space Center, Centro Espacial John F. Kennedy, Shared Services Center, NASA Astrobiology Institute, Utah Space Grant Consortium, Indiana Space Grant Consortium, New Mexico Space Grant Consortium, Idaho Space Grant Consortium, Iowa Space Grant Consortium, Louisiana Space Consortium, Oregon Space Grant Consortium, Alabama Space Grant Consortium, Texas Space Grant Consortium, Arkansas Space Grant Consortium, Connecticut Space Grant Consortium, Washington Space Grant Consortium, Florida Space Grant Consortium, Experimental Program to Stimulate Competitive Research, Planetary Data System, NExScI, Centro de Pesquisa de Voo Armstrong, Michoud Assembly Facility, Wallops Flight Facility, National Space Science and Technology Center, Arizona Space Grant Consortium, California Space Grant Consortium, North Carolina Space Grant Consortium, Georgia Space Grant Consortium, Illinois Space Grant Consortium, Kansas Space Grant Consortium, Kentucky Space Grant Consortium, Maryland Space Grant Consortium, Michigan Space Grant Consortium, Mississippi Space Grant Consortium, Montana Space Grant Consortium, Nebraska Space Grant Consortium, Nevada Space Grant Consortium, Delaware Space Grant Consortium, New Jersey Space Grant Consortium, New York Space Grant Consortium, North Dakota Space Grant Consortium, Ohio Space Grant Consortium, Oklahoma Space Grant Consortium, Pennsylvania Space Grant Consortium, Puerto Rico Space Grant Consortium, Rhode Island Space Grant Consortium, South Carolina Space Grant Consortium, South Dakota Space Grant Consortium, Vermont Space Grant Consortium, West Virginia Space Grant Consortium, Wisconsin Space Grant Consortium, Wyoming Space Grant Consortium, NASA Research Park, Land-Cover & Land-Use Change Program, Solar System Exploration Research Virtual Institute, Carbon Cycle and Ecosystems, Goddard Space Flight Center, Lincoln Near-Earth Asteroid Research, NASA Ames Research Center, Laboratorio de Propulsión a Chorro, NASA Office of Inspector General, Virginia Space Grant Consortium, Aviation Safety Reporting System, Nexus for Exoplanet System Science, NASA History Program Office, NASA Engineering and Safety Center, Science Mission Directorate, Space Technology Mission Directorate, Aeronautics Research Mission Directorate, Exploration Systems Development Mission Directorate e Space Operations Mission Directorate |
Premios | Doublespeak Award e Gold medal of the Spanish National Research Council |
Sede | Washington, D.C. |
Enderezo | 300 E St SW, Suite 5R30, Washington DC 20546 |
País | Estados Unidos de América |
38°52′59″N 77°00′59″O / 38.883079, -77.01628 | |
Na rede | |
https://www.nasa.gov/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Visión e misión
[editar | editar a fonte]Ten por propósito mellorar a vida na Terra, estender a vida, e atopar vida máis aló. As súas misións son coñecer e protexer o planeta Terra, explorar o Universo e investigar a vida extraterrestre, e inspirar a seguinte xeración de exploradores.
Historia
[editar | editar a fonte]Carreira espacial
[editar | editar a fonte]Seguindo o programa espacial soviético, que lanzou ao espazo o primeiro satélite feito polo ser humano (Sputnik 1) o 4 de outubro de 1957, a atención dos Estados Unidos dirixiuse cara aos seus propios esforzos espaciais. O Congreso, alarmado pola perda de liderado percibido como unha falta de seguridade, urxiu unha acción forte e rápida. O Presidente Dwight D. Eisenhower e os seus conselleiros tomaron medidas máis precisas. Varios meses de debate concluíron co acordo de crear unha nova Axencia Federal para realizar actividades non militares no espazo.
O 29 de xullo de 1958, o Presidente Eisenhower asinou a "National Aeronautics and Space Act", establecendo a "National Aeronautics and Space Administration" (NASA). Comezou a operar o 1 de outubro de 1958, consistindo daquela en catro laboratorios e uns 8.000 empregados do goberno na axencia aeronáutica que contaba daquela 46 anos, o National Advisory Committee for Aeronautics (NACA, Comité consultor nacional para a aeronáutica).
Os primeiros programas da NASA foron de investigación para o voo tripulado, e foron levados baixo a presión da competición entre os EUA e a URSS, a 'carreira espacial' que se realizou durante a chamada guerra fría. O Programa Mercurio (Mercury Program) foi iniciado no 1958 pola NASA co fin de explorar o espazo con misións tripuladas, comezando por indagar sinxelamente se o home podía sobrevivir no espazo. O 5 de maio de 1961, o astronauta Alan Shepard foi o primeiro americano no espazo, pilotando a nave Mercury-Redstone 3 nun voo suborbital de 15 minutos. John Glenn foi o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra o 20 de febreiro de 1962 durante o voo de 5 horas do Mercury-Atlas 6 .
Proxecto Apollo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Proxecto Apollo.
Unha vez que o programa Mercurio probou que os voos espaciais tripulados eran posibles, lanzouse o proxecto Apollo para facer traballos no espazo e poñer o home arredor da lúa (non sobre ela). A liña operativa do programa Apolo foi radicalmente alterada polo seguinte Presidente, John F. Kennedy, quen anunciou o 25 de maio de 1961 que os Estados Unidos se propoñían "aluar un home e retornalo a salvo á Terra" para 1970. Así o programa tivo o obxectivo de levar un home á Lúa. O Programa Gemini comezou prontamente para subministrar unha nave e probar técnicas para Buzz Aldrin camiñar sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.
Tras oito anos de misións preliminares, incluídas as primeiras perdas de astronautas co Apollo 1, o programa Apolo conseguiu o seu propósito co Apollo 11, que lanzou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin á superficie da Lúa o 20 de xullo de 1969 e devolveunos á Terra o 24 de xullo. As primeiras palabras tras a aluaxe do Eagle foron: "É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade" ("That's one small step for [a] man, one giant leap for mankind.") Outros dez homes foron lanzados á Lúa ata a fin do programa Apolo en decembro de 1972.
A NASA gañou a carreira espacial, o que a deixou en certo sentido sen unha dirección concreta, ou polo menos sen a atención pública e interese, o que é necesario para ter fondos do Congreso. O desastre do Apollo 13, no que unha explosión de osíxeno danou os tres astronautas, axudou a atraer de novo a atención, mais aínda que foron planeadas misións ata a Apollo 20 e máis, a Apollo 17 foi a derradeira da serie. Cortes orzamentarios (en parte a causa da guerra de Vietnam) planearon sobre o fin do programa, e contribuíron a crear a necesidade dun vehículo reusable.
Continuación
[editar | editar a fonte]O proxecto Apollo non tivo continuación durante moito tempo. No 2019 a NASA estaba na procura de socios para o desenvolvemento de vehículos lunares reusables para usar a partir do 2024, coa vista na volta de persoas á Lúa no 2028.[1]
Outras misións dos primeiros tempos
[editar | editar a fonte]Aínda que a gran maioría do orzamento foi empeñado nos voos tripulados, houbo neste tempo moitas misións sen tripulación. En 1962 lanzouse a Mariner 2, primeira nave en sulcar os ceos doutro planeta; neste caso Venus. Despois, as dúas Viking aterraron en Marte e enviaron imaxes en cor. Mais pode que o máis impresionante fose o programa Pioneer e particularmente o programa Voyager, misións que visitaron Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno e enviaron datos científicos e imaxes a cor de todos eles.
Asemade, neste período cambiou a visión entre os programas espaciais americano e da Unión Soviética. O 17 de xullo de 1975 un propulsor Apolo (que atopou así un novo uso tras a cancelación do Apollo 18) foi preparado para o Soiuz 19. Este foi un punto de inflexión histórica en plena guerra fría, marcando unha era de cooperación internacional nova. A primeira estación espacial americana, Skylab, ocupou a actividade principal da NASA ata o final dos 70.
A Era Shuttle (Lanzadeiras Espaciais)
[editar | editar a fonte]A Transbordador espacial foi o proxecto estelar da NASA no final dos 1970 e os 1980. Planeadas para ser lanzadas con frecuencia e reusábeis na súa meirande parte, construíronse catro lanzadeiras cara 1985. A primeira, Transbordador espacial Columbia, foino o 12 de abril de 1981.
As lanzadeiras non representaron un éxito tan rotundo para a NASA: os voos foron moito máis caros do previsto ao inicio e aínda tras o desastre de 1986 do Transbordador espacial Challenger, que amosou os riscos dos voos espaciais, o público perdeu de novo interese, tomando as misións un carácter ordinario.
A pesar diso, as lanzadeiras foron usadas para lanzar proxectos clave como o Teslescopio Espacial Hubble (HST segundo as súas siglas en inglés). O HST fíxose cun orzamento relativamente pequeno de 20 000 millóns de dólares, pero continúa en operación desde 1990 e fixo as delicias dos científicos e o público. Algunhas das imaxes tomadas xa son case lenda, como as do Campo Profundo. O HST é un proxecto conxunto coa ESA, e o seu éxito abriu a vía dunha maior colaboración entre ambas.
En 1995 volveu a haber colaboración ruso-americana co comezo das misións Shuttle-Mir, e de novo houbo unha ensamblaxe entre unha nave americana e un aparello ruso. Esta cooperación non se volveu interromper ata o presente, participando ambas na Estación Espacial Internacional (ISS, siglas en inglés) xunto coa ESA e outras axencias. A notar que foron naves rusas as que mantiveron en servizo a ISS a continuación do desastre do Columbia.
Cun custo de cen mil millóns de dólares, foi dificultoso para a NASA xustificar a ISS. A poboación estaba impresionada cos detalles científicos anteriores, pero nos novos tempos prefire outro tipo de noticias sobre grandes proxectos en lugares exóticos. Ninguén quer escoitar falar da ISS como a primeira instalación humana científica no espazo[Cómpre referencia], e aínda hoxe non pode albergar a varios científicos como foi planeado, especialmente co uso da lanzadeira fóra de cuestión ata marzo de 2005. De feito, na década dos 2010, a NASA estaba incapacitada para enviar ós seus propios astronautas ó espazo, usando os Syuz rusos dende Baikonur, e tendo un contrato coa empresa privada Space X para doce misións á ISS de cara á fin da década.[2]
Durante parte dos 1990, a NASA encarou cortes anuais de orzamento debido á contención de gastos do Congreso de Washington. En resposta, o noveno administrador da axencia, Daniel S. Goldin, lanzou a campaña "máis rápido, mellor, máis barato" que permitiu á NASA continuar cunha variedade de programas a pesar dos recortes orzamentarios. O método foi criticado e reavaliado tras as perdas xemelgas do Mars Climate Orbiter e o Mars Polar Lander en 1999.
Marte e máis aló
[editar | editar a fonte]Seguramente a misión máis publicitada nos últimos tempos foi a Mars Pathfinder[3][4], lanzada no 1997. Os xornais de todo o mundo difundiron imaxes da saída do rover Sojourner para explorar a superficie de Marte dun xeito nunca antes feito noutro planeta. Menos difundida foi a misión que abrangue dende 1997 á actualidade (2004) Mars Global Surveyor, misión de tipo orbital. Desde 2001, o orbitador Mars Odyssey procura a evidencia de auga no pasado ou presente marciano e pola actividade volcánica do planeta.
O 14 de xaneiro de 2004, dez días despois da aterraxe dos Rover Spirit e Opportunity , o Presidente George W. Bush anunciou a "Vision for Space Exploration". A humanidade retornará á Lúa cara a 2020, e sentará as bases e recursos potenciais para futuras misións. A lanzadeira espacial será retirada en 2010 e o Crew Exploration Vehicle será substituído cara ao 2014, capaces ambos de seren ensamblados á ISS e deixar a órbita terrestre. O futuro da ISS é incerto; a construción será completada, pero non se sabe máis. Os Centennial Challenges, premios tecnolóxicos para equipos non gobernamentais, foron establecidos no 2004.
Outros campos de actuación
[editar | editar a fonte]A NASA investiga noutros campos complementarios diferentes da astronáutica. No 2019 anuncia a captura das primeiras imaxes dende o aire ó aire dunha interacción en vó de onda de choque supersónica.[5]
Misións espaciais da NASA
[editar | editar a fonte]Tripuladas
[editar | editar a fonte]- Proxecto Mercury
- Proxecto Gemini
- Proxecto Apollo
- Skylab
- Space Shuttle
- Estación Espacial Internacional
- Project Constellation
Non tripuladas
[editar | editar a fonte]- Luares
- Mercúricas
- Venusinas
- Misións a Marte
- Xupiterinas
- Saturninas
- Multiplanetarias
- Pioneer 11 - Xúpiter e Saturno
- Mariner 10 - Venus e Mercurio
- Voyager 1 - Xúpiter e Saturno
- Voyager 2 - Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno
- Dawn - 4 Vesta e Ceres
- New Horizons - Xúpiter, Plutón e Cinto de Kuiper
- Misións a asteroides e cometas
- Propostas ou canceladas a planetas e asteroides
- Solares
- Observatorios para Astrofísica no espazo
- Telescopio Espacial Hubble
- Observatorio Compton de Raios Gamma
- Observatorio Chandra de raios X
- Telescopio Espacial Spitzer (anters coñecido como Space Infrared Telescope Facility, SIRTF)
- Outros observatorios espaciais
Lista de administradores da NASA
[editar | editar a fonte]- T. Keith Glennan (1958-1961)
- James E. Webb (1961-1968)
- Thomas O. Paine (1969-1970)
- James C. Fletcher (1971-1977)
- Robert A. Frosch (1977-1981)
- James M. Beggs (1981-1985)
- James C. Fletcher (1986-1989)
- Richard H. Truly (1989-1992)
- Daniel S. Goldin (1992-2001)
- Sean O'Keefe (2001–2005)
- Michael D. Griffin (2005–)
Instalacións
[editar | editar a fonte]Ademais do cuartel xeral en Washington, D.C., a NASA ten as seguintes instalacións:
- Ames Research Center, Moffett Field, California
- Dryden Flight Research Center, Edwards, California
- Glenn Research Center, Cleveland, Ohio
- Goddard Space Flight Center, Greenbelt, Maryland
- Jet Propulsion Laboratory, preto de Pasadena (California)
- Lyndon B. Johnson Space Center, Houston, Texas
- John F. Kennedy Space Center, Florida
- Langley Research Center, Hampton, Virxinia
- George C. Marshall Space Flight Center, Huntsville, Alabama
- John C. Stennis Space Center, Bay St. Louis, Mississippi
Premios e condecoracións
[editar | editar a fonte]As actuais medallas outorgadas pola NASA son as seguintes:
- Congressional Space Medal of Honor
- NASA Distinguished Public Service Medal
- NASA Distinguished Service Medal
- NASA Equal Employment Opportunity Medal
- NASA Exceptional Achievement Medal
- NASA Exceptional Administrative Achievement Medal
- NASA Exceptional Bravery Medal
- NASA Exceptional Engineering Achievement Medal
- NASA Exceptional Scientific Achievement Medal
- NASA Exceptional Service Medal
- NASA Exceptional Technological Achievement Medal
- NASA Outstanding Leadership Medal
- NASA Public Service Medal
- NASA Space Flight Medal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jackson, Shanessa (2018-12-12). "NASA Seeks US Partners to Develop Systems to Land Astronauts on Moon". NASA. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-18.
- ↑ Rivière, Philippe (setembro 2012). "Al asalto del octavo continente". Le Monde diplomatique en español. p. 19.
- ↑ Loff, Sarah (2017-06-23). "Mars Pathfinder and Sojourner Rover". NASA. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Mars Pathfinder Home". mars.nasa.gov. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Conner, Monroe (2019-03-05). "NASA Captures Supersonic Shock Interaction". NASA. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: NASA |
- Axencia Espacial Canadense
- Administración Espacial Nacional Chinesa
- ESA
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
- Roscosmos
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portada da NASA
- Sitio web oficial para colaboraren nos proxectos Open Source da NASA
- Series de Publicacións NASA Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Laboratorio de imaxes Cassini - Asombrosas imaxes dos planetas tomadas pola sonda Cassini.