Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Julio Dávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Dávila

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1871 Editar o valor en Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1971 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio

BNE: XX1246966 BUSC: davila-diaz-julio-1871-1971

Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971[1], foi un historiador, xeógrafo e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Jesús Dávila Rivadeneira, perito agrimensor de quen herdou o interese polo estudo do medio físico[2] e de Dolores Díaz Díaz. Fixo os primeiros estudos na escola de nenos que estaba instalada nun lateral do exconvento de domincios da vila, que estab dririxida polo seu tío paterno Marcial Dávila Rivadeneira. Pasou a súa adolescencia na vila natal, e aos 18 emigrou á Arxentina. Primeiro a Concepción do Uruguai, cidade arxentina da provincia de Entre Ríos situada á beira do río Uruguai, e pouco despois, en 1893, cambiou a Buenos Aires, onde se dedicou ós negocios mercantís. En 1911 regresou a España e instalouse en Madrid. Volveu marchar á Arxentina en 1920, regresando definitivamente a España en 1927.

Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Buenos Aires, e, dende 1927, membro numerario da Real Academia Galega, tras ler o seu discurso de ingreso sobre a vida e obra de Benigno Teijeiro Martínez[1]. En 1943 foi nomeado Cronista Oficial de Ortigueira (cargo vitalicio que desempeñou ata a súa morte) ao falecer o anterior cronista, Federico Maciñeira Pardo de Lama, historiador ortigueirés co que mantivo unha estreita relación de amizade persoal e intelectual.[3]

Julio Dávila foi un erudito de formación autodidacta que cultivou diversas áreas da cultura e da ciencia. Se ben a súa obra xeográfica é a máis destacada, fixo diversas colaboracións, sobre todo na prensa periódica sobre cuestións históricas, culturais e incluso filolóxicas. Colaborou nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu dende 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque Gallego, editado anualmente en Buenos Aires por Manuel Castro López (“Notas de Baamonde (Lugo)” en 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?” en 1915) e en La Voz de Galicia. No Boletín de la Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Tamén colaborou en periódicos locais como La Voz de Ortigueira, El Condado de Ortigueira e El Eco Ortegano.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • El Destino, 1897.
  • Al abrigo del ombú, 1914.
  • Ortigueira. Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira, 1902. Buenos Aires, 179 páxs.
  • Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas, 1903.
  • Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira. Opúsculo I. Buenos Aires, 1903.
  • Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira. Opúsculo II. Buenos Aires, 1904.
  • Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral. Colección de dezaseis artigos e un apéndice que continúa unha polémica suscitada nalgúns periódicos galegos entre 1902 e 1906. Buenos Aires, 1907.
  • Plano del partido de Ortigueira puesto al día, 1913.
  • Contribución para la historia de la comarca villalbesa, 1918.
  • Por tierras guaraníes, 1926.
  • La personalidad y la obra de Benigno Teijeiro Martínez, 1927.
  • Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira, 1931. A Coruña.

Recoñecementos e homenaxes

[editar | editar a fonte]

O pleno municipal de Ortigueira decidiu nomealo fillo predilecto do concello en 1928, acordo renovado en 1948.[1]

En 2021, o Concello de Ortigueira, con motivo do 150 aniversario do seu nacemento, tributoulle unha homenaxe, na que se realizou unha exposición bibliográfica e se impuxo o nome de Julio Dávila aos xardíns do dique do porto de Ortigueira, actividades nas que colaborou o actual Cronista Oficial do Concello de Ortigueira, Carlos Breixo.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O seu irmán Eusebio Dávila, adiñeirado filántropo con negocios bancarios na Arxentina, financiou a finais dos anos 20 do séc. XX a construción dun edificio para asilo de anciáns, existente aínda hoxe, se ben dependente da Xunta de Galicia, situado nas aforas de Ortigueira, na zona de Miñaño (Luama).

  1. 1,0 1,1 1,2 Barrera, Feliciano, ed. (novembro de 2004). Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 67-68. ISBN 84-8064-137-1. 
  2. Rosende, Anxo (1990). Limiar da Geografía Descriptiva de la Comarca de Ortigueira. Deputación da Coruña. 
  3. Breixo Rodríguez, X. Carlos (2014). "Don Federico Maciñeira e don Julio Dávila. Unha relación de amizade exemplar". Terras do Ortegal (1): 115–158. 
  4. "Los jardines del Malecón de Ortigueira ya llevan el nombre de Julio Dávila". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Federico Maciñeira
 Cronista de Ortigueira 
1943 - 1971
Sucesor:
Laureano Álvarez Martínez