William Golding
Aparencia
William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornualla) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con O señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.
Obras
[editar | editar a fonte]- O señor das moscas (1954)
- The inheritors (1955)
- Pincher Martin (1955)
- Free Fall (1959)
- The Spire (1964)
- The Pyramid (1967)
- The Scorpion God (1971)
- Darkness Visible (1979)
- Rites of passage(1980)
- The Paper Men (1984)
- The Double Tongue (inacabada)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Golding |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Golding, Wikkiam". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 991. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Golding, Wikkiam". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.