STS-9
STS-9 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-9. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 28 de novembro de 1983, 16:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 10,32 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no laboratorio Spacelab.[3][6] |
Regreso | 8 de decembro de 1983[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1983-116A |
STS-9 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 28 de novembro de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-9, con seis astronautas a bordo, foi lanzada co laboratorio europeo Spacelab por primeira vez na bodega de carga para facer experimentos en microgravedade. A tripulación estaba formada polo comandante John W. Young, o piloto Brewster H. Shaw, os especialistas de misión Owen K. Garriott e Robert A. R. Parker e os especialistas de carga Byron K. Lichtenberg e Ulf Merbold.[3][5][6][7]
Durante a misión o módulo Spacelab albergou experimentos sobre física atmosférica e observación da Terra, física de plasma, astronomía e física solar e ciencia de materiais e biolóxicas. Foi a primeira vez en que seis persoas viaxaron ao espazo no mesmo vehículo.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 8 de decembro de 1983. Durante a aterraxe dúas das tres unidades xeradoras de enerxía auxiliares prenderon lume.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 9" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note by the Secretariat" (PDF) (83-12439). 14 de maio de 1984: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 9/Spacelab 1" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-9 / Spacelab 1" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-9" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-9" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-9 |