Sebastián Martínez-Risco
Nome orixinal | (gl) Sebantián |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1899 Ourense, España |
Morte | 24 de setembro de 1977 (78 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
8º Presidente da Real Academia Galega | |
1960 – 1977 ← Manuel Casás Fernández – Domingo García-Sabell → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Zaragoza Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xuíz |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1953–1977) Real Academia Galega (membro correspondente) (1944–1953) |
Xénero artístico | poesía, teatro, romance e ensaio |
Familia | |
Irmáns | Manuel Martínez-Risco |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario da literatura galega |
Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego, presidente da Real Academia Galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os estudos secundarios en Ourense, no Instituto do Posío (actual IES Otero Pedrayo de Ourense). Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución en Pobra de Seabra (1926-1927), O Barco de Valdeorras (1927-1933), Vilalba (1933-1941) e A Coruña (1941-1943). Foi ascendido a maxistrado, e exerceu na Audiencia de Ourense, mais o 27 de abril de 1944 pediu a excedencia para exercer como avogado na Coruña. Porén, entre 1969 e 1970 volveu á carreira xudicial na Audiencia de Xirona para poder acollerse aos dereitos pasivos que lle correspondían[1]. De novo colaborou en La Centuria, na prensa de Zaragoza (cando estudaba alí) e en El Pensamiento Astorgano de Astorga (de onde era o seu tío), e entre 1919 e 1923 escribiu en La Esfera de Madrid. En 1917 deu unha conferencia sobre Rosalía de Castro en Zaragoza, e escribiu unha obra de teatro con José Camón Aznar. En 1943 publicou a novela La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria, en certa medida autobiográfica, na que se fala do seu papel como xuíz durante a guerra civil española e a posguerra.
Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 como membro de número co discurso O sentimento da Xustiza na literatura galega, respondido por Manuel Banet[2]. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo, e dirixiu a coral polifónica El Eco da Coruña.
Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre 1960 e 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[3]
Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.
Nas eleccións xerais de España de 1977 foi candidato ao Senado por Candidatura Democrática Galega, mais non resultou elixido.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo do enxeñeiro de camiños Sebastián Martínez Risco Pérez-Santamarina e mais de Cándida Macías García (irmá de Marcelo Macías), foi irmán de Manuel e Luis Martínez-Risco, e curmán de Vicente Risco. Casou con Mercedes Alonso Blanco, e foi pai dos avogados Sebastián e Mercedes Martínez-Risco Alonso. Foi tamén avó da actriz Isabel Risco.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria (novela, 1943)
Poesía
[editar | editar a fonte]- Trébol poético (1943; con prólogo de Santiago Amaral)
- 14 nadaliñas (Ediciós do Castro, 1973)
- Do recuncho amado (1980)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O sentimento da xustiza na literatura galega (1953)
- Presencia da lingua galega (1973)
- Conferencias encol de Castelao (1975)
Epistolario
[editar | editar a fonte]- Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976. Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco (2021). Vigo Galaxia. 438 páxs. ISBN 978-84-9151-639-2. Introdución, transcrición e notas de Xosé Ramón Freixeiro Mato.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Freixeiro Mato, X. R. (2021): "Introdución", en Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976).
- ↑ Martínez-Risco, S. (1953). O sentimento da xustiza na literatura galega. Real Academia Galega.
- ↑ "Ha muerto el presidente de la Real Academia Gallega". ABC (en castelán). 27 de setembro de 1977.
- ↑ "Ao abeiro da amizade". editorialgalaxia.gal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV: Boletín da Real Academia Galega, número 378, 2018 ISSN 1576-8767.
- "Martínez-Risco Macías, Sebastián". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 292-293.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Freixeiro Mato, X. Ramón (1994). Sebastián Martínez-Risco na cultura galega. A Coruña: Laiovento. ISBN 84-87847-35-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sebastián Martínez-Risco na Biblioteca Virtual Galega.
- Sebastián Martínez-Risco na Real Academia Galega.
Predecesor: Manuel Casás Fernández |
Presidente da RAG 1960-1977 |
Sucesor: Domingo García-Sabell |
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Presidentes da Real Academia Galega
- Xuíces de Galicia
- Nados en Ourense
- Nados en 1899
- Finados en 1977
- Poetas en lingua castelá
- Poetas en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Enciclopedistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Zaragoza