Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Santuario de Fátima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Fátima
Datos xerais
PaísPortugal Portugal
TipoSantuario mariano
AdvocaciónVirxe de Fátima
LocalizaciónFátima
Coordenadas39°37′57″N 8°40′18″O / 39.632427, -8.671538
CatalogaciónMonumento
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Leiria-Fátima
Arquitectura
Construción1928-1953
EstiloNeobarroco
Medidas85 x 90 m
Páxina webfatima.pt
Santuario de Fátima en Portugal
Santuario de Fátima
Santuario de Fátima
editar datos en Wikidata ]

O Santuario da Nosa Señora do Rosario de Fátima (máis coñecido sinxelamente como Santuario de Fátima), atópase na Cova da Iria, freguesía de Fátima (Portugal), e é un dos máis importantes santuarios marianos do mundo. O santuario atópase a 11 quilómetros da cidade de Ourém, a 25 quilómetros de Leiria, a 120 quilómetros de Lisboa, a 180 quilómetros de Porto e está aproximadamente a 300 metros por enriba do nivel do mar, en pleno macizo calcáreo de Estremadura.

Os tres pastorciños de Fátima: Lucía dos Santos, Francisco e Jacinta Marto.

En 1917, Lucía dos Santos, Francisco Marto e Jacinta Marto (coñecidos como "os tres pastorciños"), afirmaron ter presenciado varias aparicións da Virxe María. Nunha desas aparicións díxolles que construísen unha capela naquel lugar, que hoxe en día é a parte central do santuario onde está gardada unha imaxe da virxe. Co paso do tempo, o santuario medrou, ata hoxe en día, no que existen xa dúas basílicas, aumentado así a capacidade de acollida dos peregrinos no recinto aberto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]