Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vicente Aleixandre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Aleixandre

Vicente Aleixandre no ano 1977.
Nome orixinal(es) Vicente Aleixandre Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1898 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
EducaciónResidencia de Estudiantes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, escritor, mestre Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
MovementoXeración do 27 Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParentesConcepción Aleixandre Ballester, tía Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1720156 Dialnet: 158276 Musicbrainz: ddcc7f8a-8732-42bf-b5aa-d1bf540f38f2 Discogs: 2693265 Find a Grave: 7293339 Editar o valor en Wikidata


Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo nado en Sevilla o 26 de abril de 1898 e finado en Madrid o 13 de decembro de 1984, foi un poeta español, pertencente á xeración do 27 e Premio Nobel de Literatura en 1977.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia burguesa andaluza, pasa a súa infancia en Málaga e trasládase a Madrid onde estuda dereito e comercio. En 1917 coñece a Dámaso Alonso, que o inicia na poesía e o pon en contacto coa obra de Rubén Darío, Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez. Entre 1920 e 1922 foi profesor de dereito mercantil na Escola de Comercio. En 1925 diagnostícaselle unha nefrite tuberculosa e observa un longo período de descanso e illamento, que aproveitará para ler a poesía de San Xoán da Cruz, Frei Luis de León e Luis de Góngora. En 1926 publica os seus primeiros poemas na Revista de Occidente. Nos anos trinta o poeta coñece a Andrés Acero e ambos os dous comezan unha intensa relación amorosa que será interrompida polo exilio a México de Andrés após a Guerra Civil. En palabras de Molina Foix, “Vicente Aleixandre era moi pudoroso da súa condición homosexual polo dano que puidese facer á súa familia, sobre todo á súa irmá, pero a min díxome que cando morrese, non lle importaría que se soubese toda a verdade; na realidade consideraba que non era ningunha deshonra”. A pesar da súa ideoloxía de esquerdas trala guerra civil española permanece en España, aínda que por un tempo non se lle permite publicar.

Obra poética

[editar | editar a fonte]

No seu primeiro libro, Ámbito (1928), predomina o verso asonantado e a estética da poesía pura ao estilo de Juan Ramón Jiménez. Nos seus seguintes libros, inspirado polos precursores do surrealismo, en especial Arthur Rimbaud e Lautréamont adopta o poema en prosa (Pasión de la tierra, 1935) e o verso libre (Espadas como labios, 1932; La destrucción o el amor, 1933; Sombra del paraíso, 1944), cunha estética irracionalista e na expresión achégase á escrita automática.

Trala guerra achégase á poesía social, cun estilo máis sinxelo, dúas son as obras máis importantes deste período Historia del corazón (1954) e En un vasto dominio (1962).

Na poesía dos últimos anos volve ao irracionalismo xuvenil, aínda que máis depurado e sereno.