Wikipedia en silesiano
Wikipedia en silesiano | |
---|---|
Logo da Wikipedia en silesiano. | |
Portada da Wikipedia en silesiano. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Silesiano |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 26 de maio de 2008 |
Na rede | |
https://szl.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en silesiano (en silesiano: Ślůnsko Wikipedyjo) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua silesiana. Foi creada o 26 de maio de 2008.
Esta versión da enciclopedia contén 58.427 artigos e 26.166 usuarios, dos cales 55 son activos.[1]
History
[editar | editar a fonte]O primeiro intento de crear unha Wikipedia en silesiano produciuse en marzo de 2006,[2] mais por mor dos comentarios negativos na sección de debate, a proposta foi rexeitada.[3] O 18 de xullo de 2007, a SIL International e a International Organization for Standardization (ISO) asignaron un código ISO para a lingua: "szl".[4][5][6][7]
O segundo intento por crear a Wikipedia en silesiano foi presentado o 19 de marzo de 2008[8] como resultado dun debate por eliminar os artigos escritos en silesiano que permanecían na edición da Wikipedia en polaco (dentro do Wikiproxecto Silesia).[9][10] Logo da aceptación inicial da proposta (100% votos positivos e 0% negativos) o 31 de marzo de 2008, creouse un proxecto test en Incubator Wikimedia. O mes seguinte, contiña 100 artigos en silesiano, incluíndo máis de 1 800 páxinas. Despois de dous meses, o proxecto cumpriu os requisitos necesarios e a Wikipedia en silesiano foi creada finalmente o 26 de maio de 2008.[11][12][13][14][15][16][17][18] O artigo número 1 000 foi incluído o 15 de novembro de 2008.
En outubro de 2010, a Wikipedia en silesiano foi mencionada como un dos argumentos para converter o silesiano nunha das linguas rexionais de Polonia. O proxecto de lei para a aprobación do silesiano como lingua rexional foi presentado en Sejm polo membro do parlamento Marek Plura.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ Gazeta Wyborcza: "Będzie Wikipedia po śląsku?", (en polaco), 2006
- ↑ http://meta.wikimedia.org/wiki/Requests_for_new_languages/Wikipedia_Upper_Silesian (en inglés)
- ↑ www.sil.org Arquivado 2012-10-03 en Wayback Machine. (en inglés) - ISO documentation of Silesian language
- ↑ (en inglés) www.sil.org - list of languages with codes ISO (letter "S")
- ↑ (en inglés) www.ethnologue.org - list of languages with codes ISO
- ↑ (en inglés) www.lingvoj.org Arquivado 27 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) http://meta.wikimedia.org/wiki/Requests_for_new_languages/Wikipedia_Silesian
- ↑ (en polaco) http://pl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:SDU/Kategoria:%C5%9Al%C4%85ska_Wikipedia
- ↑ (en polaco) Gazeta Wyborcza: "Narodziła się śląska Wikipedia", 05.04.2007
- ↑ (en polaco) Gazeta Wyborcza: "Jest już Wikipedia po śląsku" Arquivado 30 de maio de 2008 en Wayback Machine., 27.05.2008
- ↑ (en polaco) Gazeta Wyborcza: "Śląska Wikipedia już działa", 27.05.2008
- ↑ (en polaco) Dziennik Zachodni: "Świat po naszymu, ślonsko godka w wikipedii", 31.05.2008
- ↑ (en polaco) Radio Plus: "Śląska Wikipedia"[Ligazón morta], 29.05.2008
- ↑ (en polaco) TV Silesia: "Śląska Wikipedia" Arquivado 2008-05-29 en Wayback Machine., 28.05.2008
- ↑ (en polaco) Radio TOK FM: ""Wikipedia po śląsku"", 28.05.2008
- ↑ (en polaco) Radio eM: "Wikipedia po śląsku", 29.05.2008
- ↑ (en polaco) TVP1 - Teleexpress: mention about create Silesian Wikipedia, 29.05.2008
- ↑ (en polaco) Projekt ustawy wprowadzającej śląski jako język regionalny - w Sejmie
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en silesiano |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en silesiano |