Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Wikipedia en náhuatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en náhuatl
Logo da Wikipedia en náhuatl.
Portada da Wikipedia en náhuatl en marzo de 2017.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNáhuatl
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento10 de agosto de 2003
Na rede
https://nah.wikipedia.org/

A Wikipedia en náhuatl (en náhuatl: Huiquipedia nāhuatlahtōlcopa) é a versión da Wikipedia en lingua náhuatl. Foi creada en agosto de 2003. Esta versión da enciclopedia contén a cifra de 4.311 artigos e 23.082 usuarios, dos cales 19 son activos,[1] sendo a cuarta Wikipedia máis grande das linguas americanas despois da quechua, da navajo e da guaraní.[2]

O usuario Piolinfax, de orixe belga, creou a primeira páxina da Huiquipedia o 10 de agosto de 2003 e chamouna Ātl (mais despois trasladouse a Atl; en galego "auga") o cal foi traballado xunto co usuario español Youssefsan quen se encargou de buscar usuarios hispanofalantes que se interesaran polo proxecto e que colaborasen co mesmo.

O primeiro usuario mexicano con coñecemento de náhuatl rexistrado nesta Wikipedia amerindia foi Netza. O administrador máis activo é Ricardo gs, e o primeiro falante nativo de náhuatl foi Teòtlalili, usuario do estado de Puebla.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]