Leiria
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Leiria | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Amor (pt) Arrabal (pt) Bajouca (pt) Bidoeira de Cima (pt) Caranguejeira (pt) Coimbrão (pt) Colmeias e Memória (pt) Leiria, Pousos, Barreira e Cortes (pt) Maceira (pt) Marrazes e Barosa (pt) Milagres (pt) Monte Real e Carvide (pt) Monte Redondo e Carreira (pt) Parceiros e Azoia (pt) Regueira de Pontes (pt) Santa Catarina da Serra e Chainça (pt) Santa Eufémia e Boa Vista (pt) Souto da Carpalhosa e Ortigosa (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 126.897 (2011) (224,73 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 564,66 km² | |||
Bañado por | Rio Lis (pt) | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1142 (Gregoriano) | |||
Día festivo | ||||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2400–2420 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 244 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-leiria.pt |
Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Rexión de Leiria, con aproximadamente 65 000 habitantes,[1] capital do concello e do distrito de Leiria.
Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.
É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 128.640 habitantes (INE, 2021), subdividido en 18 freguesías.
Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.
A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 2021 tiña 65.000 residentes, repartidos en sete freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira, Barrosa e cortes.
A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nuno Pires Soares (2021): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en portugués)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |